TODO PREPARADO...ATRÉVETE A CRUZAR A PORTA CARA A OUTRA DIMENSIÓN DO PLAY OFF NACIONAL CONXO_011!
Só podía ser o gran referente estético Nachok o que nos amosase a porta pola cal os palanadores e palanadores deberán atravesar de xeito imaxinario para loitar na area do teatro dos soños e pesadelos de Conxo sen dúbia como Nachok apunta é a a porta a outra dimensión. Quen non aprecie esta escena, é que descoñece totalmente o surrealismo arquitectónico galego. Puro exercicio de estilo nas imaxes e nos feitos que a serpe multicor realiza en cada un dos seus movimentos. Todo disposto pois para iste domingo invadir Conxo de emocións e penas coas que chantar un ano máis a nosas billardas cargadas de furia necesaria nos escombros de confusión dun país que se retorce de dor e carraxe. A pé de pista brilarán os ollos coma o sol da mañá nas fillas das gadañas ó chantarse no espectacular taboleiro de puntuacións que vai presidir a pista de xogo , unha novidade que aclarará en tempo real para xogadores e siareiros como vai o resultado antes de realizar cada golpexo...e como amantes confesos do surrealismo arquitéctónico , emocional e deportivo iste venres apartires dos 16 h. no programa A Solaina da Galega apresentarase publicamente o explosivo Play Off nacional de Billarda_011 nunha acción só comparábel a un dos referenciais estalos cinematográficos do grandes Monty Python ....a vida de Braian en version billardeira!!
3 Comments:
At 2:45 AM, Pinto. said…
Qué curioso que a maioria de gañadores das distintas probas das olimpiadas populares eran soci@s do faisca, pero competindo con outras equipas....
Estamos ante un novo caso de "FICHAXE A GOLPE DE TALONARIO"?
Pero nós conseguimos o noso obxetivo, seguir sendo o mellor centro social da cidade de Vigo.
Faísca vencerá.
At 10:40 AM, Anônimo said…
Correo pra xente que este clasificada pra conxo e non poida ir.
At 10:41 AM, Anônimo said…
lnbconxo2011@gmail.com
Postar um comentário
<< Home