O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 25, 2011

TROITAS NO MONTE DE SANTALLA E LEBRES NAS RÍAS BAIXAS E NO PARLAMENTO EUROPEO!!

Sen dúbida estamos ante un dos máis expresivos e representativos cartaces da filosofía LNB, un deseño e un Aberto referencial que nos xuntan nas poderosas e infranqueábeis terras de Santalla cos brazos e suores do resto de deportistas galegos de seu que coma nós transitan niste gran deserto de toxos e valados asilveirados- A cita iste sábado dende o solpor ate que a noite lle gañe ó día...atención, en sesión de mañá dende as 11:30 H estará aberta a inscripicion no espazo LNB para participar no Concurso de Varados ou tiros directos no que o campìón ou campioa levará un kilo de espectaculares troitas da Pontenva e no serán apartires das 15:30 h . arrincará o gran Aberto de Santalla con trofeos para os primeiros clasificados e cun espectacular kilo de triotas con denominación de orixe da Pontenova tamén para o campión ou campioa do Aberto / Contacto directo: 695.690288

ABERTO DE NANTES -San Xenxo [ DOMINGO 11 H ]

E a acción continúa nas terras do Salnés que ferve e pon a pota ó lume xa en sesión de mañá iste domingo para a partir das 11:00 da mañán na cultural de Nantes (Sanxenxo) haberá unha pequena reunión Aberta para posteriromente realizar o Aberto de billarda que terá ás grandes estrelas do universo salnés brilando niste micro-cosmos francófono das rías baixas/ Contacto directo: 649.325103

ALERTA EN BRUXELAS ANTE A PSICOSE DUNHA POSÍBEL INVASIÓN BILLARDEIRA NAS RÚAS E NO PARLAMENTIÑO EUROPEO:

E cun horizonte de ilusións compartidas nas terras de Santalla a LNB tamén puxo fai uns meses o seu carro de combate á fronte das xestións realizadas pola euro-deputada do Bloco Ana Miranda pertencente ó grupo Europa dos Pobos para impulsar o recoñecemento da billarda e das demàis actividades físicas de raigame galaico coma patrimonio inmaterial- Dende a LNB transmitiuse a Ana Miranda o seu total compromiso co tema e o interese de todo o colectivo en impulsar e acelerar o proceso realizando accións de presión coma Abertos de billarda nas rúas de Bruxelas , fronte ó parlamento ou mesmamente intoducindo billardas no parlamento europeo- Sexa como for na LNB pensamos que as palabras deben ir acompañedas de feitos de presion para que os euro-deputad@s dunha vez por todas sintan o fruar das billardas preto dos seus fuciños. Reproducimos a nota lanzada sobre o tema polos compañeiros de brinquedia , xunto coa alerta á tribo billardeira dos Paises Baixos: Nos últimos meses, vense desenvolvendo unha campaña de comunicación promovida pola AEXDT e desenvolvida polas entidades que forman parte desta rede europea (en Galiza, Brinquedia e a AGXPT). A campaña consiste no contacto coas deputadas e cos deputados que conforman o Parlamento europeo, para darlles a coñecer as nosas reivindicacións e o noso interese na posta en valor do xogo de tradición cultural como elemento patrimonial. As comunicacións comezan a dar algún froito. Aquí en Galiza, Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas, facíase eco da proposta. Eis a pregunta parlamentar presentada o pasado 19 de maio. Tal e como indicabamos enriba, o Grupo Verdes-Alianza Libre Europea, através doBNG e da súa portavoz en Bruxelas Ana Miranda, presentou umha pregunta parlamentar a través do deputado da coalición Europa dos Pobos, o catalán Oriol Junqueras en relación ao que nos ocupa. En palabras de Ana Miranda, é un momento importante, pois “está iniciándose este mes a preparación dun informe do Parlamento Europeo sobre deporte, e pretendemos incidir políticamente sobre esta cuestión para que sexa incluida nas futuras propostas en tema de deporte da Comisión Europea, tanto a nivel de recoñecimento legal como de posible finanzamento”.