O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 15, 2011

CALROS SOLLA PROTAGONIZA A 1ª GRAN ACCIÓN DA XUSTIZA POÉTICA NA LNB...UN GROLO DE DRAKE GALAICO PARA CELEBRALO!!

Non podía ser noutro sitio mís emblemático que na desputa do mitico Fouciño de Ouro donde botara a brutal xeira coñecida coma XUSTIZA POÉTICA ....inspirados no gran paso adiante dádo pola xente de Tinta de Lura que apostan pola utilización de canles alternativos coma camisetas, chapas e demáis materiais non convencionais para a difusión poética , na LNB pensouse que as billardas sen dúbida son un medio perfecto para a difusión da mensaxe poética ou literaria na que os palanadores e palanadoras poden intervir tatuando os seus poemas propios , alleos nomeando un poeta , libro , disco ou calquera inscripción que faiga á súa billarda elementro transmisor da súa mensaxe interna-

E coma por telepatía dende as as pistas da LNB e a fronte poética máis activa prodúcese o contaxio , xa que non podía ser outra elección para arrincar a Xustiza Poética que o estalo do poeta e referente absoluto de acción e actitude Carlos Solla , co que inaugurar a que será de seguro a imparábel invasión de poesía e combate nas pistas das LNB. Beseándonos tamén na liña de chapas lanzadas por Tinta de Lura , elexiuse isa patada nos dentes, do autor de Mazingz e do recentemente editado O Vervo Xido a imprescindíbel guía na que penetrar na lingua dos canteiros , a un país sedado para que se erga de contado e empurre as armas da reconquista vital : ESPERTA DO TEU SONO!!

Fai uns días apareceu , no absolutamente referencial web-blog do poeta chamado O Embigo do Becho , ista brutal interpretación dos Chichisos con Carlos ó fronte do himno do antigo reino de Galiza en versión cantada- Dende o preciso intre de velo surxíu a mesmísima idea que o propio poeta nos suxire e que dende xa abrazamos: Ilustres billardeiros, cometo o atrevemento (desculpade a miña arrogancia) de recomendarvos cantar a letriña que argallei para o noso himno máis entrego (e que non tiña) cando, nas vosas competicións, championsligue, abertos, amigábeis, etc., fagades entrega dos correspondentes trofeos e medallas.

Unha interpretación ademáis efectuada durante a presentación do máis ca referencial e recomendábel poemario Pan prós crocodrilos editado por ises lanzadores de marabillosos coitelos dende o Morrazo chamados Barbantesa_ ....lingua azul celeste / de enlouquecida nación tranxénica , so unha lingua así podería ser quen de mergullarse na salvaxe océano de sabor que se experimenta ó tomar un grolo do novo artefacto que se artella lanzar ás pistas da LNB , Atenciñon porque a DRAKE GALAICO ou Mojito do páis xa está en marcha para invadir as gorzas de palanadores , palanadoras e siareiros entresedados de sabores anticoloniais xa que a base diste revolucionario coctel galaico-tropical está nas ortigas e na augardente braca-


AQUÍ PODEDES OBSERVAS O POTENCIA VISUAL DO DRAKE GALAICO, COAS ORTIGAS RECÉN CORTADAS E EMBRAVECIDAS NAVEGANDO NO MÁXICO COCTEL DE AUGARDENTE BRANCA, CHAMADO A SER UN REFERENTE TOTAL DENTRO DO UNIVERSO ALEBRESTRADO DA LNB , POÉTICA NAS TATUAXES DAS BILLARDAS E UN POSTO DE DRAKE GALAICO A PÉ DE PISTA CONDIMENTOS IMPRESCINDÍBEIS XA DISTA GRAN REVOLUCIÓN EN MARCHA QUE NON TEN MARCHA ATRÁS...[ a minha lingua non goza./ de cativa , / practicáronlle unha ablacion de autoestima- Pan pros crocodrilos - Calros Solla]

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home