AS FRANQUCIAS REFÓRZANSE PARA AFRONTAR O DURÍSIMO TRAMO FINAL DA COMPETICIÓN!!
Necesario recoñecemento ó pleno acadado en Marín dos irmáns de Almuinha isa xa histórica e referencial franquicia LNB que como din no crónico do seu web-blog tiraron ó caldeiro do lixo o refrán que di que ninguén é profeta na súa terra. Ademáis @s Almuinha refórzanse coas fichaxes de Antonio e Yusif , palandores afro-galaicos que ó igual que pasa coa inmersión brasileira no Norleste dotan á LNB dunha cor explendorosa que ogallá en breve deixe de ser maioritariamente de pel branca.
E se de reforzos falamos, alguén pensou que os M de Meira traían ó Aberto do levantamento de Lugo ó mesmísimo Leo Messi e que para relaxar tensións do partido do día antes no Bernabeu lle botaba un par de cervexas na taska a pé de pista dos Madia-Leva....en realidade trátase de Pepe, futbolista da Pastoricense que milita tamén coma palanador nos reis da chaira, tamén coñecidos coma M de Meira.....mais xa se sabe , donde se poña un grolo e un varado que se quite o resto!!
1 Comments:
At 4:25 AM, Anônimo said…
Otero, tes que cambiarlle a ISO a camara, que a foto saiu moi escura.
Postar um comentário
<< Home