O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 30, 2011

A CONFERENICIA CENTRO FAI PÚBLICA UNHA NOTA EXPLICANDO OS MOTIVOS DA SÚA MARCHA DA PISTA DE CONXO!!


Tan só unhas horas despois de deixar a maravillosa chuvia de estornelas de Conxo despois de proclamar a Iván de Bateas Coroceiro Nacional os irmáns da Conferencia Centro no seu web-oficial fan pública unha nota na que amosan as causas do abandono de pista durante a final nacional por equipas. Mais aló dos contido é de agradecer o seu tón amigábel e respetuoso para co resto de xente da LNB , e co regulamento a un lado, o que o quedou claro para tod@s sen exclusión ningunha ,veña de quen veña e do palanador ou palanadora da conferencia que sexa, é que non se tolerará en calquera intercambio de pareceres a falta de respeto a ningún compañeiro ou compañeira na pista esteña iste arbitrando ou participando do xogo. E moito máis aló das posibles polémicas entorno a medidas e calquera aspecto do xogo agradécense enormemente as formas e xestos dos que sen dúbida son unha das raices fundamentais dista poderosa árbore chamada LNB...estornela sempre, adiante co Varal!!

8 Comments:

  • At 5:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pois que se vaian da liga, que xogen na magdalena todas a semanas e que lles dean, en lugar de pedir uns palans e unhas bilhardas á xente collen a vanse, putos pailáns do carallo. Conferecia centro, fóra do Varal!

     
  • At 6:27 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que facil e insultar de anónimo co nome seguro que te cagas verdade valente? Xa se vai vendo que xente temos na LNB que solo se representa a el mesmo non a todos.Viva a tolerancia

     
  • At 6:38 PM, Anonymous marcos said…

    Todos somos necesarios na LNB, e a conferencia centro tamen, non poderia ser doutra maneira!
    Son da opinion que era mellor facelas cousas doutro xeito, pero falando se entende a xente, asi q, todo se amañara con ben!!!

     
  • At 10:23 PM, Blogger Daniel said…

    Persoalmente estou moi ledo de ter xogado (e conto con seguir xogando)ca xente do Centro. Sempre procuro cumprir as normas establecidas e estou aberto a cambios ou modificacións sempre que sexan consensuadas por eso non entendín ben que abandoasen o xogo o domingo mais eso non quita para que me opoña frontalmente a calquera tipo de insulto ou menosprecio e menos de alguén que se escuda nun anónimo para facelo.
    Os intolerantes son os que sobran na billarda. Sigamos disfrutando deste noso xogo e fagámolo grande entre todos! Forza e billarda!

     
  • At 7:04 AM, Anonymous Anônimo said…

    Se hai polémica é porque a bilharda está viva, así que parabéns a tod@s.
    Bilharda sempre!. Adiante co Varal!

     
  • At 10:56 AM, Anonymous saco ao corno said…

    concordo totalmente contigo, istas pequenas polémicas demostran o dinamismo e as gañas de tod@s por continuar a forxar un camiño nunca antes explorado e transitado no mundo deportivo e socio-cultural galego que represneta a LNB..., parabens tamén paa tod@s , billarda sempre, adiante co varal!!

     
  • At 4:09 PM, Blogger Lugosalvaxe said…

    Aínda que eu non estiven alí, se me tivera pasado iso, tería collido outro material e tería xogado.
    Como é a primeira liga na que "participo", non o podo asegurar ao 100%, pero non creo que haxa unha discriminación da conferencia centro, se ben é certo que cada un de nós ten un nivel diferente de implicación no xogo. Hai quen é máis competitivo e máis estricto e quen é máis relaxado e non cre na necesidade de normas para pasalo ben.
    Penso que hai que pórse dacordo nuns puntos comúns, que cada representante defenda a postura da súa conferencia nunha asemblea e que non se repitan estas situacións porque é unha mágoa.
    É normal que haxa polémicas, e é san discutilas, porque é entre todos que se vai construíndo este deporte.

    Ana

     
  • At 1:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    XOGOS TRADICIONAIS DE COMPOSTELA QUERE MOSTRAR A SUA SOLIDARIDADE COS EQUIPOS "FURABOLOS E TROULEIROS" E RECRIMINAR A ACTITUDE DICTATORIAL DOS EQUIPOS DA ZOA SUR, QUE POR INTERPRETAR A RAXA TABLA O REGULAMENTO, DEIXARONOS SEN PARTICIPAR NO PLAY-OFF NACIONAL DE BILARDA.
    TODA A LIGA SE XOGOU PERMITINDO DIFERENTES MEDIDAS DE BILARDA E PALANCA (QUE SEMPRE FORON AS MINIMAS) E POLO TANTO NO PLAY-OFF, DEBERIA ADVERTIRSE QUE PARA A PRÓXIMA TEMPADA APLICARIASE O REGULAMENTO, SEN TOMAR AS MEDIDAS NESTE ACONTECEMENTO.
    O XOGO DA BILARDA E PARA FACER AMIZADES E PARA QUE ISTO SUCEDA "FORA OS CACIQUES"


    ASOCIACIÓN XOGOS TRADICIONAIS DE COMPOSTELA

     

Postar um comentário

<< Home