O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 23, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> A XESTIÓN DA COMIDA : TUPER-XANTAR PARA A TRIBO E MILLO CORVO PARA O COROCEIRO NACIONAL!!


Son moitos os moventos vividos e compatidos entorno a ise suposto terceiro ou cuarto tempo no que se converte cada xantar billardeiro no que palanadores e palanadores se sentar e compaten entorno a un prato e a unhas cuncas de viño , Conxo sempre foi en esencia iso polo que un dos intres estrelas da Gran Muiñada sempre é indiscutibelemente ise de repoñer forzas no medio do combate sen tregua. Nista edición vaise experimentar por primeiro vez o concepto do "Tuper-Xantar" é dicer cada palanador coordiando por equipos ou franquicias levará a súa comida e bebida sempre vendo que sexa algo que poida ser facilmente combinabel con outros elementos que poidan levar o resto de palanadores . A xente de Conxo coordinada por Mario e Formoso xestionarán as mesas e bancos para que ao xantar sexa máis ameno aínda e no caso de superar as previsións non haberá ningun problema para okupar o campo de xogo ou os prados anexos ó estadio. E como é xa traqdición fgesta rachada á hora do café e chupiños polo que carga os teus instrumentos para participar da festa e da explosiva festa de entrega do Millo Corvo e Garrafa de Licor Café ó campión do concurso de microrrelatos Billardeiros entorno á figura do Coroceiro Nacional na que aínda podes deixar a túa necesaria xesta literaria para alimentar a poderosa mitoloxía diste alebrsstrado persoaxe galaico-billardeiro coma o propio Mc García de Dios Ke te Crew Fixo durante a festa de homenaxe a Lois Pereiro en Bretoña>> Haise que abrigar / baixo o coroceiro / pra ke o camiñar / sexa devanceiro / nunha cultura / forte coma o aceiro [ O Garcia MC* ]

14 Comments:

  • At 12:41 AM, Anonymous Anônimo said…

    Amador e Flores, parella letal.

     
  • At 11:00 AM, Anonymous Anônimo said…

    No sur eliminase a ultima xornada? como non aparece.

     
  • At 11:05 AM, Anonymous Anônimo said…

    Estaria ben poñer o sistema de xorteos de Conxo, as normas,horarios etc.

     
  • At 11:27 AM, Anonymous Anônimo said…

    Solo pensades en comer e beber

     
  • At 12:52 PM, Anonymous marcos said…

    os sistemas e demais foron mandados desde a norleste a todalas conferencias para a sua aprobacion.

     
  • At 1:34 PM, Anonymous Anônimo said…

    Taria ben que antes de partir cara a Conxo todos poideramos ver esas normas que mandastedes as conferencias,e tan sencillo como colgalas no varal

     
  • At 1:39 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xerman nos esquezas a que conferencia pertences

     
  • At 3:42 PM, Anonymous Luis said…

    Como vou por 3 conferencias, teño 3 vidas?

     
  • At 4:31 PM, Anonymous Anônimo said…

    as conferencias poden facerllelas chegar aos seus palanadores. pero si se ponen non varal tamen vale.

     
  • At 5:03 PM, Anonymous Anônimo said…

    Despois chanchullos coma sempre

     
  • At 5:43 PM, Anonymous Anônimo said…

    Dous anos seguidos gañando o mesmo, quen di chanchullo?

     
  • At 6:11 PM, Anonymous Anônimo said…

    As normas serán as que sexan, o problema e como aplica Otero esas normas

     
  • At 6:18 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pode ser que pola mañá sean unhas e despois do xantar sexan outras.

     
  • At 6:20 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero estará no pavillón do lado coas mangas atadas a espalda.

     

Postar um comentário

<< Home