ZENZAR EN LUGO , FESTA ANTI-XACOBEA NA CORUÑA ...VAIAS A DONDE VAIAS : PREGAMOS PRECAUCIÓN NA ESTRADA!!

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Cos beizos e os dentes aínda tinguidos de violeta saímos ó ar para anunciar o que moitos se temían....Xan Rodiño o escritor e palanador de Xogos Tradicionais e da A Faisca fíxose co tan desexado Xerro do Salnés nunha gran final contra Rubén, o palanador dos Trouleiros da Conferencia Centro certificando así a progresión brutal dista conferencia que situou na finalísma do xerro a dous dos seus palanadores. Posibelmente a gran presión coa que xogou Eric, que viña disposto a defender o xerro con uñas e dentes na Pista das Angustias , foi unha das causas que non lle deixou despregar na súa totalidade e plenitude o seu temido xogo ó palanador dos Outros. Pese a todo Eric chegou ate as últimas ramplas da ascensión e xunto con Isa dos Outros foron as grandes referencias do Norte na pista das Angustias. Máis temos que dicer que a istas horas a LNB aínda non recibíu a suposta receita de cerficiación pola cal Xan Rodiño xogou sen a inxestión de taza de viño nengunha, unha cuestión que en caso de que algún palanador ou palanadora execute a impugnación pertinente podería apartar o xerro das zoupas do temíbel lobo de Portonovo. Mención moi especial á espectacular xira de Furanchos dirixida polos indíxenas de Xil e atención porque agaradamos en breves instantes poder ofrecer uns estalos da impactante actuación de Fachenda Galega despois do partido na Taberna da Cancela que se prolongou ate altas horas da madrugada coa figura de Xan Rodiño danzando en tódolos estribillos manipulados para a ocasión....o coctel molotov de furanchos+billarda estourou no Xerro e estourou ben, atentos porque as pantallas van tinguirse de tinto!
Telexornal. Informativo territorial de Galicia. (22/04/10).


De xeito totalmete oculto para evitar unha desfeita que podería ser mortal , a tribo da Conferencia Sur no espectacular marco da festa do Arde o Pazo artellaron mediante sms e por avisos ás agachadas un improvidado Aberto do Lume que rachou con todos os records ate o de agora establecidos na LNB. 180 ialmas embravecidas pola billarda acenderon o lume que máis tarde prendeu no Pazo de Mós e cuxa chamarada xa naide poderá apagar xamais. É mais se acendido xa estiveche onte á noite co explosivo concerto que Malandrómeda ceibou no Planeta Furancho acendidos moitos palanadores e palanadoras continuaron o sábado no recinto de feiras de Pontevedra no festival na defensa da lingua donde os cidadáns da República Billarda Ruxe Ruxe estiveron a primeira hora e que remataron en Mos na festa con olor a chamusco e billarda do Arde o Pazo.




