O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 31, 2011

SEN POESÍA, MULLERES, BILLARDAS E ZOMBIS NON HAI REVOLUCIÓN, SALVATERRA 3-9-11 OU O THRILLER DA LNB SUR!!!!


A Conferencia Sur da LNB elixe como non podía ser doutro xeito o mítico aberto do Festival da Poesía en Salvaterra para iste sábado por en marcha toda a súa infernal maquinaria para o arrinco dunha tempada regular que promete grandes xeiras , e para facer saltar as alarmas utilizan a estélita e a ética de Gilli Danda para lanzar o corido e arrepiante video-estalo bollybudense no que mergullan as terroríficas facianas de zombis asexando para inscribirse nos abertos da conferencia abrazando o estilo no neo cine de terror-tropical que ten o estreo dista fita LNB e a primeira película de zombis realizada integramente en Cuba coma máximos referentes- ATENCION porque Xan da Morte asexa na arrincadeira previa ó incio de tempada na Sul , un festival o de Salvaterra no que ademàis dunha impresionante nómina de grupos e poetas riba do escerario , contará coa presenza dos irmáns do colectivo poético e de acción Tinta de Lura cos que iste pasado sábado xa estivemos nun micro-cosmos luro-billardeiro construíndo de madrugada e a uns km máis aló da Ponte dos Santos redes comúns de aramios de punta, polo que en Salvaterra de seguro serán tamén parte da gran asemblea aberta para a planificación diste gran lume chamado LNB2012...

E non será só a Sur a que se sitúe xa no trampolín para guindarse da cabeza no gran ----- dista nova e bulideira tempada regular billardeira repleta de emocións e sorpresas- Fai uns días puidose ver a palanadoras e palanadoras dos Remourelle Bulls realizando un satff técnico a centros de metros de altitude no mítico monte de Corneiría que deu nome tamén fai uns anos a outra franquicia referente total que foron os Corneiría-Team, ogallá que palanadores e palanadoras disa franqucia se animen a acudir iste vindeiro sábado ó Torneo das festas Patronais en Ribadeo que se celebrará ista edición en formato Aberto iste sábado 3 apartires das 16:30 h.na herba do CEIP Gregorio Sanz- E dende o web-blog da Conf. Centro xa nos lanzan o aviso para o próximo sábado 11-S estar preparados para participar nunha gran foliada na que a estornela será tamén un dos eixos principais , a cita en Castrofeito!!


Cunha actividade que bota por fóra non é de estranarse que nos teñamos que remitir á gran actividade colateral billardeira , o absolutamente referencial crónico en tot-belit de videos e verbas de lume no derbi catalá e ver a MARTI realizar isa xa mítica entrevita no Canal de Noticias de TotBelit remita á imediata irmandade estilistica e filosófica con Tele-Varal , linguas e billardas polo ar , non hei mellor horizonte posibel para pensar en arrincar unha nova edición da LNB a lume de carozo é por elos que xa se suceden roubos e espionaxe industrial entre palanadores o relatado polo gran palanador astrugalaico de Tapia de Casariego, Muriego mentras meditaba en que torneo da tempada obsequiar cun dos seus exquisitos manxares que distribue baixo a denominación de El Viejo Pescador , agasalla a todos os Varal-adict@s con ista gran crónca do suceso extraida dos seu facebook oficial>> Os Chanfonetas Remourelle OLA DE ROBOS.Un tsunami de robos tase producindo en Galicia, primeiro foi el Códice Calixtino y ahora os planos del novo palán d'os Bulls. El Centro de Análisis d'as Pereiriñas (Remourelle), uno de los mas modernos y mejor dotados y con mayores medidas de seguridad del Hemisferio Norte foi víctima d'un dos mayores robos jamas producidos. El equipo Bulls, un d'os mas laureados da LNB perde unha d'as suas principales bazas cuando ta próxima a empezar a liga.

terça-feira, agosto 30, 2011

AS TROITAS DE SANTALLA MARCAN O AVITUALLAMENTO PERFECTO PARA A GRAN SERPE MULTICOR BILLARDEIRA EN MARCHA!!


Habituollamento necesario e de irmandade entre dúas poderosísimas franquicias do norte do país, Billardeiros Musicais e Os Outros repartíronse os postos do podium no cumio de Santalla e unha parrte deles tamén repartiron as exqusitas troitas do fantástico premio- Son moitos os que falan da necesidade imperiosa de que cada Aberto teña un premio gastronómico e ista gran imaxe potencia sen dúbida isa iniciativa . BM e os Outros son tamén actualidade xa que Daniel e cia non contentos con gañar troitas e unha gran chea de Abertos na pretampada vai ista semana realizar un stage billardeiros nas terras míticas do xerro do Salnés , amparados pola Capela das Angustias os palanadores e palanadoas distas dúas franquicias adquiriran o fabuloso condimento viñícola coa que acompañar os de seguro numerosos triunfos na ardente tempada regular LNB que moi pronto comeza-

Un feito que ven marcado istas días pola próxima presenza dunha serpe multicor non billardeira en territorio galaico, Maceda- Verín , Ponteareias- Pontevedra e Sarria pasando polos Ancares para rematar en Ponferrada serán as tres etapas en terras galegas que xunto coa etapa do Angliru en estrada Astur terá numerosa presenza de palanadores e palanadoras nas cunetas facendo visíbel o conflicto billardeiro, xa se están movendo os fíos para que xunto ás inciativas xunguidas ós irmáns de Siareir@s Galeg@s e demáis colectivos irmáns a grande tribo da LNB saia ás estradas armados con bandeiras e simboloxía propia...serpe multicor da LNB á rúa, a loita continúa!!

segunda-feira, agosto 29, 2011

AITOR, DOS PALANGANAS DE VIGO Á BUNDESLIGA ,E AGORA DESEMBARCA NA POTENTE LIGA DOS PAISOS CATALÁNS COMA FICHAXE ESTRELA DOS CASUS BÉLIT DE SANTS!!

VIDEO>> Os sms , internet e a comunicación non verbal son as base de espectactacular palestra que fai un tempo ofreceu na universidade de Vigo o gran palanador da franquicia primara da Conferencia Sur, Os Palananganas de Vigo. Aitor de novo por méritos propios convértese en actualidade absoluta dentro do universo billardeiro nacional e internacional xa que ista fin de semana oficializou a súa entrada na potente equipa de Casus Bélit dos Paisos Cataláns que desputaba o agardadísimo berby fronte ó Panarrés.
Houbo un tempo no que os arados eran considerados unha nova tecnoloxía, aspecto que analiza Aitor na súa referencial análise sobre a tersiverxación verbal das realidades , mais unha cousa está cra , nistre universo de sachos e gadaños 2.0 no que a LNB milita con todas as forzas sentor a forza e o alento da tribo estourando na montes de Santalla na Pontenova donde o sábado Daniel o palanador dos Billardeiros Musicais se fixo nun dos Abertos máis míticos e de mais altura e altitude coa bandexa de troitas autóctonas para ó día seguinte dar o relevo ó exertico do Salnés que estreu de novo espazo no parroquia de Nantes donde outro referente absoluto na pista e na dobraxe cinematrográfica en clave billardeira e impuxo nunha soleada mañán de domingoi que ilumina un horizonte de lume e billarda imparábel nise enclave das ráis baixas.


Da primeira franqucia da conferencia Sur , os palanganas , á bundesliga alemá de billarda , para agora converterse na gran fichaxe estrela dos Casus Bélit na liga nacional dos Paisos Cataláns coa que contrarrestan a soada marcha a Panarrés de "MARTÍ" o xa considerado Figo so bélit- Mais non queda ahí a cousa Aitor ademáis de ser peza clave nunha ansiada victoria dos Casus Bélit que se converte xa en mitica des pois de mergullarnos na apabuiante crónica do partido narrada nise absolutamente referencial corán belitista chamado TotBélit , e como diciamos a adaptación do gran palanador dos palanganas ó universo Bélit a vai facer a moitos pés de altura xa que xa se apuntou como membro de Castellers de Sants polo que convértese ademáis en gurú nas alturas con vision privilexiada para seguir guiando os pasos e o veleno nos gran xeira internacional da serpe multicor da LNB . Unha serpe que xa se prepara para tentar visualizar o conflico existente ó vernos de fronte no mesmo país e nas mesma estradas con outra serpe de _vuelta equivocada , ciclismo e billarda sempre , adiante co varal!!

quinta-feira, agosto 25, 2011

TROITAS NO MONTE DE SANTALLA E LEBRES NAS RÍAS BAIXAS E NO PARLAMENTO EUROPEO!!

Sen dúbida estamos ante un dos máis expresivos e representativos cartaces da filosofía LNB, un deseño e un Aberto referencial que nos xuntan nas poderosas e infranqueábeis terras de Santalla cos brazos e suores do resto de deportistas galegos de seu que coma nós transitan niste gran deserto de toxos e valados asilveirados- A cita iste sábado dende o solpor ate que a noite lle gañe ó día...atención, en sesión de mañá dende as 11:30 H estará aberta a inscripicion no espazo LNB para participar no Concurso de Varados ou tiros directos no que o campìón ou campioa levará un kilo de espectaculares troitas da Pontenva e no serán apartires das 15:30 h . arrincará o gran Aberto de Santalla con trofeos para os primeiros clasificados e cun espectacular kilo de triotas con denominación de orixe da Pontenova tamén para o campión ou campioa do Aberto / Contacto directo: 695.690288

ABERTO DE NANTES -San Xenxo [ DOMINGO 11 H ]

E a acción continúa nas terras do Salnés que ferve e pon a pota ó lume xa en sesión de mañá iste domingo para a partir das 11:00 da mañán na cultural de Nantes (Sanxenxo) haberá unha pequena reunión Aberta para posteriromente realizar o Aberto de billarda que terá ás grandes estrelas do universo salnés brilando niste micro-cosmos francófono das rías baixas/ Contacto directo: 649.325103

ALERTA EN BRUXELAS ANTE A PSICOSE DUNHA POSÍBEL INVASIÓN BILLARDEIRA NAS RÚAS E NO PARLAMENTIÑO EUROPEO:

E cun horizonte de ilusións compartidas nas terras de Santalla a LNB tamén puxo fai uns meses o seu carro de combate á fronte das xestións realizadas pola euro-deputada do Bloco Ana Miranda pertencente ó grupo Europa dos Pobos para impulsar o recoñecemento da billarda e das demàis actividades físicas de raigame galaico coma patrimonio inmaterial- Dende a LNB transmitiuse a Ana Miranda o seu total compromiso co tema e o interese de todo o colectivo en impulsar e acelerar o proceso realizando accións de presión coma Abertos de billarda nas rúas de Bruxelas , fronte ó parlamento ou mesmamente intoducindo billardas no parlamento europeo- Sexa como for na LNB pensamos que as palabras deben ir acompañedas de feitos de presion para que os euro-deputad@s dunha vez por todas sintan o fruar das billardas preto dos seus fuciños. Reproducimos a nota lanzada sobre o tema polos compañeiros de brinquedia , xunto coa alerta á tribo billardeira dos Paises Baixos: Nos últimos meses, vense desenvolvendo unha campaña de comunicación promovida pola AEXDT e desenvolvida polas entidades que forman parte desta rede europea (en Galiza, Brinquedia e a AGXPT). A campaña consiste no contacto coas deputadas e cos deputados que conforman o Parlamento europeo, para darlles a coñecer as nosas reivindicacións e o noso interese na posta en valor do xogo de tradición cultural como elemento patrimonial. As comunicacións comezan a dar algún froito. Aquí en Galiza, Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas, facíase eco da proposta. Eis a pregunta parlamentar presentada o pasado 19 de maio. Tal e como indicabamos enriba, o Grupo Verdes-Alianza Libre Europea, através doBNG e da súa portavoz en Bruxelas Ana Miranda, presentou umha pregunta parlamentar a través do deputado da coalición Europa dos Pobos, o catalán Oriol Junqueras en relación ao que nos ocupa. En palabras de Ana Miranda, é un momento importante, pois “está iniciándose este mes a preparación dun informe do Parlamento Europeo sobre deporte, e pretendemos incidir políticamente sobre esta cuestión para que sexa incluida nas futuras propostas en tema de deporte da Comisión Europea, tanto a nivel de recoñecimento legal como de posible finanzamento”.

quarta-feira, agosto 24, 2011

O GRAN TENDEIRO DA LNB AMENCE REPLETO DE ULISIÓNS CARA UNHA NOVA GRAN TEMPADA BILLAREIRA


A ROUPA DE PALANADORES E PALANADORAS XA ESTÁ ENXUGANDO NO VARAL PARA AFRONTAR OS NOVOS RETOS DE PRETAMPADA PREVIOS A UNHA NOVA TEMPADA LNB QUE PROMETE EXITACIÓN EN TÓDOS POROS - ONTES MARTES XORNADA DE TRABALLO EN VARIOS FRONTES PARA CONXUGAR CALENDARIOS E PREPARACIÓN PARA O ASALTO A SANTALLA ISTE SÁBADO NUNHA NOVA EDICIÓN DO ABERTO DAS TROITAS NO MARCO DA GRAN FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS DISTA BRAVA ALDEIA DA PONTENOVA E CONFIRMACIÓN DUNHA NOVA ENGANCHADA NAS TERRAS DO SALNÉS PARA O DOMINGO Á MAÑÁ NA PARROQUIA FRONCÓFONA DE NANTES ( SAN XENXO) ...XABÓN DO LARGATO , ADIANTE CO VARAL!!

segunda-feira, agosto 22, 2011

A MÁQUINA DE MALLAR DA LNB E OS CORREFOC DOS DIABLES DE SANTS, ALIANZA INFRANQUEÁBEL CARA A GRAN VICTORIA FINAL!!

A gran máquina de malar da LNB está qye bota lume niste intenso e embravecido verán billardeiro, a porba é cada Aberto que surxe no horizonte , sen ir máis lonzxe, iste vindeiro sábado depois dun anos de barbeito volta o Aberto das troitas da Pontenova na aldea de Santalla que vai ser un novo punto de inflexión niste imparábel lume bo que arde entre os silveiros do país enteiro-

A máquina de mallar que de novo presidíu o pasado e multitudianrio Aberto do fouciño de ouro no Pino púxonos a tod@s a cen ante a magnitude dos acontecementos que iste mesmo martes terán na xuntanza no Restaurante Asador de Barreiros na Conf. Norleste un dos actos centrais na planificación da tempada dista conferencia mae que camiña con paso máis firme ca nunca-


Unha máquina de mallar billardeira que ten na alianza internacionalista un dos seus pilares fundamentais , no marco do pasado fouciño de ouro produiciuse o primeiro cumio gz-cat de comunicación socio-belit-billardeira , grolos de paixón e olladas belixerantes ó presente e futuro dos coordinadores de TOTBÉLIT e o Varal selaron o compromiso para agora màis ca nunca facer valer as nosas armas no contexto hostil no que nos movemos- E non só no país billarda acurralan dende o poder o noso lume, xa que a unha semana do gran enfrontamento que ten á cidade condal colapsada e en vilo entre Casus Belit e Panarrés acaba de producirse a prohibición dos tradicionais correfoc que realizan os irmáns dos Diables de Sants . A pasada tempada en tempo de inverno xa anunciabmos que a LNB ía recurrir ós fachos de lume para alumear o final dos partidos , ide pois preparando as vosas lumieiras para os correlumes que alumearán o lusco e fusco dos abertos de inverno en homenaxe ós Diaños de Sants coa cales nos solidarizamos totalemente por iste tremenda inxutiza que están a sufrir...correfoc sempre, adiante co Varal!!

domingo, agosto 21, 2011

REGUEIRO DESAFÍA 4-VENTOS ENCABEZANDO O ASALTO D@S APOSTOL@S DA LNB Ó ESCEARIO DO FESTIVAL DAS MINAS DA PONTENOVA!!

Impresionante o brutal documento capturado iste sábado durante o concerto dos Festicultores no referencial festival das Minas da Pontenova. Se fai unha semana os Chuchufellos subían a palanadores e palanadoras ó esceario de Celeiro de Mariñaos iste sábado o acontecido despois da ruta barítima na Pontenova ten o caracter de histórico xa que demostra ás claras que o sitio natural dos palanador@s é o esceario sexa no festival ou festa que sexa , se iste find os crónicas falan da presenza dun tal Papa na capital do estado , istas imaxes reafírman a idea da billarda como relixión monoteista con Xosé Regueiro coma apóstolo absoluto e ás palanadoras das Troitas Bravas que o acompañan na fantástica perfomance festicultora coma as monxas anti-klausura da LNB-
Non pode haber mellor anuncio que o realizado polos activistas LNB no escario do festival das Minas para quentar motores cara ó agardadísimo Aberto que iste vindeiro sábado de 27 de Agosto se desputará na parroquia de Santalla , na Pontenova, no marco dunha nova edición do festival bianual de xogos e deportes tradicionais donde a LNB vai ter o seu espazo no que apartires das 16 h. dará inicio o Aberto das Troitas - Un Aberto no que se oficializará a entrada da potente equipa da Pontenova coma franquicia oficial LNB ó igual que aconteceu iste pasado sábado en Bordóns inaugurando espazo e abrindo a posibilidade de franquicia local depois de ver as grandes prestación de palanadores abotixes coma Alfonso , Victor e incluiso a rapaciña Valeria de tan só 5 anos que puxeron en serios apretos ó gran Xan Rodiño que resultou vencedor diste novo aberto en territorio Salnés- Non o dubides máis e faille caso á túa voz interior que te empurra á xunguirte á relixión billarda con tres únicos mandamentos fundamentais: comer, beber e foder....Billarda sempre , adiante co Varal

sexta-feira, agosto 19, 2011

NO TEMPO DOS SPUTNIKS, LABREGOS E BILLARDAS ALIANZA CONTRA O TURISMO DEPREDADOR ISTE SÁBADO EN BORDÓNS!!

Por desgraza nen O Leo , nen García nen Verio estarán en Bordóns na brava parroquia de San Xenxo nunha nova edición da festa labrega que ista find se celebra nisas terras do Salnés - NO seu lugar e coma mesma intensidade estarán as billardas e sptniks da LNB tatuados coa forza poética de Celso Emilo , billardas sobrevoando o país dos ananos , sachos, gadañas e fouciños para a inmersión billardeira dos astronautas da LNB no planeta Bordóns >> Dia 20, 17h, na igrexa de Bordóns celebraraso o Aberto de Billarda coma actividade da festa labrega que festexan nesa parroquia de Sanxenxo. SEGUNDA FESTA LABREGA; A nosa festa constará de unha importante FEIRA DE ARTESANIA , obradoiros infantís, xogos tradicionais, espectáculos folclóricos, Churrascada a preciós módicos e QUEIMADA GRATIS. Despois haberá música ata madrugada. Animate e acompáñanos O DIA 20 DE AGOSTO. Aberto labrego de Bordóns, contacto>> 649.325103

Por desgraza a nova mutación dos referenciais Ilegível non estarán actuando en Bordóns aínda que si os seus componentes estarán na pista de xogo e inxerindo cubalibres dun trago , botádelle un ollo á brutal axenda dista finde no coran festivaleiro dos irmans de malmequer , unha recomendación xa que na Pontenova que ista tempada estrearase coma sede oficlal con Aberto puntuábel denominado Aberto das Minas , iste sábado celébrase o festival que leva ise nome e que inclúe unha espectacular ruta barítima polas taskas da vila no que as billardas brilarán nas cuncas- E atención xa sabedes que se queredes botarvos ó monte o Manual de urxencia do Activista LNB está o voso dispor para en calquer intre e calquer lugar montar un Aberto Furtivo>> Bilharda: tem passado, tem presente, tem futuro; bilharda.

quinta-feira, agosto 18, 2011

HISTÓRIAS E HISTÉRIAS DO BRUTAL AXUSTIZAMENTO POÉTICO DA LNB!!


Cunha burbulleante semana de actividade sonora e cultural no Eo-navia impulsado por unha nova edición do interceltico de Tapia , chéganos unha novo e sorprendente achega de Xustiza Poética dise xenio dos Remoulle Bulls , da lingua galaica e da produccción ecolóxica apta para o exqusito gosto e desfrute dos palanadores e palanadoras máis esixentes na pista de xogo e na mesa diante dun prato, quentando motores ademàis para gran find en Remourelle coa fantástica festa da Carne ó caldeiro , Muriego , a grande estrala dos Bulls desafíando o lock out agasállános con iste fantastico poema e ilustración que apoia o axustamento poético que a LNB ten xa en marcha:

HISTORIAS DA LNB (1) Procedente da Lubre, descargouse ayer n'el CENTRO DE ANALISIS D'AS PEREIRIÑAS (REMOURELLE) unha peza de toxo de 8 toneladas. Cientificos de varios paises fabricarán el Palán que OS BULLS utilizaran esta temporada.

SOÑOS METÁLICOS NUN COLCHÓN DE MOS!!

E para todos aqueles que despois das farturas necesiten repouso que saiban que no web Vigo-troco ofrecen un colchón en Mos para quen queira ir recollelo, aquí vos deixamos o telefone e o contacto, se alguén quere ir por alí pillalo que saiba que a palabra clave para recollelo é billarda-Otero , o que non sabemos é o que pide a cambio:

Colchón 135cm

Hola, teño un colchón de 135cm para trocar. Hai que recollelo en Mos. Quen esté interesada/o que chame ó 669778436. Saúdos

quarta-feira, agosto 17, 2011

OS EIDOS DE NOVONEYRA PRESENTES NA ACCIÓN DE XUSTIZA POÉTICO-BILLARDEIRA NO ABERTO FEGALCAT DE PIORNEDO!!

Terras outas e soias / Terras longas mouras!/ Eu son esta coor de soedá / Ancares soñados co lonxe! / Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do / Candedo ás Moás! ..... Sen dúbida na nosa brutal acción de XUSTIZA POÉTICA non podemos esquencer os clásicos e ó carón da màis raibosa actualidade que deixan os regos no océano da Tinta de Lura temos que reivindicar hoxe màis ca nunca activistas da palabra tan referenciais coma Uxío Novoneyra , poeta do Courel e por extensión dos Ancares que estaría e de seguro está orgulloso de accións biltardeiro-poéticas tan potentes coma a realizada por toda a tribo LNB a semana pasada priemiro en Cerventes e despois en Piornedo como amosan a impactante docu-reportaxe de TELE-VARAL. Os irmans de FEGALCAT puxeron o cebo e a LNB puxo a poética , así se poden construír grandes cousas , se queres podes polo que se queres patrocinar , artellar ou interaccionar coa LNB aínda estás a tempo, ponte en contacto, mentras nós xa tatuamos Os Eidos e o Vietnam Canto na pel ardendo das nosas billardas...Piornedo, Xustiza Poética-billardeira!!

segunda-feira, agosto 15, 2011

CALROS SOLLA PROTAGONIZA A 1ª GRAN ACCIÓN DA XUSTIZA POÉTICA NA LNB...UN GROLO DE DRAKE GALAICO PARA CELEBRALO!!

Non podía ser noutro sitio mís emblemático que na desputa do mitico Fouciño de Ouro donde botara a brutal xeira coñecida coma XUSTIZA POÉTICA ....inspirados no gran paso adiante dádo pola xente de Tinta de Lura que apostan pola utilización de canles alternativos coma camisetas, chapas e demáis materiais non convencionais para a difusión poética , na LNB pensouse que as billardas sen dúbida son un medio perfecto para a difusión da mensaxe poética ou literaria na que os palanadores e palanadoras poden intervir tatuando os seus poemas propios , alleos nomeando un poeta , libro , disco ou calquera inscripción que faiga á súa billarda elementro transmisor da súa mensaxe interna-

E coma por telepatía dende as as pistas da LNB e a fronte poética máis activa prodúcese o contaxio , xa que non podía ser outra elección para arrincar a Xustiza Poética que o estalo do poeta e referente absoluto de acción e actitude Carlos Solla , co que inaugurar a que será de seguro a imparábel invasión de poesía e combate nas pistas das LNB. Beseándonos tamén na liña de chapas lanzadas por Tinta de Lura , elexiuse isa patada nos dentes, do autor de Mazingz e do recentemente editado O Vervo Xido a imprescindíbel guía na que penetrar na lingua dos canteiros , a un país sedado para que se erga de contado e empurre as armas da reconquista vital : ESPERTA DO TEU SONO!!

Fai uns días apareceu , no absolutamente referencial web-blog do poeta chamado O Embigo do Becho , ista brutal interpretación dos Chichisos con Carlos ó fronte do himno do antigo reino de Galiza en versión cantada- Dende o preciso intre de velo surxíu a mesmísima idea que o propio poeta nos suxire e que dende xa abrazamos: Ilustres billardeiros, cometo o atrevemento (desculpade a miña arrogancia) de recomendarvos cantar a letriña que argallei para o noso himno máis entrego (e que non tiña) cando, nas vosas competicións, championsligue, abertos, amigábeis, etc., fagades entrega dos correspondentes trofeos e medallas.

Unha interpretación ademáis efectuada durante a presentación do máis ca referencial e recomendábel poemario Pan prós crocodrilos editado por ises lanzadores de marabillosos coitelos dende o Morrazo chamados Barbantesa_ ....lingua azul celeste / de enlouquecida nación tranxénica , so unha lingua así podería ser quen de mergullarse na salvaxe océano de sabor que se experimenta ó tomar un grolo do novo artefacto que se artella lanzar ás pistas da LNB , Atenciñon porque a DRAKE GALAICO ou Mojito do páis xa está en marcha para invadir as gorzas de palanadores , palanadoras e siareiros entresedados de sabores anticoloniais xa que a base diste revolucionario coctel galaico-tropical está nas ortigas e na augardente braca-


AQUÍ PODEDES OBSERVAS O POTENCIA VISUAL DO DRAKE GALAICO, COAS ORTIGAS RECÉN CORTADAS E EMBRAVECIDAS NAVEGANDO NO MÁXICO COCTEL DE AUGARDENTE BRANCA, CHAMADO A SER UN REFERENTE TOTAL DENTRO DO UNIVERSO ALEBRESTRADO DA LNB , POÉTICA NAS TATUAXES DAS BILLARDAS E UN POSTO DE DRAKE GALAICO A PÉ DE PISTA CONDIMENTOS IMPRESCINDÍBEIS XA DISTA GRAN REVOLUCIÓN EN MARCHA QUE NON TEN MARCHA ATRÁS...[ a minha lingua non goza./ de cativa , / practicáronlle unha ablacion de autoestima- Pan pros crocodrilos - Calros Solla]

domingo, agosto 14, 2011

TOÑO DOS FURALOS ACADA O FOUCIÑO DE OURO PARALIZANDO NUNHA GRAN FINAL Á BILLARDA RESPIRADOIRO DE LUIS CAMIÑA!!

Foron moitísimas as sensacións e proxectos que voltaron chimpar dos pratos , dos vasos , da máquina de mallar e dos restos de pallas sobre o que se desputou unha nova , multitudinaria e internacional edición do Fouciño de Ouro. Non se pode arrincar iste primeiro análise trifásico sen salentar a presenza de xogadores da franquia galaico-catalá de Casus Bélit que contaba ademàis coa presenza do palista cediso por ista equipa ó Panarrés cos que se van enfrontar na festas alternativas de Gracia que istes días arranca e que botan lume , Martí o xa coñecido coma o Figo do Bélit subíu alarmantemente a venda de Cachuhas de Porco nas carniceirías de Sants agardando xa que a tensión é máxima agardando ver se celebrará ou non os tantos conqueridos fronte á súa franquicia mae. Tanto el coma Ariadna foron os xogadores màis destacados de Casus Belit que con iste asalto no Pino finalizan o seu stage na galiza e tiran para os Paisos Cataláns afrontar unha durísima tempada regular- Impresionante toda a xornada ,con todas as estrelas competindo niste méitico Aberto e anunciando ademaís un novo aberto para priencipios de setembro - Na final de novo Luis Camiña de Almuniña e ista vez contra Toño de Furalos , o de Marín apresentaba publicamente o seu arma segreda , A Billarda de Respidadeiro coa que se achegou pero de novo quedou ás portas do ceo que conseguíu en Moraña , no Pino coma en Cervantes ....un afinadísmo Toño dos Firabolos segou coma co fouciño se sega un silveiro as esperanzas dos gran palanador de Marín que se converte por mèritos propios nun dos referentes absoluto diste noso desporto e revolución e un dos palanadores clave a bater se alguén se quere facerse cun Aberto. Ademáis Luis mándanos istas espectaculares fotos e ánálise da xornada para que o desfrutemos tod@s:

Camiña dixit_ Aviso a navegantes, esta obra da inxeñería ten (c) copyright , e patente PO-214-08-2011, polo tanto para facer uso dela ten que ser co permiso do autor ( xa que se moven cartos ) pagando dereitos.
O Xermán que non se ria si fun 2º en O Pino. Que nos Ancares amarroume o palán cunha rede cando ía gañarlle
.

Luis Camiña aquí nos amosa o seu arsenal billardeiro coidosamente gardado nun zulo de Marín agardando para deixar K.O a quen se lle poña por diante nos futuros Abertos sexan istes donde sexán....Un Aberto iste do Fouciño de ouro que inaugurou tamén a presenza das billardas da Xustiza Poética, un xeito de apoiar dende as pistas e coa nosas armas a difusión altenativa de estalos poéticos que estána facer os irmáns de tinta de lura , unha Aberto que non puido ter continuidade co Cross de Celeiro de Mariñaos suspendido por un brutal trebón que caeu enriba_


E para mostra un botón, non deixan de impresionarnos a punta de lanza do Komando Almuinha , mentras Jim Morrison aínda se retorce no seu nicho parisino despois de sentir os ecos da brutal adaptación á gaita perpetrada por Anxel durante a o Play Off de Conxo que tamén estivo loitando polo fouxiño de ouro , o grande e referencial Luis Camiña ponlle copy right á súa brutal obra de inxeñeiría chamada billarda de respiradeiro ou furada que racha moldes na aerodiámica billardeira - Se xa non había pouca tensión , emoción e competividade nas pistas a istas horas son moitos os inxeñeir@s das equipas LNB que traballan a destallo nos garaxes para tentar paralizar a efectiviadade da Billarda de Repiradeiro , polo momento a máquina de mallar de Toño Furabolos foi quen de frear a furacán Camiña e a técnica da rede utilizada nos Ancares foi quen de frear ó poderoso e temido tabeirón billadeiro de Marín. A guerra billardeiro-tecnolóxica no desenrollo aerodiámica xa botou a andar!!

sexta-feira, agosto 12, 2011

CEO DE BÉLITS E ESTORNELAS!!


Para a LNB cada Aberto e acada acción é coordianada pola conxunción astral das estrelas no ceo e na pista de xogo , impresionante a foto de irmandade depois do gran Aberto-Bélit do día da patria en Composta cos irmàns de Casus Bélit - Estrelas que anucian que unha nova tempada está á porta e que selan o compromiso cun deporte e unha terra chamada billarda , se dende a túa asociación, concello ou entidade queres levar , compartir ou patrocinar algún dos Abertos áinda estás a tempo para porte en contacto, e atención porque a fronte Ourense toma forma e hai serias amiazas de sincronizar os reloxos pola hora galega xunto coas demàis conferencia LNB...non temos medo, temos fame!!

CARTA NA FIND DO RESTAURANTE LNB: DE PRIMEIRO FOUCIÑO DE OURO E DE SEGUNDO I ABERTO-CROSS SAN CAETANO SEMPRE, O POSTRE NO MANUAL DE URXENCIA!!

Todo xa prepado nos teritorios da Conferencia Centro para unha nova edicón dun dos Abertos imprescindíebis do verán , iste sábado apartires das 16:30 na Carbaleira de Vimeiro ( Lardeiros) e mergullado no marco do festival Pino Folk , as estornelas da LNB collerán vóo para dilucidar a gran custon que ten en vilo istes días a moitos palanadores e palanadoras..quén se segará o seu orgullo interiro cos míticos fouciños de bronce, prata e ouro)) - Todo disposto , contacto directo: 654.232108


E dun festival o sábado a outro o domingo, do Pino a Celeiro de Mariñaos e tiro por que me peta . Fai uns anos a festa entorno á capela do San Caetano estivo secuestrada por apropiación indevida aos veciños de territorio comunal , despois de que moitos palanadores e palanadoras acudiran daquela á chamada da razón e porse diante das escupetas que nos amosaban os apropiadores , a victoria como non podía ser doutro xeito caeu no bando dos veciños e o San Caetano voltou celebrarse tendo a festa da tortilla de novo coma gran emblema. Atención o sábado espectacular festival na Carballeira con Habelas Hainas, os explosivos e referenciais Tumba e Dalle que inician minixira que ó día seguinte nunha minixira galaixa estarán en Vilagarcía de Orousa e pechando a noite estarán os brutis Cuchufellos que interpretarán ao vivo o seu tema da República Billarda - Con iste previo moitos xogarán de resaca no I Aberto-Cross do San Caetano Sempre, un aberto de manual ( de urxencia do activista LNB claro) que non sabe de obstáculos para avanzar por riba de valados, coios e desnibéis posíbeis e imposíbeis...San Caetanos Sempre , Adiante co Varal!!- Contacto: 605.316896

quinta-feira, agosto 11, 2011

FELGALCAT OFRECE EN PIORNEDO UN CHEQUE EN BRANCO Á LNB PARA O APOIO Á DIFUSIÓN DA REVOLUCIÓN BILLARDA!!


Moitas veces unha imaxe vale máis ca mil palabras, niste caso é un feixe delas extraídas da galería de fotos do NorLeste , enmudecemos ante a magnitude do suceso e agradecemos á xente de FEGALCAT polo cheque en branco otorgado á LNB para sucesivas accións conxuntas na Galiza e nos Paisos Cataláns donde o 27 de agosto os irmáns de Casus Bélit terán un test importantísmo fronte a franquicia dos Panarrés donde teñen cedido un dos seus xogadores no que estará focalizado ademàis toda a presion cando consiga un tanto a ver se Martí celebrará ou non o tanto. Dende logo o que temos que ceberar en territorio billardeiro é a impresionante pegada de cada un dos Abertos de verán que iste sábado no Fouciño de Ouro no Pino e o Domingo en Celeiro de Mariñaos co explosivo Billarda-Cross terán continuidade ademáis do que poioda surxir polo camiño- Non podemos despedir ista conexion sen resaltar e felicitar á LNB-Ancares polo dóbel asalto en só tres días en Cervantes e Piornedo e agradecer enormemente que instalaran a torreta a pé de pista para a perfecta difucion en tempo real do acontecido na pista polo Varal-Facebook...Ancares Sempre, Adiante co Varal!!

quarta-feira, agosto 10, 2011

O COROCEIRO NACIONAL FAI QUE O MAR DE PORTONOVO INVADA PIORNEDO!!

"Meu pai díxome que o mar é moi grande, ten moita auga e remata nunha raia", explicaba unha nena ós seus amigos un domingo no atrio da iglesia de Donís. Antes dos anos 70, case nengún rapaz disa referencial e contestataria aldea de Os Ancares vira a praia. Anos despois a LNB reivindica totalmente isas crianzas e dálle a volta á enfariñada lanzando a pregunta de cantos rapaces galegos hoxe non sentiron nunca a emoción brutal de respirar e desfrutar coa intensidade indescriptíbel da brisa en Piornedo na plenitude galaica dos Ancares- iste mércores coa coordinación da referencial LNB-Ancares e co patricianio de FEGALCAT o miragre porduciuse coa celebración dun Aberto que sentará precedente , case medio cento de palanadores e palanadoras na herba de Piornedo loitando por un espectacular premio en metálico , Sak o Aborixe dos Ancares non puido representar á etnia local no pódium final , posto o terceiro que lle arrebatou Xan Rodiño que chegaba con gañas a iste seu primeiro Aberto de pretempada, e nunha final con décadas de diferencia entre palanadores Daniel de Billardeiros Musicais e Iván Bateas actual Coroceiro Nacional, retábanse no máis alto da Galiza e polo posto máis alto do pódium , así coñecia todo o país que toda a tarde estivo pegado ó seu computador para coñecer o espectacular crónico en tempo real dende o Facebook do Varal: O Coroceiro Nacional non perdoa!!Ivan dos Bateas consigue o botin dos 600 euros do aberto do Piornedo organizado por Fegalcat, logo dun reñido desempate fronte a Daniel dos Billardeiros Musicais,que leva 300 euros. Terceiro Xan Rodiño (150euros) que se impuxo a Sak na final de consolacion. Noraboa a todol@s palanador@s participantes!

ULTIMA HORA: BOIKOTE DUN GRUPO DE PALANADORES NO ASCENSO Ó PIORNEDO PARA A DESPUTA DO ABERTO FEGALCAT!!

ATENCIÓN PALANADOR@S , DENDE OS ANCARES CHÁGANNOS ATERRADORAS NOVAS SOBRE A TRONZA ÁRBORES A PÉ DE ESTRADA CARA PIORNEDO QUE UN GRUPO DE PARTICIPANTES NO ABERTO FEGALCAT DISTA TARDE ESTÁ A REALIZAR NO SEU ÁSCENSO CARA O CUMIO. NUN PRIMEIRO INTRE SEMELLA QUE ESTÁN UTILIZANDO AS PÓLAS PARA CONFECCIONAR PALÁNS E BILLARDA E DEIXAN O TRONCO DA ÁRBORE CORTANDO O PASO NA ESTRADA PARA BOIKOTEAR O ACCESO DA SERPE DE CARROS CARA Ó GRAN ABERTO Ó CARÓN DA PALLOZA- OS EQUIPOS DE RESCATE DA LNB XA ESTÁN ALERTA E UN DESTACAMEMTNO DE PALAS DIXIDIDO POLO COMANDANTE MARINHA XA SE DIRIXEN ÓS PUNTOS CONFLICTIVOS PARA AXILIZAR O TRÁFICO. ANTES ISTES ACONTECEMENTOS O SEGUIMENTO EN DIRECTO POLO FACEBOOK DO VARAL VAISE CONVERTER EN ALGO DECISIVO PARA SABER DISTA GRAN AVENTURA SEN PRECEDENTES...ANCARES SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!

ULTIMA HORA1- XAN RODIÑO RETORNA Á COMPETICIÓN MERGULLADO NA EXPEDICIÓN BATEAS QUE ACODEN TAMÉN A PIORNEO ATRAÍDOS POLA XA COÑECIDA COMA GRAN FEBRE DO OURO BILLARDEIRA!!

terça-feira, agosto 09, 2011

A LNB RESPOSTA CUN BRUTAL BILLARDA ALL STARS NA NOROESTE Á ¨DESPROGRAMACIÓN GALLEGUISTA¨ DA CONCELLEIRA DE CULTURA DA CORUÑA!!

Imposíbel quedarse cos brazos cruzados ante a intolerábel provocación emitida dende o concello da Coruña que en boca da nova concelleira de cultura aposta firmemente por impor un test de galleguidade a toda acción sexa ista do ámbito que sexa , que se desenrola na Coruña ¨hasta ahora se estuvieros programando cosas demasiado gallegas¨. A LNB resposta de inmediato oficializando xa a desputa do vindeiro BILLARDA ALL STARS na Conferencia Noroeste con epicentro na Coruña que como sabedes ten sempre explosivos actos paralelos e entre os que se estudan a istas horas son a actuación de Extensión Agraria protagonista da brutal portada da revista Rock Fest editada a cabalo entre Meira e Guinea Bissau , o grupo que posibelmente ten o repertorio de máis galico de todos cantos existen na actualidade porá a proba o medidor de Galleguidade dista tal Ana Fernádez que vai ter queira ou non queira billarda a música galaica a eito estourándolle diante dos fuciños. Medran as silveiras da carraxe institucional pois cara a todo o que ula a autóctono , mais non decaemos , nen moito menos, dános aínda màis ánimos para seguir adiante polo que anunciamos que xa están en marcha a confeccion dos calendarios de competición nas conferencias LNB polo que estás a tempo calquera concello que queira ter un Aberto puntuábel , asociación cultural ou social que queira apoiar ista revolución activamente ou casa comercial que queira patrocinar un Aberto que se poña en contacto urxentemente porque non hai tempo que perder- Exemplo dista fereza organizativa á a da xente de FEGALCAT, a asociación de federación galegas de catalunya que está detrás xunto coa LNB-Ancares da celebración do brutal Aberto dista marcores apartires das 17 h da tarde en Piornedo que terá ademais un seguimento case minuto a minuto polo referencial FACEBOOK DO VARAL -

I HAVE A DREAM ...FOUCIÑOS NO PIÑO , BILLARDA-CROSS EN MARIÑAOS E XUSTIZA POÉTICA DENDE O EO-NAVIA!!
Atentos e ide collendo impulso porque xa están programados para ista find o sábado Aberto do Fouciño de Ouro no Pino na Conf.Centro e o domingo na Norleste primeiro e explosivo Aberto-Cross en Celeiro de Mariñaos [Barreiros] , e coma exemplo para toda tribo LNB polo seu total compromiso coa billarda e a terra que é o mesmo , destapamos un dos marabilloso estalos poéticos dun dos palanadores que deixan pegada alí por donde pase , capaz de parar o tráfico e colapsar por uns intantes que semellaron séculos de emoción o centro de ribadeo ateigado de carros, Muriego, palanador do Eo-navia militante dos Bulls e da filosofía LNB colapsa por uns instantes o noso poderoso fluxo sanguineo, cada verso do seu eo-naviesco I Have a dream é unha estela no lume da lareira inmensa que arde en cada un de nós....Puxa Muriego!!

I HAVE A DREAM
Soñei que taba na cancha da Devesa./ Tocábame palanear. / El silencio era sepulcral./ Todos os meus compañeiros me miraban con indiferencia./Golpeen a billarda con fuerza./ (taba a solo diez centímetros da linea do varal)/ Subio dando voltas y describio nel aire ua parabola. Eu movín el palán con fuerza y erren./ Solo tía que tocarla y ganaríamos el Año./ Por o meu cerebro desfilaron sesenta y siete blasfemias diferentes. / El sol dábame nos focicos./ Vín catro siluetas negras con el palán levantao./ Salín com’un foguete camín da playa./ Galopei pol area hasta que cayín agotao, / Ginés, Bea, Suso,… Andrés/ palanearónme mil veces / mazarónme com’un pulpo./ Hoy solo me acordo que subía a marea./ Cuando el agua me chegou a os collois,/ despertei y vin que taba mexao./ Xuro ante dios que nunca mais volverei a pasar fame(*) / *sobre todo de año, xuro que nunca mais volverei a / fallar un golpe..... ¡ PUXA BULLS !

segunda-feira, agosto 08, 2011

BILLARDA SI , PARCELARIA NON....TELE-VARAL AMOSA A BRUTAL ACTUACIÓN DE EXTENSIÓN AGRARIA NO ESCEARIO ESCUMOSO BIEITEIRO DE BALTAR!!

Extensión Agraria puxo riba do prado de Baltar a súa brutal proposta , un paso adiante sen precedentes que consolida as iniciativas criativas entorno ó burbulleante entramado billardeiro , que se pode facer mentras non che toca xogar a túa carreira? .... pois formar un grupo sen complexos e con actitude impulsiva e desafiante ás normas e partituras que mete meto- Tele-Varal ofrécenos en exclusiva mundial ista xa histórica actuación de Extención Agraria erguendo voo no escearaio Escumoso Bieiteiro do festival da Chaira en Baltar , e atención porque se os pillas sen bérragos nas costas quizais poidas contratalos _ chankli_12@hotmail.com

Inundados de enquisas sobre as eleccións xeneralísimas do 20N a gran tribo estornela contraprograma os sondeos oficiais comezando a lanzar sondaxes sobre quen será o campión ou campioa do vindeiro ABERTO do Fouciño de Ouro que se desputará iste sabado 13 no contexto de mítico e referencial Pino Folk . E foi iste domingo cando en San Román en Cervantes as billardas trazaron o camiño que só os mais valentes se atreverán a rematar ó carón da refencial Palloza Museo do mítico Piornedo iste novo Mércores de Txampions , bilardas e dentes afiados de novo para coa máxima intensidade viver un intre máxico no mais alto dos Ancares , será apartires das 17,30 H. no denominado Torneo FELGALCAT de billarda que terá un trofeo que deixará sen alento ós tres palandor@s que consigan podium. Ancares Sempre!! 659.628892


E se a billarda tivo e terá como é lugar compañeiros de viaxe do máis dispar e singular, no referencial San Xoan de Río, concello ourensá archicoñeciño no universo billarda por fai uns anos co anterior governo municipal aplicar todo o presuposto en deporte á practica de billarda, hoxe nise antaño paradiso LNB atopamos ista estampa na que petanca e billarda camiñan xuntas polas silveiras. A implicación absoluta do actual campión olimpico Xosé Miguel , aborixe diste concello , para que ista Aberto se denominara I Aberto anti-feixista de San Xoan de Río motivou a suspensión do mesmo na data orixinaria da pasada find para poder gañar tempo e desnaturalizar a activiade axuntándoa coa petanca nun día tan hostil para tribo proletaria da LNB coma un mércores ás 18,30 h....San Xoan de Río billardeiro Sempre, nen un paso atrás nen para coller impulso!!

sábado, agosto 06, 2011

LUIS CAMIÑA EN MORAÑA, XERMÁN DA EKIPA NOS ANCARES E KAOS NA TAZA IRROMPEN COA FORZA DUN XABARÍN FERIDO!.

Imposíbel non erguer o copo e brindar cun grande copo de Escumoso Bieiteiro por unha find de novo máxia no universo LNB, os grandes triunfadores sen dúbida os irmáns da Asocoación O Petoruo de Moraña e o colectivo LNB-Cervantes dos Ancares, un luxazo inmenso ter istes potentísmos apoios para navegar co grande batuxo da ilusión por iste gran océano de toxos galaicos- E se tiverammos que destacar un nome sen dúbida temos que falar do gran Luis Camiña , irreberente no seu poderoso xogo e actitude proclamouse se vencedor o sábado en Moraña fronte ao emerxente palanador da Chaira e xa gran estrela no firmamento billardeiro chamado Xosé Regueiro , e o día seguinte a centos de km de distancia, Luis Camiña convertido no gran xinete da apocalipse de Marín situouse temén na final do multitudinario Aberto do Urogalo de Cervantes nos Ancares pero ista vez sucumbindo ante Xermán un palanador en racha iste verao radicativo chegado dende a mariña e militante da Ekipa Bítere que dende primeiras horas do medio día se aclimata á altitude de San Román cuns reconstituíntes vermuts e chourizos afumados da montaña . E para que tiqte pidas aclimatar tamén á brutal irrupción no blogomillo galaico e autántica sensación do universo dixital internacional, convidamos á Cantida da LNB ó kaótico autor de Kaos na Taza o blogue galego que en tan só unha semana de vida roza xa as 10.000 visitas conseguinto cunha orixal e arrebatadora proposta rachar moldes espallando o seu inconfundibel cheiro polo universo enteiro. Recomendación, podedes imprimir a entrevista ler no baño e mantras empurrades para constuír a obra de arte túa coa que colabortar na scalologic art gallery >> Kaosnataza@hotmail.com

KAOS NA TAZA, O SCATHOLOGICAL ART DO PIERO MANZONI GALAICO INVADE A CANTINA DA LNB!!


-benvido á Cantina da LNB, un espazo de encontro e pervesión no que hoxe se atopa o gran axitador dixital que se esconde detrás da tolemia que se dá en chamar Kaos na taza, o baño telo ó fondo á esquerda mais para comezar, qué queres tomar, licor café , escumoso bieiteiro ou o referencial licor de merda portugués?
Para defecar nada como un chupinho de likorkafe e unha faria.


-Dende a irrupción das redes socias o blogomillo pasou a ser nomeadamente unha arma creativa ou planadforma informativa desleigada da urxencia e do impulso que teñen o feisbook , twitter ou latrica....mais a irrupción de Kaosnataza colleu a todos por sorpresa , como surxíu a idea que está a dinamizar de novo o univero blog galaico?
Pois basicamente un dia remaitei de cagar e vin un zurulho bastante xeitoso,nese intre penseri,arre ostia,que feitinho é.Despois cando xa tinha unha coleccion no movil trataba de ensinarlha a penha por ahi(con nefastos resultados)co cal un amigo me instou a que fixera un blogue e asi foi a cousa.

-mais a túa é unha revolución global xa que a marea marrón non a cinxes a perfomances do país senón que recolles achegas do mundo enteiro, como vai ista recolleita mundial?
Pois o certo e que cando vin o comentario ese do ingles pedindo se o podia traducir non din credito jejeje.Pode ser que pola publicidade que lhe fixen o blogue chegara a sectores de dexenerados estraxeiros.A merda que chega colgarase en breves pero unha gran parte das achegas non tenhen a calidade que caracterizan o blogue,e moitos olvidanse sacarlhe a foto con flash,co cal en vez de un torelho,a foto parece un pozo de purín.
-de psicópata , enfermo e demàis lindezas te tachan os teus seguidores , como levas ista presión brutal entorno á túa obra creativa?
Non vou negar que algunha fervedura me falta,mais o certo e que me sorprende en absoluto que xente que entra asiduamente a ver as minhas cagadas me tache de tales adxetivos.Non me importa o mais minimo(penso que e algo que deberia facer todo o mundo),é mais,divirtome bastante cando a xente me chama furado e asi,e bastante entretido.

-Porqué elexiches formato web-blog e non o facebook ou twitter para espallar o teu cheirume á universo enteiro?
O certo e que a minha inoperancia respecto a facebook twitter e tuenti axudou bastante a decantarme polo clasico blogue,que bastante doado de utilizar



-Piero Manzoni , o artista experimetal creou as famosas latas de merda de artista que fai ben pouco por unha delas se chegaron apagar 124 mil euros nunha subasta en Londres, velo coma unha referencia para nunha posíbel nova fase da túa obra poder comercializar en tupers ou bolsas as obra
s a materia orgánica que simplemente mostras no teu web-blog?
O certo e que se alguen pagara por un torelho meu semellante cantindade de cartos estaria orgullosisimo mais,se alguen ten eses cartos para gastarse literalmente en merda,digolle mellor que lle cago gratis pero que me invite a cerveza ou algo.Comercializar a minha?non creo que pase,mais estou mantendo contactos con certa empresa de sanitarios e igual algo me cae . Engadir tamen que se baralhan accions reinvidicativas ca merda como elemento central da protesta.



-Varios palanadores da LNB son fans do teu impulso creativo , foi iso o que te impulsou a deixar o teu xa famoso comentario no noso web-blog para que masivamente se coñecera a túa obra entre a tribo billardeira?
O certo e que foi a recomendacion dun bilhardeiro,si.

-bueno foi un pracer terte con nós e agarfamos verte nas pistas da LNB participando de algún Aberto un contexto no cal sería perfecto para que puideras apresentar a túa obra poético-escatolóxica ao vivo, veña tira da cisterna!!
O certo que e son algo paquete pero a ver a ver..

-e non podes saír da Cantina da LNB sen dirixirte ós palanadores e paladoras da LNB para animalos que participen na teu collage dixital colectivo , faino mentas saboreas os exquisito gelado de merda de nos chegou expresamente para voçe dende a xeladeiría do sapo.pt_
Por favot palanadores e palanadoras,xentinha en xeral,cando caguedes mirade entre as pernas(e aparte o aparato no caso varon)e se vedes algo digno de exposicion,enviadeo a Kaosnataza@hotmail.com.Moitas gracinhas pola entrevista e ánimo!

sexta-feira, agosto 05, 2011

OVaral Editora PON EN DESCARGA LIBRE O EXPLOSIVO MANUAL DE URXENCIA PARA A REALIZACIÓN DE AbertosFurtivos, AUTOXESTIÓN E COMPROMISO!! [preme]

É xa imposíbel por portas ó mar e ó prado polo que a brutal ofensiva billardeira que se está a levar a cabo durante iste verán fatal consolida unha novo e fulgurante realidade , é a dos Abertos Furtivos en festivais , festas ou calquera leira, praza ou carballeira movidos polas redes sociais ou por sinais de fume entre paladores e palanadoras que non poden desouvir o chamado da terra que pide billarda a berros, e para azizar o lume OVaral Editora guinda en libre descarga o explosivo e refencial MANUAL DE URXENCIA PARA ORGANIZAR UN ABERTO DE BILLARDA>>

Posives accións Furtivas anuciadas ás que despois da aparición do manual de Urxencia poden incluso sumarse máis movementos:

-Venres Serán Furtivo de Billarda no festival lugnasad de Bretoña_

-Sábado Serán Furtivo no Festival de Pardiñas de Guitiriz: 627.232479

Non poder quedar cos brazos cruzados, descarrega o manual de urxencia e pon a funcionar un AbertoFurtivo alí donde esteñas ou alí a donde váias!!

PRIMEIRO TOMAREMOS MORAÑA E DESPOIS SAN ROMÁN DE CERVANTES NOS ANCARES...PARTÍU!!

Se naide o fai dende a LNB temos que comezar a alertar do perigo inminante que nos ven enriba , é por elo que ista find sen dúbida temos que vertir a máscara antigás para protexernos da novo ocurrencia guvernamental para tirar os cartos públicos dos galegos extraer unha suposta bolsa de gas nas nosas costas , mais non é só iso , a irrupción por medio dun comentario do explosivo e arrepiante web-blog de brutal-hardcore kaosnataza, que está a invadir co seu cheirume todo o blogomillo galaico obríganos a tomar precaucións de inmediato para afrontar unha nova find pletórica de billarda e emocións compartidas:

- SÁBADO EN MORAÑA
Todo listo e disposto polo irmáns do Petouto para recibir na Carballeira de Santa Xusta á tribo pincha , vai afiando a bilarda e como ordea o espectacular cartaz anunciador Ven e Particiapa!! Contacto: 699 289351 / 660.371493

DOMINDO SAN ROMAN DE CERVANTES ( OS ANCARES )

Despois de varias edicións en marcha o concello de Cervantes toma cartas no asunto e colle o Urogalo polo rabo e decídese a porse ó fronte xunto coa LNB-Ancares para a coordianción e xestion diste mítico Aberto de Billarda , un exemplo pois para todos aqueles concellos nos que realizan abertos que boten arrimen o ombro e se deixen de tonterías-Atención porque se prevé desenbarco multitudinario ademáis de nativos do lugar de palanadores e palanadoras de varias conferencia da LNB, unha chegada que como se está a falar ademáis de para a desputa do Aberto do Urogalo servirá para a adaptación cara á desputa dun segunto aberto dos Ancaros iste verán no que comos e dun combate de boxeo haberá unha moi xugosa bolsa económica para o vencedor ou vencedora....Ancares Sempre, Adiante co Varal!! Contacto:659.628892