O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 27, 2010

SUBE Á MALETA E OLLA A TREPIDANTE AVENTURA DO XERRO DO SALNÉS_10!!


Xa podes ver e case que ulir todo o acontecido na explosiva nova edición do Xerro do Salnés que vimos de desfrutar, unha competición que racha moldes pola perogisísima combinación de elementos e que coma fai Pinto só pode ser comparábel a unha viaxe alucinóxena na maleta dunha carro que te transporte nisa fronteira de real e imaxinario que cada edición do xerro nos invade a tod@s.... todo o album ó competo diste Xerro do Salnés_10 á túa disposición do Foto-Varal2 , acomódate que patirmos:

A tribo do Sur chegaba nista edición disposta a arrebatar como fora o Xerro das Terras do Norte...
Ós palanadores e palanadoras das franquicias do Sur uníanse coma nas anteriores edicións do Xerro os palanadores indíxenas de Xil capitaneados por isa estrela absoluta do noso deporte que leva o nome de Camiña, Taberna da Cancela franquicia LNB xa!!

Nota importante: se alguén apou uns panatalóns e uns calzoncillos usados en Xil que se dirixan á páxina web da Faisca.

Cos pantalóns pero sen o sentido que imprime a presenza de Moisés dos Culombios a cada retransmisión ao vivo da LNB , arrincaba Radio-Cabalinho cun set totalmente embeleado pola emoción e o viño que facía máis que retransmitir o tempo e resultado retransmitir unha sucesión de visión alucinóxenas sobre o que acontecía na pista e redores, nista representativa instantanea podemos ver a Rubén Otero saudando cara ó sol e referencialmante a Franco, o gran palanador do NorLeste recibíu multitude de alabanzas sobre todo dos Faisca que estudan facelo presidente do honra , sempre e cando aparezan os panatalóns de Viana claro.


Pero se Radio Cabalinho rachou co silenzo na tranquila vila de Xil durante o serán o realizado polos irmáns de Fachenda Galega na noite ate altas horas da madrugada foi de alucine, avisamos que hai ducumentos audiovisuais e estamos traballando para poder ofrecervos isas xoias de valor incalculábel , de momento queremos alertamos que Fachenda Galega van participar no apologhit diste verán que realiza en VIEIROS donde podedes ir preparando xa os vosos votos porque Fachenda Galega prpara un xostregazo sonoro contra o decreto que amiza con deixar mudos ós que o promulgaron.

Nista ocasión no tivemos Quinibillarda mais despois do xantar durante a cata de chupiños de Licor Café o palanador do Norleste Flores mirou na máquina do Restaurante O Noso Bar un boleto da primitiva tocándolle case 100 euros, de seguro que algo tivo que ver algunha das xestión que dende arriba realizou o seu amigo Samaranch.


E atención porque se Franco se acerca á Faisca, non menos intensidade amosou Suso dos Remourelle Bulls , moitos lacóns van ter que por as franquicias do NorLeste para frear ista posíbel fuga de estrelas cara ó sur galaico.

Impresionate o ambiente de irmandade na Guagua do Norte da LNB dende Ribadeo a Xil a tripulación foi recollendo unidades no Pino e Compostela para artellar unha poderosa fronte.


E co Norte viaxaba o Xerro!!


E co norte e co xerro viaxou cara a xira de Furanchos toda a delgación do sur convertindo a guagua nunha lata de sardiñas donde o roce fixo que xurdira de xeito expontaneo unha versión do mítico tema de Rafaela : si quieres hacer bien el amor hay que vir al sur!!

Despois de varias edicións no dique seco , a apertura do mítico furancho ó carón da Taberna da Cancela fixo pensar naquela primeira e mítica primeira invasión billardeira de Xil

E cuns furanchos ás costas arirrincaba xa a gran esmorga-billardeira!!


Furanchos + billarda, o perigoso coctel molotov comezába a remexerse!!

Abel da Taberna da Cancela xunto con tod@s os seus compañeiros de Xil foron os resposábeis máximos do inicio do gran proxesto expansivo no que hoxe está inmersa toda a sepre multicor da LNB, baixo a sobra dos furanchos houbo verbas de emocionados recordos de anteriores expedición do Norte da LNB , palanadores que estiveron e que por diferente motivos non están pero agardamos que pronto se reincorporen á gran serpe multicor.

Eric, o xoven palanador dos Outros tivo que soportar a gran presión da defensa do xerro , xunto coa delegación do NorLeste preparaban estratéxias a pé de pista.

O sur tamén fruncío o queixo ante o xogo das súas estrelas..


Sak vivíu con intensidade brutal a súa inmersión total en Radio-Cabalinho e debeu ser nise cabalinho de carton pedra no que se montou cara os estudos da Radio Galega Música porque ás 22 h dise mesmo domingo saía puntual e en vivo unha nova edición de Radio Oceánica da que Sak é o conductor e que pese á bacina furancheira logrou sacar adiante unha espectacular entrevista coa xove promesa do rock- vigués chamado Munich , impresionante ademáis o saudo de Sak ó inico do programa co que deixou claro que aínda que fisicamente estaba en san marcos o seu corazón estaba ó carón da crin de radio cabalinho.


Non só billarda tivemos na xornada, nun dos furanchos atopamos cun siareiro do Obradoiro de Basket que a isa mesma hora certificaba case o seu descenso matemático, con Suso á fronte toda a tribo berrou a unha: Masei , Curro e compañía a unha OBRA gañar o pan!!


Canto de Xan e canto de Castelao hai en cada golpexo de Rodiño?


Siareir@s Galeg@s prepara unha xornada en Cuntis con Aberto de Billarda incluido , en Xil hai canteira!!


Estamos no xerro pero hai que reflexionar.....sen nervios!!


Camiña dirixíu a espectacular entrega de premos con agasallo para os semi-finalistas


Placa para Rubén dos Trouleiros da Conferencia Centro coma finalista...

E o Xerro para o gran Xan Rodiño , del dependerá ademáis aclarar de que parte do hemisferio se sinte xa que un home das súas características podemos afirmar que ten máis ramificacións ca un carballo...Noraboa a tod@s porque un ano máis o Xerro é a victoria da constancia!!