O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 03, 2011

"COROCEIRO NACIONAL FACTS", LATRI.CA HABILITA O ESPAZO PARA A EXPLOSIVA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS BILLARDEIROS!!

Nova noite histórica para a literatura e a cultura galega xa que dende xa botou a andar a nova e explosiva edición do xa mítico concurso de microrrelatos billardeiros coordinados polos referenciais irmáns de latri.ca, o espazo twitter en galego de novo únense á serpe multicor para unir a súa forza viral para estourar no Play Off Nacional de Conxo do vindeiro 29 de Maio. Dende fai unha semanas Latri.ca foi sentindo un goteo constante e imparábel de palanadores e palanadoras que van facendo a súa conta para entrar no concurso ademàis de coñecer o que se coce nista referencial rede social galega. Non perdas màis tempo e fai a túa conta latri.ca para participar no explosivo concurso de microrrelatos que ista edición teñen formato Fact , ou dirixidos á figura do Coroceiro Nacional , o ser mitolóxico referente da LNB no que se transformará o campión absoluto nacional ó por a Coroza da LNB coma acto culmen da Gran Muiñada de Conxo . Rachando moldes tamén niso a LNB dá un paso màis adiate e xa ten perfilada unha espectacular Coroza de Xestas autoproducida coa que rematar coa tonteiría que arrodea tamén ise mundo dos traficantes de patrimonio , a LNB polas Corozas do século 21 e para ser utilizadas na Galiza do século 21!! . Cada estalo que ti deixes Latri.ca-Billardeiro é unha xesta coa que o Coroceiro Nacional vai tecer a súa poderosa história , non esperes máis sumérxete xa no extraordinario universo do Coroceiro Nacional Facts , o concurso de micro-relatos billardeiros referidos ó Coroceiro Nacional en galego ( en todas as súas normativas ) e en idiomas de paises sen estado, cunha emoción infinda destapamos a primeira xoia brutal guindada no espazo Latri.ca do Coroceiro Nacional Facts>> Manuel: O pode tragar o cubo de Rubik e vomitalo resolto

19 Comments:

Postar um comentário

<< Home