![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiDV2Kt2l5b6_0WeDpkphojZYImxnpJeGUF0muu-0aSvvZO39LL7bc3hy5_6ErdP-0vQLXh4kz71rRPNYDJEZHdAQIvnol85T6bkclmfiNE70fyWaZIqfhID95iAEEhUR4jXUZJ/s400/o+lobo.jpg)
Cos beizos e os dentes aínda tinguidos de violeta saímos ó ar para anunciar o que moitos se temían....
Xan Rodiño o escritor e palanador de Xogos Tradicionais e da A Faisca fíxose co tan desexado
Xerro do Salnés nunha gran final contra Rubén, o palanador dos Trouleiros da Conferencia Centro certificando así a progresión brutal dista conferencia que situou na finalísma do xerro a dous dos seus palanadores. Posibelmente a gran presión coa que xogou Eric, que viña disposto a defender o xerro con uñas e dentes na Pista das Angustias , foi unha das causas que non lle deixou despregar na súa totalidade e plenitude o seu temido xogo ó palanador dos Outros. Pese a todo Eric chegou ate as últimas ramplas da ascensión e xunto con Isa dos Outros foron as grandes referencias do Norte na pista das Angustias. Máis temos que dicer que a istas horas
a LNB aínda non recibíu a suposta receita de cerficiación pola cal Xan Rodiño xogou sen a inxestión de taza de viño nengunha, unha cuestión que en caso de que algún palanador ou palanadora execute a impugnación pertinente podería apartar o xerro das zoupas do temíbel lobo de Portonovo. Mención moi especial á espectacular xira de Furanchos dirixida polos indíxenas de Xil e atención porque agaradamos en breves instantes poder ofrecer uns estalos da impactante actuación de Fachenda Galega despois do partido na Taberna da Cancela que se prolongou ate altas horas da madrugada coa figura de Xan Rodiño danzando en tódolos estribillos manipulados para a ocasión....
o coctel molotov de furanchos+billarda estourou no Xerro e estourou ben, atentos porque as pantallas van tinguirse de tinto!
7 Comments:
At 2:40 PM,
O salzerdo máximo. said…
Non somos de monforte, que somos de SALZERDA.
At 2:50 PM,
Pinto said…
Enton a Faisca pode afirmar que gañou o xerro do Salnés?
At 3:18 PM,
xan alaska rodiño said…
La gente me señala
me apuntan con el dedo
susurra a mis espaldas
y a mi me importa un bledo.
que mas me da
si soy distinto a ellos
no soy de nadie,
no tengo dueño.
Yo se que me critican
me consta que me odian
la envidia les corroe
mi vida les agobia.
Porque sera?
yo no tengo la culpa
mi circunstancia les insulta.
Mi destino es el que yo decido
el que yo elijo para mi
A quien le importa lo que yo haga?
a quien le importa lo que yo diga?
yo soy asi (vexeta, ciclista , escritor e abstemio), y asi seguire, nunca cambiare.
At 5:05 PM,
A TABERNA DE CANCELA said…
Foi unha mágoa k o bus tivese que marchar cara as terras do norte, podovos asegurar que houbo festa ata unha da mañá. músicas de todolos tempos ( guitarras, armónica,coros,.....) En fin, o vindeiro ano a ver si somos capaces de repetilo. Pero os que veñades no bus alugadeo por dia e medio.... Apertas e grazas a todos por vir.
At 8:44 AM,
Rubén Otero. said…
Ei tios, que pasou o domingo?
Esperteime na cama cunha señora maior de Xil, que me decía que o de onte fora maravilloso e que levaba moito tempo gardando a súa flor para min.
E según me di o meu amigo GIL, que non se lembra de nada, que ten 3 docenas de ovos inseminados por él.
At 8:01 AM,
raybanoutlet001 said…
cheap nfl jerseys
jordan shoes
michael kors handbags
nike outlet
christian louboutin shoes
fitflops sale
ray ban sunglasses outlet
coach outlet
nike outlet
nike air force 1
At 4:36 AM,
Unknown said…
qzz0517
ugg outlet
michael kors outlet
cavaliers jerseys
air max 90
cleveland cavaliers jersey
ray ban sunglasses
air jordan 12
burberry outlet
longchamp pliage
ugg outlet
Postar um comentário
<< Home