O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 09, 2011

XERRO DO SALNÉS......VIOLENTOS E APAIXOADOS ANOS ONCE!!


O retorno na guagua cara ó norte foi sintonizando coas poderosas coordenadas de accción consensuadas no teatro dos soños de Xil , o Xerro un ano máis consolídase cuma un punto de encontro brutal entre os dous hemisferios paso previo ó estourido de Conxo. E como non podía se doutro xeito a guagua da LNB sintonizou cos violentos anos dez que coaron expendorosos na presentación que Sak realizou depois no seu Radio Oceánica unhas poucas horas depois de compartir mantel e pista con toda o tribo na pista das Angustias de Xil .


A moi poucos km . de Xil Peter Hook e a súa banda estiveran recordando ós míticos Joy Division unhas horas antes no festival do norte en Vilargarcía e poucas horas depois chegaban os herdeiros galaicos da pegada transgresora de Ian Curtis dipostos a todo no seu periplo furancheiro que de novo deixou fondísima pegada en toda tribo.


Sen prisa mais sen pausa os palanadores foron chegando á pista da Angustias nunha tarde que amizaba chuvia e confirmou tempestade de pinchas a eito.

Coas olimpiadas populares á vista en Ribadavia a LNB alimenta a súa canteira consolidando a súa proposta entre os màis novos de Xil que ven na práctica da billarda unha alternativa xa máis que posíbel á alienación do resto das prácticas deportivas maioritarias asentadas na terras do Salnés,

Un ambiente de luxo presidíu ista nova edición do Xerro do Salnés , unha proposta que se consolida entre a populación da zona e que atrae á grandes estrelas nacionais que non queren por nada perderse ista cita que mistura o viño, a paixón e a billarda para lanzarnos de fucuños cara o infinito


Radio Cabalinho sintonizada a pé de pista quentou os áninmos dun público que quería e tivo espectáculo en tódas as formas e xeitos posíbeis , fóra e dentro da pista...


Viño , billarda e pelos no peito ...isa foi unhas das máximas que se varaxñeron e sempre se varallan nista cita , especial mención tempos que facer a todos ises palanadores e palandoras que non bebendo por motivos ideolóxicos ou físicos comaptiron igual a xeira de furanchos sabedores que moito màis aló de mera inxección de líquidos a teima é a de compartir e establecer coordenadas de acción presentas e futuras dunha serpe multicor en continua expansión e movimento.


Coma sempre non hai verbas suficientes no noso vocabulario para agradecer á xente de Xil enredada entorno á referencial Taberna da Cancela con Paula e Abel ó fronte que un ano máis souberon conducirnos polos vieiros da emoción compartida para á conquista da libertade que un día o irmán chiricahua Xerónimo soñou..


Unha victoria a de Xan Rodiño , de novo ensombrecida pola pantasma da non dopaxe niste aberto do Xerro no que a máxima un ano máis foi clara e evidente , os abertos como demostrou o mestre Ricardo Pérez i Verdes na súa espectacular entrevista no GH na que repasa e evolución da civilización billardeira dos petrogrifos á actual era dixital non se xogan só cando a billarda comeza a chimpar senón que se xogan dende que un se ergue ate que un se deita , oito días á semana...como cantaban os escarabellos de Liverpool!!!

21 Comments:

Postar um comentário

<< Home