O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 22, 2011

A MÁQUINA DE MALLAR DA LNB E OS CORREFOC DOS DIABLES DE SANTS, ALIANZA INFRANQUEÁBEL CARA A GRAN VICTORIA FINAL!!

A gran máquina de malar da LNB está qye bota lume niste intenso e embravecido verán billardeiro, a porba é cada Aberto que surxe no horizonte , sen ir máis lonzxe, iste vindeiro sábado depois dun anos de barbeito volta o Aberto das troitas da Pontenova na aldea de Santalla que vai ser un novo punto de inflexión niste imparábel lume bo que arde entre os silveiros do país enteiro-

A máquina de mallar que de novo presidíu o pasado e multitudianrio Aberto do fouciño de ouro no Pino púxonos a tod@s a cen ante a magnitude dos acontecementos que iste mesmo martes terán na xuntanza no Restaurante Asador de Barreiros na Conf. Norleste un dos actos centrais na planificación da tempada dista conferencia mae que camiña con paso máis firme ca nunca-


Unha máquina de mallar billardeira que ten na alianza internacionalista un dos seus pilares fundamentais , no marco do pasado fouciño de ouro produiciuse o primeiro cumio gz-cat de comunicación socio-belit-billardeira , grolos de paixón e olladas belixerantes ó presente e futuro dos coordinadores de TOTBÉLIT e o Varal selaron o compromiso para agora màis ca nunca facer valer as nosas armas no contexto hostil no que nos movemos- E non só no país billarda acurralan dende o poder o noso lume, xa que a unha semana do gran enfrontamento que ten á cidade condal colapsada e en vilo entre Casus Belit e Panarrés acaba de producirse a prohibición dos tradicionais correfoc que realizan os irmáns dos Diables de Sants . A pasada tempada en tempo de inverno xa anunciabmos que a LNB ía recurrir ós fachos de lume para alumear o final dos partidos , ide pois preparando as vosas lumieiras para os correlumes que alumearán o lusco e fusco dos abertos de inverno en homenaxe ós Diaños de Sants coa cales nos solidarizamos totalemente por iste tremenda inxutiza que están a sufrir...correfoc sempre, adiante co Varal!!