O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, maio 28, 2011

EXTREMECEDORA ÚLTIMA HORA DO PLAY OFF >> A COROZA DA LNB XA AGARDA EN CONXO POLO GRAN CAMPI@N NACIONAL_011!!

O terrorífico previo marcado polo especial Play Off no Planeta Furancho , pola irrupción dun comando LNB para a apresentación no programa A Solaina da Galega da Gran Muiñada de Conxo e pol o extiazo sen precedentes nun Aberto en territorio virxe como é Cuntis acontecido iste sábado a tan só unha horas antes que aconteza un feito que nos marcará para sempre ...xa que por primeira vez na história dun deporte galego , unha auténtica Coroza Galaica vai sinalar ó campión nacional dunha displina , e isa disciplina non podía ser outra que a da Billarda. Depois de infinidade de labirintos unha espectacular Coroza procedente do Mesón A Gata Meiga de Poio vai siturarse sobre a cabeza e o corpo dun palanador ou palanadora identificándoo coma Campi@n Nacional Absoluto da LNB depois de venser na terra batida do Estornópolis de Conxo. A LNB vai comunicar dende a propia pista de Conxo e en tempo real mediante o o espazo Latri.ca da LNB os campións nacionais das 4 disciplinas, intensas conexións durante a mañán e a tarde que terán ó país puntualmente informado de como van as cousas. Ademais o mesmo domingo dende primeira hora poderás roubar no teu kioske preferido un exemplar do xornal Galicia Hoxe no que atoparas no suplemento Lecer a espectacular xoia creativa cartaz realizado polo referencial fotógramo indixenista Nachok para que poidas pegar nas paredes da túa gaiola. E non só iso , se non poideches estar na explosiva actuación de Ilegível + R.Otero no pasado All Stars de Cabanas , confírmase unha nova intervención sonora diste referencial combo de "música lexeira alebrestrada" para despois do xantar na explosiva sesión de micro aberto que ademáis da mítica intervención do Colectivo-folk de gaiteir@s e pandereteir@s LNB contará coa intervención de Ricardo Pérez i Verdes apresentando o ( Melga ) Museo de Xogos Tradicionais de Ponteceso e atención, a presenza de representantes dos acampad@s do Obradoiro que comuncarán á tribo LNB cales son as coordenadas do tsumani de indignación que percorre Galiza enteira, e como non ate ás 14 h. do domingo en formato papel para os acampad@s en Conxo poderán deixar as súas xestas literarias no Coroceiro Nacional Facts para optar ás impresionate espigas de Millo Corvo. Coa xestion impecábel dos irmáns da Asociación de Xogos Tradicionais de Conxo toda a tribo billardeira volta ó teatro dos soños do Estornópolis de Conxo , beizósn e sorte para tod@s......é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!

13 Comments:

Postar um comentário

<< Home