O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 30, 2010

ZENZAR EN LUGO , FESTA ANTI-XACOBEA NA CORUÑA ...VAIAS A DONDE VAIAS : PREGAMOS PRECAUCIÓN NA ESTRADA!!


Recuperándonos aínda da tremenda resaca que nos deixou o Xerro do Salnés a LNb afronta unha find de calma tensa para afrontar o trepidante treito final de competición en tódolos frontes incluido o da recén creada Conferncia-USC e o xemolo da Conferencia-OUrense que o 22 de maio cun explosivo Aberto da Repesca na cidade das Burgas con posibilidade de participación de palanadores e palanadoras de todo o país que quedarón fóra en cadansúa competición regular xa que os dous primeiros clasificados do Aberto recibirán pasaporte da Conf-OUrense para participar o 30 de Maio no Play Off Nacional de Conxo. Sexa como sexa disparamos un par de posibilidade para afrontar desafoganos antes da batalla:
-Iste venres 30 pola noite no Calvi de Lugo actúa a mítica banda de rock de Cerceda , Zenzar fará tremer as murallas cando ademáis do seu clasico repertorio ataque a canción adicada á revolución LNB con letra palanador e gurú do blogomillo galaico Toño Randeeira. Se estás no público e vives en directo ista bomba de reloxeiría faite notar!!
- E mentras non se aclara isa idea da ruta anti-xacobea realizando o camiño de santiado golpexando unha billarda ata darlle con ela nos fuciños ó apóstolo , a LNB ten que apoiar a de seguro explosiva festa que se vai celebrar iste sábado 1 de Maio nos territorios da Conferenica NorOeste xa que no pub A Nena Pepita a partires das 22 h se celebrará a GRAN FESTA ANTIXACOBEA DA CORUÑA : Festa presentación da campaña antixacobea da Rede Feminista Galega: "A igrexa contra as mulleres, as mulleres contra a igrexa"Ademais festexamos a clausura da do 2º encontro Xeneratech- Haberá varietés, licorka, VJvideocreacións e un sorteo de Kit Activista entre outras sorpresas.....
Mais queremos facer unha moi seria abvertancia a toda a tribo LNB para que se dirixa a donde se dirixa en carro, moto ou calquer vehículo pola estrada estreme as precaucións xa que son demasiados os que de xeito tráxico están deixar a vida no asfalto e dende O Varal e a LNB queremos facernos eco do comentario aparecido no web da conf. sur co cal coma tonio enviamos todo o noso apoio ós irmáns de 13-14 >> tonio (10:29:22) : Dende aquí quero facer chegar o meu mais sentido pésame e o maior dos ánimos e apertas os compañeiros do 13-14 pola perda de un compañeiro en un terrible accidente de tráfico acontecido onte ó medio dia en Budiño.Ánimo rapaces, estamos convosco!