IVÁN DOS BATEAS, PRIMEIRO CAMPIÓN NACIONAL DA LNB COROADO COROCEIRO NACIONAL NA PISTA!!
ISTA HISTÓRICA IMAXE DO XOVENCÍSIMO IVÁN DOS BATEAS COROADO COMA COROCEIRO NACIONAL DESPOIS DE VENCER NA ESPECTACULAR FINAL ABSOLUTA Ó PODEROSÍSIMO MAKITOS DE BM, DEFENSOR ADEMÁIS DO TÍTULO NACIONAL NISTA NOVA EDICIÓN DA GRAN MUIÑADA DE CONXO, MARCA O CULMEN ABSOLUTO DUNHA MAGNÍCIA OBRA DE ARTE ETNOLÓXICO-BILLARDEIRA QUE A LNB INICOU FAI MOITOS ANOS Ó CARÓN DAS BESTAS BRAVAS DOS MONTES DE BRETOÑA. ISTO CONSTATA ADEMÁIS QUE TOD@S SOMOS NECESARIOS PARA BAIXO A INMENSA COROZA QUE AGORA NOS CUBRE CONTINUAR CONSTRUÍNDO E AUTOXESTIONANDO UN INMENSO UNIVERSO DE XESTAS ALEBRESTADAS. ATENT@S PORQUE DURANTE TODA A SEMANA E NO SUCESIVO EN TODOS OS ESPAZOS WEBS DA LNB SE IRÁN ANALIZANDO A AMOSANDO AS TÁBOAS DE RESULTADOS DO MÁIS MULTITUDINARIO E MOVIDO TSUNAMI BILLARDEIRO QUE AZOUTOU CONXO>> campoia nacional feminina , Reyes dos Outros, Bateas campións nacionais por equipas, Daniel de Billardeiros Musicais campión nacional de Varados e o xoven Iván dos Bateas palanador de 14 anos procámase campión Nacional Absoluto e primeiro Coroceiro Nacional coroado en pista...Billarda sempre, adiante co Varal!!
21 Comments:
At 9:16 AM, Anônimo said…
Gañou bateas, perdeu a billarda
At 10:15 AM, Anônimo said…
Otero vai coñecer o país, agora se quere ir de Mos a Coruña ten facer: Mos-Ourense-Lugo-A Coruña, xa que pola Comarca de Compostela non pode pasar
At 11:21 AM, X.Miguel said…
O titular é que a eterna promesa Eric “O Guti da billarda” volveu fracasar un ano mais.
At 11:45 AM, Anônimo said…
Os Bateas gañaron, pero con gran polémica, que para nada quedou resolta
At 12:46 PM, Anônimo said…
Creo que ó principio hai que sentar as normas e todos deberían pasar a medir os seus paláns non só os do Centro, iso inclúe a todos os membros de todas as conferencias.Para iso había que pór unha hora decente ás 10:00. As reclamacións teñen que necesariamente facerse antes da competición e non no terreo de xogo e este ano diante dos delegados, xa que son eles os que toman as decisións, despois disto as reclamacións do terreo de xogo non deberían valer para nada, porque ó final todos imos a pasalo ben ou debería de ser así.
Propoño unha asemblea de todas as conferencias para dunha vez por todas sentar as bases da billarda para evitar futuros conflictos.
At 2:03 PM, Daniel said…
Estou de acordo co anónimo anterior, o comezo decidiuse xogar con material reglamentario como xa estaba adiantado nos distintos blogues e moito material pasou pola mesa para ser medido(non todo, porque a xente non foi moi puntual. Protestar por esto non ten lóxica. Outros aspectos (como + ou - xogadores por equipo) si que os habería que coidar e decidir de antemán. Súmome a idea de unha asamblea. Si fora posible unha xuntanza de todos os representantes o día anterior a Conxo xa con todos os participantes, poderian facerse os cadros e ter todo listo para comenzar a tempo e sin erros e malosentendidos. Saúdos
At 2:04 PM, Indignados said…
Onte fumos a presentar os 8 puntos que acordou a asamblea, pero visto o visto igual vai Rubén Otero e cambia os 8 puntos.
At 2:41 PM, Lugosalvaxe said…
Eu estou moi de acordo co de facer asemblea, habería que pensar ben cómo facelo porque somos moitos.
Ana
At 3:24 PM, Anônimo said…
Eu quero pedir perdón polo meu comportamento durante o día de onte. Igual fun demasiado competitivo.
Levaba esperando ese dia moitos meses, 10. Invertín moito tempo neste proxecto e non quería que nada o estragara. A maioría da xente di que está na billarda para pasalo ben e xogar. Eu supoño que tamén, mais sei tamén que para xogar mais tempo hai que pasar eliminatorias.
Tamén tirei o palán varias veces na fase de grupos (con mais violencia que do normal). Tanto se non lle daba á billarda como se entraba no varal.
At 4:10 PM, Cristian said…
Os irmáns De Boer da bilharda demostraron o seu gran dominio na bilharda actual sendo un o mellor da competición por equipos facendo pleno,(creo que igual que Markytos), e o outro gañando en Conxo con só 14 anos, Bilharda Sempre, Adiante co Varal!
At 4:36 PM, marcos said…
O tema da asamblea taria moi ben. Pero, como en todolos deportes, teria q ser cunha representación de cada conferencia.
E cuestion de acordar un dia, reunirse, chegar a uns acordos e punto!e deixarse de bobadas.
At 11:23 PM, luis camiña said…
Parabén Iván.
A final do aberto de Cuntís estimulouche.
Foi para que reventaras en Conxo.
De acordo coa asamblea, deberíanse analizar todos os casos que foron polémicos nas diferentes conferencias e tomar acordos para unificar criterios, e deixar unhas bases que sirvan para todas as conferencias.
At 3:28 PM, MARKYTOS said…
referente o comentario de pateironomade: si o de sempre.... aquí en ribadeo tamén pasa algo parecido: primeiro cortan 36 farolas e un pasamáns dun paseo precioso que vai ata illa pancha e o día seguinte quen o fillo pois foi pedir perdón. o carallo!!, calquer día empezamos a celebrar as victorias ou derrotas a ostias cos paláns e despois, pos pídoche perdón. xenial, todo arreglado. Na conferencia norleste xa se che avisou varias veces, e vexo que por galicia adelante tamén. hai que ir comportándose que xa non somos pícaros, e máis que nada polo demais non so por ti.
At 4:03 PM, Anônimo said…
Non fun o único que tirou o palán este ano (de feito na vosa, ainda que dis que se me chamou a atención, debino tirar como moito unha vez). Na vosa conferencia xa vin cousas iguais ou peores e ninguén chamou a atención a esas persoas. Eu pedín desculpas, se iso non serve, pois terei que ir de volta para o zulo......
At 9:57 PM, MARKYTOS said…
eu creo recordar que fun a tódalas xornadas e nun vin comportamento ou actitude fora de lugar de ningún palanador, se non chamariaselle a atención, de todas formas,pois non era mala a idea de volver o zulo. ala fenómeno, xa nos veremos e xogaremos esa partida pendente. Pero lembra que aquí hai que xogar con o palán amarrado eh! jajaja.
At 10:31 PM, Cristian said…
Penso que eu non son o mais indicado para falar sobre o de tirar o palan, cando este ano xa perdin a conta dos palans que escachei durante a liga, mais, creo que se pode entender que se alguen é competitivo e normal que se enfade se falla, a min tamen me pareceu mal o de celebrar algo tirando o palan ao quinto carallo, o da carreira esa que falta penso que ese é o problema de levar 5 e non 6 xogadores, que pode levar a confusión da organización, ke pola miña pàrte penso ke ninguen que vaia a xogar debe organizar nada, mais que nada para evitar as suspicacias.
At 11:19 PM, MARKYTOS said…
o único pero que lle vexo a iso, se non me equivoco e que os bateas tamen eran 5, máis non lles faltou carreira algunha. Eu tamén me considero competitivo e cando me enfado golpexo o chan co meu palán ou me dou con el na cabeza pero procuro non soltalo. eu tamén estou dacordo contigo sobre o da organización.
At 2:07 AM, Luís said…
Bateas presentamos 6 palanadores e xogaron todos 3 carreiras (e houbo un momento no que pensei que eu non tiña opción a xogar unha terceira).
Se revisas os videos da conferencia norleste levarás algunha sorpresa no referente a comportamentos violentos.
Vémonos no aberto de Flores. apertas!!
At 9:16 AM, Anônimo said…
Bateas, vos que facíades na vosa vida antes de coñecer a billarda?
At 11:01 AM, Luís said…
Eu pintaba cuadros nun zulo e deixei de ser pintor para ser palanador. O resto xa a coñecían desde moi novos.
At 11:53 AM, Unknown said…
15711meiqing
fendi
yoga pants
abercrombie
louboutin
christian louboutin
adidas running shoes
abercrombie
jordan 8 playoffs
true religion
tory burch outlet
polo ralph lauren
jordan 11 concord
nhl jerseys
ray ban wayfarer
abercrombie
nike air max uk
louis vuitton
fake oakleys
louboutin femme
christian louboutin shoes
coach factory outlet
hollister clothing
louboutin pas cher
gucci
cheap beats by dre
toms promo code
copy watches
abercrombie & fitch
football shoes
christian louboutin outlet
kobe bryant shoes
true religion outlet
true religion sale
hollister clothing store
timberland boots
coach factory outlet online
air jordan retro
hollister kids
lululemon
michael kors handbags
Postar um comentário
<< Home