O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 22, 2010

XA ESTÁN AQUÍ: OS PRATIÑOS VOANTES DA LNB ATERRAN ISTE XOVES EN LUGO E BECERREÁ!!


Despois do exitazo colleitado en Compostela con máis de 20 astronautas pisando a terra luar do campo de futbol no campus Sur no arranque da acción na Conferencia-USC da LNB que corou a Xan Rodiño coma primeiro campión dun Aberto-USC , os alieníxenas billardeiros collen o palán e o platiño voanate e diríxense hoxe xoves cara Lugo para apartires das 16:30 h realizar o aberto universitario pertencente ó campus lugués ( contacto: 659.553543 ) un pouco despois de que no Instituto de Becerreá déa comezo a Palestra Billardeira coma previo de luxo ó aberto que se celebrará nas propias instalacións deportivas do Liceo co que a LNB quere homenaxear os históricos avistamenos de ovnis producidos en Becerreá no 1969....Becerreá epicentro dos tremores de terra e da conexión alieníxeno-galaico-billardeira!! ( contacto coa colonia extraterrestre de becerreá: 690.254881)
E coa inexplicábel pantasma do boikote da televisión pública Galega ás accións e movimentos da gran serpe multicor, será iste medio día cando sintonizando o telexornal dunha canle europea con delegación na galiza poderedes ollar os xostregazos históricos cun espectacular documental da invasión billardeira na universidade galega.....co palán , touciño e pan e esiximos a cátedra de billarda xa!!