O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, agosto 14, 2011

TOÑO DOS FURALOS ACADA O FOUCIÑO DE OURO PARALIZANDO NUNHA GRAN FINAL Á BILLARDA RESPIRADOIRO DE LUIS CAMIÑA!!

Foron moitísimas as sensacións e proxectos que voltaron chimpar dos pratos , dos vasos , da máquina de mallar e dos restos de pallas sobre o que se desputou unha nova , multitudinaria e internacional edición do Fouciño de Ouro. Non se pode arrincar iste primeiro análise trifásico sen salentar a presenza de xogadores da franquia galaico-catalá de Casus Bélit que contaba ademàis coa presenza do palista cediso por ista equipa ó Panarrés cos que se van enfrontar na festas alternativas de Gracia que istes días arranca e que botan lume , Martí o xa coñecido coma o Figo do Bélit subíu alarmantemente a venda de Cachuhas de Porco nas carniceirías de Sants agardando xa que a tensión é máxima agardando ver se celebrará ou non os tantos conqueridos fronte á súa franquicia mae. Tanto el coma Ariadna foron os xogadores màis destacados de Casus Belit que con iste asalto no Pino finalizan o seu stage na galiza e tiran para os Paisos Cataláns afrontar unha durísima tempada regular- Impresionante toda a xornada ,con todas as estrelas competindo niste méitico Aberto e anunciando ademaís un novo aberto para priencipios de setembro - Na final de novo Luis Camiña de Almuniña e ista vez contra Toño de Furalos , o de Marín apresentaba publicamente o seu arma segreda , A Billarda de Respidadeiro coa que se achegou pero de novo quedou ás portas do ceo que conseguíu en Moraña , no Pino coma en Cervantes ....un afinadísmo Toño dos Firabolos segou coma co fouciño se sega un silveiro as esperanzas dos gran palanador de Marín que se converte por mèritos propios nun dos referentes absoluto diste noso desporto e revolución e un dos palanadores clave a bater se alguén se quere facerse cun Aberto. Ademáis Luis mándanos istas espectaculares fotos e ánálise da xornada para que o desfrutemos tod@s:

Camiña dixit_ Aviso a navegantes, esta obra da inxeñería ten (c) copyright , e patente PO-214-08-2011, polo tanto para facer uso dela ten que ser co permiso do autor ( xa que se moven cartos ) pagando dereitos.
O Xermán que non se ria si fun 2º en O Pino. Que nos Ancares amarroume o palán cunha rede cando ía gañarlle
.

Luis Camiña aquí nos amosa o seu arsenal billardeiro coidosamente gardado nun zulo de Marín agardando para deixar K.O a quen se lle poña por diante nos futuros Abertos sexan istes donde sexán....Un Aberto iste do Fouciño de ouro que inaugurou tamén a presenza das billardas da Xustiza Poética, un xeito de apoiar dende as pistas e coa nosas armas a difusión altenativa de estalos poéticos que estána facer os irmáns de tinta de lura , unha Aberto que non puido ter continuidade co Cross de Celeiro de Mariñaos suspendido por un brutal trebón que caeu enriba_


E para mostra un botón, non deixan de impresionarnos a punta de lanza do Komando Almuinha , mentras Jim Morrison aínda se retorce no seu nicho parisino despois de sentir os ecos da brutal adaptación á gaita perpetrada por Anxel durante a o Play Off de Conxo que tamén estivo loitando polo fouxiño de ouro , o grande e referencial Luis Camiña ponlle copy right á súa brutal obra de inxeñeiría chamada billarda de respiradeiro ou furada que racha moldes na aerodiámica billardeira - Se xa non había pouca tensión , emoción e competividade nas pistas a istas horas son moitos os inxeñeir@s das equipas LNB que traballan a destallo nos garaxes para tentar paralizar a efectiviadade da Billarda de Repiradeiro , polo momento a máquina de mallar de Toño Furabolos foi quen de frear a furacán Camiña e a técnica da rede utilizada nos Ancares foi quen de frear ó poderoso e temido tabeirón billadeiro de Marín. A guerra billardeiro-tecnolóxica no desenrollo aerodiámica xa botou a andar!!

5 Comments:

  • At 1:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    ei xerman!
    co de "dos restos de pallas" refireste ao que nom para de fazer o pintos?

     
  • At 1:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    ei xerman!
    co de "dos restos de pallas" refireste ao que nom para de fazer o pintos?

     
  • At 3:17 PM, Anonymous Anônimo said…

    Por que non houbo aberto de billarda no festival do marisquinho de vigo, se estaba media lnb no concerto de bad religion?

     
  • At 3:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Porque como de costume, estaban todos bébedos!

     
  • At 12:19 AM, Anonymous Anônimo said…

    O krilin do Faisca andaba nas urxencias da festa do monte, tivéronlle que recompoñer unha man que lle cortou un tipo cunha botella rota. Se él quedou coa man cortada, imaxenadevos como quedou o outro.

     

Postar um comentário

<< Home