O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 19, 2010

A PALESTRA-LNB NO LICEO DE BECERREÁ CONFIRMA O GRAN ANDACIO BILLARDEIRO NAS AULAS DO PAÍS ENTEIRO!!


Rachando con todo tipo de chantos que historicamente afastaban a revolución billardeira das universidades e liceos galegos , ista semana a LNB arrinca de vez os aramios de espiños das aulas e introdúcese de pleno no dario descurrir da vida académica do país. Se xa viñamos anunciándo que iste mércores 21 de abril ás 14:30 h. no campo de futbol de terra do campus sur en Compstela arrincaba a tan desexada actividade na división universitaria da LNB que o seguinte día xoves 22 terá a súa continuación no campus de Lugo, tanto universitarios coma non tendes unha cita nista primeira acción da Conferencia-USC que ista semana bota andar , liña directa para inscripcións e información contactar urxentemento co referencial escritor e palandor galaico chamado Xan Rodiño : xarodino@terra.es / 659.553543 . Mais despois da eliminación das galescolas e refregar as mans ante calquer tipo de intoxicación indíxena na edución das crianças galaicas , iste mesmo xoves 22 a moi poucos Km da acción da Conferencia-USC no campus universitario Lugués, no instituto de Becerrea producirase un feito de moi posíbel transcendencia histórica xa que a LNB va por en marcha a primeira PALESTRA-LNB nun instituto do país, un perigosísimo precedente se ademáis anunciamos que despois da palestra se vai realizar nas instalación deportivas do propio liceo un espectacular Abertinho entre os rapaces e rapazas asistentes ó acto. Especial mención ó paso ó fronte dado pola equipo de mestres de filosofía que desafiando as amiazas dos seus compañeiros de educación física atrévense co compañeiro Xulio ó fronte abrirlle a porta á gran serpe multicor da LNB. A cita no salón de actos do instituto de Becerreá ás 15 h diste xoves 22, se estás por preto acode ós epicentros dos terremotos billardeiros que van facer tremer o antinatural sistema educativo galego!!