O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 11, 2011

FELGALCAT OFRECE EN PIORNEDO UN CHEQUE EN BRANCO Á LNB PARA O APOIO Á DIFUSIÓN DA REVOLUCIÓN BILLARDA!!


Moitas veces unha imaxe vale máis ca mil palabras, niste caso é un feixe delas extraídas da galería de fotos do NorLeste , enmudecemos ante a magnitude do suceso e agradecemos á xente de FEGALCAT polo cheque en branco otorgado á LNB para sucesivas accións conxuntas na Galiza e nos Paisos Cataláns donde o 27 de agosto os irmáns de Casus Bélit terán un test importantísmo fronte a franquicia dos Panarrés donde teñen cedido un dos seus xogadores no que estará focalizado ademàis toda a presion cando consiga un tanto a ver se Martí celebrará ou non o tanto. Dende logo o que temos que ceberar en territorio billardeiro é a impresionante pegada de cada un dos Abertos de verán que iste sábado no Fouciño de Ouro no Pino e o Domingo en Celeiro de Mariñaos co explosivo Billarda-Cross terán continuidade ademáis do que poioda surxir polo camiño- Non podemos despedir ista conexion sen resaltar e felicitar á LNB-Ancares polo dóbel asalto en só tres días en Cervantes e Piornedo e agradecer enormemente que instalaran a torreta a pé de pista para a perfecta difucion en tempo real do acontecido na pista polo Varal-Facebook...Ancares Sempre, Adiante co Varal!!