O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 24, 2011

OLIMPIADAS E TXAMPIONS, O SET LNB DE CONXO SERÁ UN FERBEDOIRO DE ESTRATEXIAS PARA O MÁIS RABIOSO PRESENTE E FUTURO!!

Impresionante a mostra de compromiso pola organización da referencial I Olimpiada Popular Galega e do tod@s os atletas que ate alí se achegaron acompetir por unha causa xusta. A Billarda non podía faltar e estivo alí por partido dóbel coa desputa da proba olímpica e co Aberto da Repesca, dende a organización transmítenllle a toda a tribo LNB o seu inmeso agradecemento polo grande éxito acadado. Sen dúbida istas imaxes capuradas polos irmàns de GzContrainfo poñen a pel de galiña pola gran intensidade e agora mais que nunca fannos crer nas nosas posibilidades coma colectivo interrelecionado , para todos os que loitamos para que Play Off Nacional de Conxo saia adainte istas imaxes son coma un auténtico grolo de auga freca para o corredor de marathon desidratado.

E se ver ós alimpicos billardeiros arrimando o hombreiro para construír un muro de contención fronte ós escombros de confusión da podredume deportiva , atopar en primeira liña na fronte Belit a palanadores galegos énchenos o peito xa que o grande activista belit-LNB Ángelo Pineda coma palanador da Auténtica ó igual ca compañeiros seus da equipa Casus Belit Sants están na pomada absoluta para loitar entre os 6 finalistas polo título na 7º edición do Campinat del Mond de Bélit .

Podería ser nun futuro e a LNB está traballando xa nelo que a equipa campioa nacional galega puidera nunha hipotética "txampions" enfrontarse ó campión do mundo do universo Bélit que porque non poderían ser os galaico-cataláns de CASUS BELIT SANT , dende Conxo todo o noso apoio para eles e para toda a tribo Bélit coa cal de seguro moi pronto nos imos atopar. E como ven sendo natural e como se expuxo no gran estalo billardeiro dista martes no Planeta Furancho en Conxo xogaranse moitas máis partidas que cas das catro finais polo que se queres coñecer ou levar un Aberto á túa vila , aldea ou cidade no deixes de achegarte iste domingo ó Set LNB de Conxo ..entra e cuspe nas mans!!