O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 30, 2011

AS TROITAS DE SANTALLA MARCAN O AVITUALLAMENTO PERFECTO PARA A GRAN SERPE MULTICOR BILLARDEIRA EN MARCHA!!


Habituollamento necesario e de irmandade entre dúas poderosísimas franquicias do norte do país, Billardeiros Musicais e Os Outros repartíronse os postos do podium no cumio de Santalla e unha parrte deles tamén repartiron as exqusitas troitas do fantástico premio- Son moitos os que falan da necesidade imperiosa de que cada Aberto teña un premio gastronómico e ista gran imaxe potencia sen dúbida isa iniciativa . BM e os Outros son tamén actualidade xa que Daniel e cia non contentos con gañar troitas e unha gran chea de Abertos na pretampada vai ista semana realizar un stage billardeiros nas terras míticas do xerro do Salnés , amparados pola Capela das Angustias os palanadores e palanadoas distas dúas franquicias adquiriran o fabuloso condimento viñícola coa que acompañar os de seguro numerosos triunfos na ardente tempada regular LNB que moi pronto comeza-

Un feito que ven marcado istas días pola próxima presenza dunha serpe multicor non billardeira en territorio galaico, Maceda- Verín , Ponteareias- Pontevedra e Sarria pasando polos Ancares para rematar en Ponferrada serán as tres etapas en terras galegas que xunto coa etapa do Angliru en estrada Astur terá numerosa presenza de palanadores e palanadoras nas cunetas facendo visíbel o conflicto billardeiro, xa se están movendo os fíos para que xunto ás inciativas xunguidas ós irmáns de Siareir@s Galeg@s e demáis colectivos irmáns a grande tribo da LNB saia ás estradas armados con bandeiras e simboloxía propia...serpe multicor da LNB á rúa, a loita continúa!!