O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 30, 2011

HORAS ANTES DE SELO O COROCEIRO NACIONAL ESTIVO NO ESPECTACULAR ABERTO DO FERVEDOIRO DE CUNTIS !!

A irrupción do Coroceiro Nacinal en Conxo tivo unha previa dun aberto auténtico luxo coa poderosa acción realiza en colaboración da LNB cos irmáns do Fervedoiro de Cuntis . Estreo nisas terras cun exitazo sen precedentes nun dos Abertos que son xa referencia absoluta para todo o que veña en diante , se nalgún tempo as billardas comezaron sendo o acompañamento perfecto para animar as tardes dos festivais do país , en Cuntis confirmouse o que o Coroceiro Nacional de sexa....as billardas xa están enriba do esceario cunha espectacular faixa que protexe ós irmáns de Morula, Comando Robalisa , Locust and Orchids, John deeres no esceario sendo o propioa Aberto de Billarda o apicentro catalizador da realización dun festival como aconteceu en Cuntis.

Impresionate as fotos do flick do Fervedoiro e o seu referencial crónico da histórica xornada que deixan pegada e serven de firme semente na fértel leira enzurrada da LNB para artellas moitas máis accións conxuntas co Fervedoiro e con toda a tribo do hemisferio Albariño que comeza a mover ficha , esqueletes e billardas para unirse á gran serpe multicor da LNB..e atención porque ademáis dos universo deportivo a LNB en Conxo premiou unha vez máis os estaloso literarios referidos ó Coroceiro Nacional, pegade os fuciños porque imos destapar para os que non estiveron en Conxo cales foron os microestalos elexidos para facerse coa parella de espigas de Millo Corvo, Billarda sempre! ... é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!