O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 14, 2010

DOMINGO 25 DE ABRIL, APÚNTATE Á REVOLUÇAO DO XERRO DO SALNÉS!!


Atención porque simultanea á celebración da Revoluçao dos Cravos en Portugal a LNB celebra iste 25 de abril outro gran estalo revolucinario que leva o nome de Xerro do Salnés. Ide preparando as goxas , os paláns , as billarda porque os furanchos e a pista das Angustias en Xil agardan a brutal invasión de toda a tribo LNB. Ide confirmando asistencia ós respectivos coordinadores de conferencia coma sempre para realizar unha boa xestión do xantar e da viaxe programada dende o Norleste, arrincamos:

-GUAGUA >>RIBADEO-MEAÑO (Xil): ás 8 da mañá do domingo 25 partirá dende a estación de buses de Ribadeo a Guagua da LNB con 24 prazas. Prezo do billete: 10 euros por pasaxeiro. Como é lóxico en caso de superar o número de pasaxeiros terán prioridade a xente que se incriba antes da viaxe , por elo reserva a túa pasaxe: ovaral@hotmail.com / 619.570976

*PARADAS DA GUAGUA:

Ista guagua fará parada no Resturante O Cruceiro do Pino con posibilidade de recoller palanadores ou palanadores da conferencia centro que desexen asistir á gran festa do xerro do salnés>> reservas de pasaxe: ovaral@hotmail.com / 619.570976

Tamén temos marcado un punto de parada para quen queira subir á Guagua camiño do Xerro na estación de buses de Compostela , reserva de pasaxe: ovaral@hotmail.com / 619.570976

-XANTAR DE IRMANDADE:

Realizarase no Restaurante O Noso Bar de Cambados cun prezo de 11 euros por persoa.

MENÚ: paella , polo asado , café , viño e auga.

Rogamos confirmar asistencia para a boa xestión e dixetión dos organizadores: ovaral@hotmail.com / 619.570976