O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 05, 2011

ISTE DOMINGO EN XIL REALÍZASE A BRUTAL TRANSFUSIÓN DE SANGUE E VIÑO NAS VEAS DA SERPE MULTICOR DA LNB!!


Non hai xa palabras para definilo senón furanchos pra desfrutalos, polo que ide preparando os makutos porque iste domingo a tribo toda atoparáse ás 12 h diante da mìtica Taberna da Cancela para con Abel e Paula ó frote encamiñarnos cara á grandísian aventura da xira polo furanchos , mi madriña a que nos ven enriba!!! o mes de maio é unha auténtica odisea billardeiroa que arrinca en Xil coa festa do Xerro e rematará en Conxo coa desputada do Play Off Nacional.


Atención pois , ducias de carros xunguidos dende o sul preparan a súa invasión furancheira en Xil mentras a Guagua da LNB quenta motores no norte para ás 8 h. arrincar de Ribadeo , Vilamar, Lourenzá, O Restaurante O Cruceiro do Pino e Compostela serán paradas para ás 12 h, arrivar na Taberna da Cancela de Xil , se queres subir aínda estás a tempo: ovaral@hotmail.com / 619.570976.


MANUEL ABUÍN , FACHENDA GALEGA EN XIL ESTRUCTURANDO O POSÍBEL PASAPORTE BILLARDEIRO CARA UDINE!!


E o que toda a tribo se vai atopar en Xil mellor non nomealo , loucura billardeiroa en grao supremo con Radio Cabalinho boureando a pé de pista facendo das súas , con Manuel Abuín paseando a súa Fachenda sonora Galega no post partido na festada do Xerero na Taberna da Cancela e incluso a posibilidade que que o Coroceiro Nacional faga a súa aparicion estalar entre furancho e furancho para mamarse co resto de palanadores e palanadoras . Papae , papae, soltóuseme a ghoma....se non ves é porque non tes nen viño nen sangue nas veas!!

1 Comments:

  • At 11:49 AM, Anonymous Anônimo said…

    Queremos o chiste dos gatos de flores! e que o can de Pinto faga algo tamén.

     

Postar um comentário

<< Home