O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 17, 2010

ARDEU O PAZO E OS CHANTOS DO ANTERIOR RECORD DE ASISTENCIA A UN ABERTO LNB!!

De xeito totalmete oculto para evitar unha desfeita que podería ser mortal , a tribo da Conferencia Sur no espectacular marco da festa do Arde o Pazo artellaron mediante sms e por avisos ás agachadas un improvidado Aberto do Lume que rachou con todos os records ate o de agora establecidos na LNB. 180 ialmas embravecidas pola billarda acenderon o lume que máis tarde prendeu no Pazo de Mós e cuxa chamarada xa naide poderá apagar xamais. É mais se acendido xa estiveche onte á noite co explosivo concerto que Malandrómeda ceibou no Planeta Furancho acendidos moitos palanadores e palanadoras continuaron o sábado no recinto de feiras de Pontevedra no festival na defensa da lingua donde os cidadáns da República Billarda Ruxe Ruxe estiveron a primeira hora e que remataron en Mos na festa con olor a chamusco e billarda do Arde o Pazo.


HABERÁ XINETES NA TORMENTA Á PORTA DOS FURANCHOS NO XERRO_10??


Un lume que acendeu un facho que continuarçá ardendo ate que iste vinderio domingo 25 toda a tribo LNB desembarque na Parroquia de Xil para de desputa do Xerro do Salnés. Unha loita que será precedida dunha explosiva xira de furanchos polo que ide consultando cos coordinadores de conferencia para organizar as idas pero sobre todo para organizas as voltas. E moita atención porque se especula coa posibilidade que entre as espectaculares visións que o viño dos furanchos nos produza na vista é moi posibel que unha sexa a de varios palanadores e palanadoras montados nos cabaliños de pau que de xeito inaudito popularizaron entre a tribo LNB a maxistral curta Salvaterra-Marín....Xerro do Salnés un reality que vai rachar moldes!!