O COROCEIRO NACIONAL FAI QUE O MAR DE PORTONOVO INVADA PIORNEDO!!
"Meu pai díxome que o mar é moi grande, ten moita auga e remata nunha raia", explicaba unha nena ós seus amigos un domingo no atrio da iglesia de Donís. Antes dos anos 70, case nengún rapaz disa referencial e contestataria aldea de Os Ancares vira a praia. Anos despois a LNB reivindica totalmente isas crianzas e dálle a volta á enfariñada lanzando a pregunta de cantos rapaces galegos hoxe non sentiron nunca a emoción brutal de respirar e desfrutar coa intensidade indescriptíbel da brisa en Piornedo na plenitude galaica dos Ancares- iste mércores coa coordinación da referencial LNB-Ancares e co patricianio de FEGALCAT o miragre porduciuse coa celebración dun Aberto que sentará precedente , case medio cento de palanadores e palanadoras na herba de Piornedo loitando por un espectacular premio en metálico , Sak o Aborixe dos Ancares non puido representar á etnia local no pódium final , posto o terceiro que lle arrebatou Xan Rodiño que chegaba con gañas a iste seu primeiro Aberto de pretempada, e nunha final con décadas de diferencia entre palanadores Daniel de Billardeiros Musicais e Iván Bateas actual Coroceiro Nacional, retábanse no máis alto da Galiza e polo posto máis alto do pódium , así coñecia todo o país que toda a tarde estivo pegado ó seu computador para coñecer o espectacular crónico en tempo real dende o Facebook do Varal: O Coroceiro Nacional non perdoa!!Ivan dos Bateas consigue o botin dos 600 euros do aberto do Piornedo organizado por Fegalcat, logo dun reñido desempate fronte a Daniel dos Billardeiros Musicais,que leva 300 euros. Terceiro Xan Rodiño (150euros) que se impuxo a Sak na final de consolacion. Noraboa a todol@s palanador@s participantes!
11 Comments:
At 11:16 PM, Pinto said…
Sodes igual de mercenarios que as ratas que acosan o noso patrón gadafi no deserto de Libia.
Xogar a bilharda pola pasta é como foder por cartos!!
At 11:17 PM, Pinto said…
Por non decir que iván vai gasta-los cartos en porros e en kalimotxo.
At 11:18 PM, Pinto. said…
E Daniel en tinte para o pelo.
At 11:19 PM, Anônimo said…
E se me olvidaba, abofé que xan rodiño vaino gastar en Tofu, en vitamina b12 que non se atopa no reino vexetal e en complexos enerxéticos!!!
PROSTITUCIÓN NA BILHARDA.
At 12:43 AM, Anônimo said…
Vergonzosa a actuacion de reyes insultando a organizacion e deixando sen ilusion a umha nena q era o primeiro dia q xogaba a billarda. En fin lamentablemm
At 11:01 AM, Anônimo said…
...os cartos é o que teñen!!
At 1:45 PM, Anônimo said…
con diñeiro polo medio . . . sempre habera polemica
At 1:59 PM, Luís said…
Foi o aberto máis pacífico e con menos tensión que vin na miña vida de palanador.
At 2:09 PM, Liga Norleste said…
Eu en tinte non gasto un can. Pero poida ser que aproveite para facer unha viaxe ó Salnés e o gaste en "tinto".
At 2:10 PM, Liga Norleste said…
O comentario anterior é de Daniel tamén coñecido no eido billardeiro como Asterix
At 10:35 AM, Anônimo said…
Meu gozo nun pozo
Billarda de pago
Cando comeza o pago pra ir os abertos?
Postar um comentário
<< Home