O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 30, 2013

XOSÉ COLLAZO , UNHA VICTORIA E UNHA BANDEIRA QUE PERCORRE O PAÍS DE ORDES Ó EIDO DOURADO!!
















Impresionante imaxe co actual Coroceir@ Nacional sobre o esceario recollendo o premio de segundo clasificado lexitimando a brutal ascensión do gran palanador aborixe da Larancha " Xosé Collazo"  e referente absoluto do concepto de billarda total dentro e fóra da pista , e xunto a eles GendeBeat representando á organización da Festa da República entregou os trofeos ós primeiros clasificados do Aberto todos eles nun esceario presidido pola espectacular  bandeira da República Galega que ise mesmo día se apresentaba publicamente.



















Na Alameda de Composta fai uns anos o gran Xosé Collazo tivo o seu primeiro contacto coa LNB no explosivo Set-Billardeiro do día da Patria , no chan unha metralleta de billardas e na diana xefes de estrado, presidentes do goberno e damáis seres detestábeis ós que os palanadores e palanadoras que por alí pasaron axusticiaban...porque un pau na man non é nada , un Set-LNB na Alameda iso que que é muiñada!!


















E unhas cuantas horas máis tarde e uns centos de km. máis ó norte no espectacular marco do Eido Dourado en Barreiros botaba andar unha nova edición dos encontros culturais que desafiaron unha vez máis á burbulla e ó cemento armado instalado no subconsciente colectivo. Despois do oleaxe jazz no lusco e fusca e no medio da brisa o pintor e activista contra-cultural Celso Dourado tomou a palabra para dirixirse ó asistentes e recordar a ises que non puideron estar desfruttando da noite , uns por mor da represión do destado os independentistas presos e outros coma o poeta ribadense Marino victima das lapas nun lume que acabou coa súa vida e do cal Celso leu un intenso poema titulado " Libélula"-


















E como se tiña anunciado a presentacion da bandeira da República Galega en Ordes tería a súa guinda coa ondaxe da mesma no Eido Dourado transportada ate alí polos referenciais Mini e Mero que pola tarde estaban na estacion vella da Pontragha , os históricos da música galega relizaron un espectacular set acompañados de gaita , pandeireta e bombo e dixeron que nun día tan especial coma o da República Galega tiñan outra actuacion na Gentalha do Pichel , mais non puideron estar alí porque non dan feito... impresionante , dous concertos nun día e con mágoa de non poder realizar o terceiro , MIni e Mero Sempre adiante a República Indíxena Gelega!!   

sexta-feira, junho 28, 2013

ISTA FIND. BILLARDA E REPÚBLICA INDÍXENA GALEGA.!!



















ISTA SEN DÚBIDA É A FIND. NA QUE NAS BILLARDAS E NOS NOSOS CORAZÓNS RESOA CON MAIS FORZA CA NUNCA O BERRO DE APOIO Á URXENTE CONVERSIÓN DO NOSO PAÍS NUNHA NOVA REPÚBLICA INDÍXENA GALEGA....

















Ó IGUAL QUE POR EXEMPLO FAI UNS ANOS OS NOSOS IRMÁS SLOVENOS DO PANDOLO PUIDERON ABRAZAR A LIBERTADE ISTE SÁBADO NA ESTACION VELLA DE ORDES NO MARCO DA FESTA DO 82 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA GALEGA CELEBRARASE ÁS 12 H. DO MEDIODÍA O XA MÍTICO ABERTO DA REPÚBLICA DONDE OS BILLADAS MÁIS CA NUNCA BRUARÁN POR UN FUTURO EN LIBERTADE DONDE EN TODAS AS PORTAS E EDIFICIOS PÚBLICOS ONDEE Ó AR A BANDEIRA DA REPÚBLICA INDÍXENA GALEGA QUE ÁS 17 H SE APRESETNARÁ PUBLICAMENT NUN ACTO DE TRANSCENDENCIA HISTÓRICA QUE CONTARÁ COMA INTRODUCTORES ÓS GRANDES REFERENTES DA MÚSICA GALEGA "MINI E MERO".


















Unha xornada de festa , loita e reivindicacion nacional que en Ordes se estenderá ate a madrugada mais que uha vez apresentada a Bandeira da República Indíxena Galega e transladados por Mini e Mero ó rematar a súa actuacion . a Bandeira ondeará firme e orgullosa no Eido Dourado de Barreiros donde se celebrará unha nova edición dos referenciais Encontros artísticos que a partires das 8 do serán porán en evidencia ó camposanto de cemento sobre o que se asenta a iste concello de mariña de Lugo.

















E para arrincar o find. de semana nada mellor que pasarse pola de seguro impactante sesion dos Bufet Libre galegos " Graha&Eric" será iste venres na sala "O Paso de Ribadeo" donde istes dous xoves Djs con proxeccion internacional poranse ós mandos na cabina do tres eixos no incendiario contexto festa fin de curso . O gran palanador dos Outros "Eric" que acariñou a Coroza en Conxo na edicion 2012 do Play Off Nacional vai tomarse un ano sabatico alonxado das pistas de xogo para centrárse sobre todo nas pistas de baile a donde dirixe agora os seus espectaculares e contaxiosos Varados de Deep-House.
















E donde vai haber música acompañando ós golpexos da madeira sobre a madeira será iste sábado na pista cuberta do Museo del Pueblu de Asturies en Xixón donde os activistas do Liriu , ó ritmo da sibra petando no vidro , van celebrar unha nova enganchada baixo a espectacular denominacion de Abiertu  Día d´Ástura na que o CNL contará cun feixazo de colectivos implicados , a cita será apartires das 17:30 h e de seguro servirá tamén para que o Liriu organice o seu comando Anho Mouro.

















E cara ás terras do Bierzo a brutal accion billardeira tamén se recrudece xa que iste sábado apatires das 16:30 h. no campo do recinto feiral das Dehesas ( Ponferrada ) se celebrará o Torneo preparación do gran Master5 , un ensaio nuclear que terá espectaculares presmios en metálico ademáis dun xamón para o campión ou campioa.


















Mais afrontamos unha find. no que a billarda e a esixencia dunha República Indixena Galega  se dan a man para xunguidos ir cara un horixonte da libertade , non será unha travesía doada polo que xa podemos relatar extremcedores casos de represion cara ós artistas e activistas billardeiros coma Luis Pirucha que xusto foi cargar no seu carro na maleta ó carón dos paláns e billardas a caixa coas obras impresas do seu libro de narrativa indíxena que ó tan só percorrer uns cuantos Km.  foi interceptado polas forzas policiais , así o relata o propio artista nun extremedor estalo>>Hoxe en Tuiu pararonme nun control da policía nacional. Mandaronme abrir o maletero e preguntaronme que eran eses paus que tiñan. Dixen que era de billarda e o poli sabía o que era. A cuestión é que tiña a caixa cos libros impresos, colleu un e preguntoume que era. Recén impreso hoxe e xa o están perseguindo"  . Sexa como for , Luis Pirucha e o seu equipo anti-editorial da LNB xa están matinando nun explosivo BookTrailer para o " O Homen com o pescoço unido ao cerebro" no que iste acontecemento represivo centre a trama do video-estalo . ..República Indíxena Galega Sempre, Adiante co Varal e co fronte Anti-Editoriral da LNB!!

quarta-feira, junho 26, 2013

CON XAMÓNS, SARDIÑAS , PAN E CERVEXA ARTESÁ VAISE CARA O VARAL!!



































Saltaron todas as alarmas no universo deportivo internacional ó ver o espectacular cartaz anunciador do Aberto Previo ó gran Torneo por Equipas Master5 de Ponferrada no que moitos creron ver ó novo adestrador do madrid "Carlo Ancelotti " trocando o fútebol pola billarda.  A cita será iste sábado no recinto feiral das Dehesas ( Ponferrada ) . Un xamón e premios en matálico son os reclamos que amosan ás claras que os activistas billardeiros van en serio e camiñan firme cara isa tan desexada futura Conferencia Bierzo da LNB.

















Uns premios que nada teñen que desmerecer os espectacular Trofeos-Carnelao do Aberto LipeLape desputado o pasado sábado en Marin , un pódium , presidido polo autor do arrepiante libro " O professor de literatura " desexando descender do olimpo  á terra para procurar un moquelo de pan do país no que asentar os exquisitos petiscos , uns petiscos que iste sábado en Barro terán o seu paralelismo líquido no I Festival de Cervexas Artesanais de Galiza no que os irmàns  de Menduiña estarán presentes e donde as sedentas pinchas da Conf. Sur preparan para irse de Canhas e realizar unha posíbel accion lóstrego-billardeira!!
















E ogallá que ista arrebatadora obra do pop-art billardeiro froito do Aberto Lipi-Lape non fora aberta para nun futuro poder estar explosta á masas no Museo de Arte Billardeiro que a LNB xa está a matinar...Con Xamóns , Sardiñas , Pan e Cervexa Artesanal vaise cara o Varal!!

terça-feira, junho 25, 2013

A TORMENTA PERFECTA!!














O gran proxecto contra-cultural da LNB imparábel coma a táboa de surfmaorí na que o gran Oscar García está arreodeando a costa do país enteiro para conseguir o seu espectacular e histórico reto do Desafío Galicia. Bágoas no ollos ó alviscar a illa Coelleira no Vicedo son un dos extremeceosores intres que relata no seu Caderno de Bitácora que por mor do complexo e da dureza da travesía estancouse na etapa-4 , somos moitos os que pegamos segundo a segundo os fuciños ás pantallas para no seu facebook oficial seguir e empurrar cos nosos paláns a Oscar. No ecuador do Desafío na Costa da Morte , surxe o arrebato da composicion do libro do Desafío que pausadamente relate e analice o complexo da aventura un feito que conecta directemente co gran Desafío que o surfeiro gráfico Antón Romero xunto coa LNB ten en marcha para dar forma ó gran libro infantil ilustrado de temática billardeira que vai ser un auténtico bombazo...
 
















na súa táboa pola costa e as billarda da LNB polo interior , Galiza está sendo asediada por todos os frontes pola vangarda deportiva e social para liberarnos defintivamente do xugo dunha maldita Banda Sonora Establecida , coa máxia condensada en espectaculares latas de sardiñas , iste sábado antes do estourido das charamenas nos lumes de Marín o deus Lipe-Lape congregou unha multirude para a celebracion dun Aberto que impregnou coa súa forza das unha das sardiñas inxeriadas na noite de San Xoan.



















Lipi-Lape , ise é o nome elexido para o cabalo que transporta ós activistas da LNB de festival en festival donde xunto coas billardas e as ilusións compartidas carrexan as ansias de conexión stereotipadas.
























Unha conexión internacional e internacionalista que cuallou de xeito espectacular na creacion billardeira de Antón Romero (RuAn) >> " Golpiño e Pincha " que baixo a identidade nacional asturiana de "Zarrapastrón y Birya" son os voceiros oficiais para o CNL ( Conceyu Nacional del Liriu ) anunciar a espectacular accion do vindeiro domingo día 29 de Xuño na pista cuberta do Pueblu d¨Asturies en Xixón....Zarrapastrón y Birya Sempre, Adiante a fronte contra-cultural!!

sexta-feira, junho 21, 2013

LUME NOVO E SARDIÑAS....TAMÉN NO UNIVERSO BILLARDA!!

















A ollada firme no horizonte cara o Varal e desafíos do futuro incerto que a universidade lle prantexa ó alumnado alegre e combativo galego , é por elo que o gran palanador Cristian de Gharabotos sostén a faixa na rúa e posiciónase fronte ó atril de concursante no plató de Verbas Van para poder facer fronte ó imposto anti-revolucionario que marcan as taxas feixistas da matrícula na USC.





















E do prató da Galega á grella de San Xoán da Cañota donde equipa na que milita Cristian iste sábado organiza un novo gran Aberto de Lipe-Lape na vila de Marín donde o doce cheiro das sardiñas se misturará co bruar das billardas...

















E outro chimpo é que realiza Martín , o gran palanador dos Carabullo de Muimenta que dende Belfast donde estivo dando unha leccion maxistral formando parte da Auténtica fronte á poderosa Eire, iste sábado trocará o palán poal guitarra electrica para debutar con Ex-tension Agraria na explosiva accion anti-akustica no marco do aniversario do intituto chairego donde os membros meirenses da banda de rock-indixenista galego se botaron a perder definitivamente . Un dos pratos fortes será a reunion 30 anos despois do seu derradeiro concerto na Pontenova da mítca banda de Meira Desgaste. E se o domingo queres coller folgos no centro social Xebra de Burela gran cea de irmandade "Lume Novo" que vai servir tamén para por en marcha os preparativos cara á posta en marcha da súa equipa billardeira...Parcelaria Nom, nen para coller impulso!!

quinta-feira, junho 20, 2013

COLLE O PALÁN, RACHA A BATUTA E OUSA ARRINCARTE EN CONTRATEMPOS!!



E MOITO OJITO...PORQUE VEÑEN ILEGALIZARNOS- ise é un dos espectaculares samplers do video-estalo producido por Tele-Varal de apoio e promoción do Aberto de Billarda na gran Festa da República Galega que terá lugar iste vindeiro sábado 29 de Xuño en Ordes.  














Un brutal puzzle de sensacions cuxa base poética ten a súa orixe no video da Festa da República Galega realizado polo irmán BOCI xa sobre  a edición do ano pasado e unhabrutal e incendiaria base sonora producida nun zulo de Burela de Cabo polo activista blues e funk-metal " O Comandante Suso" un histórico militante do kalashnikov de seis cordas e un cordoncelo na referencial banda bi-polar  "Tom&Jerry" con campo base mariña da lugo e cuxa lenda de músico salvaxe e implacábel  nista segunda década do século 21 está a ampliarse fulgurantemente por todo o país adiante baixo o cinematográfico e sanguinario alcume do" Mariachi da LNB".

quarta-feira, junho 19, 2013

"DANIELA" O WORKSHOP DE BILHARDA DE BRAGA PROCLAMA A PRIMEIRA GRANDE ESTRELA DA CONFERÊNCIA MINHO!!


















Berros de Galiza capital Braga estouraron na brutal festa do venres pasado no Peste Braguense animada pola referencial Liga de Gaiteir@s Galega...unha plataforma irmá da LNB por nomenclatura e por filosofía xa que algún dos superviventes da Foliada foron os que protagonizaron ó día seguinte o histórico " Workshop de Bilharda" que catapultou á palanadora lusa " Daniela" coma a vencedora dise Aberto inscribindo así o seu nome a ferro quente na pel da besta brava que é a Liga Naciona de Billarda . Aínda está quente a Coroza no Restarante A Gata Meiga de Poio que sinalou ó actual Coroceiro Nacional Daniel dos Billardeiros Musicais , mais dende a semente da futura Conferência Minho xa surxen xeitos e actitudes tan potentes coma os de Daniela , que ademáis comparte base nominal co actual campión nacional absoluto , para que máis pronto que tarde unha palanadora se convirta en Coroceira Nacional da LNB ...Os tempos son chegados , adiante Confererência Minho , adiante palanadoras vestindo a Coroza!!

terça-feira, junho 18, 2013

"DESAFÍO GALICIA"....ARRINCOU NAS CATEDRAIS A BRUTAL AVENTURA SOLIDARIA DUN SURFER IRMÁN DA LNB!!

















Imaxes extremecedoras da primeira etapa que uníu a Praia da Catedrais con Burela no espectacular Desafío Galicia que ten ó activista surfeiro Oscar García megullado nunha aventura histórica cun transfondo solidario cuxo destinaratios son os nenos e neas de raiolas.

















Un reto que índa que en fase embrionaria ten tamén mergullado en terras lusas ó activista contra-cultural da LNB , Luis Pirucha , para tentar volcar e involucrar ó pobo Potugues na imparábel revolucion billardeira cuxo punto de partida foi a brutal accion de partida realizada en Braga baixo a denominacion de " Workshop Bilharda" . 

















Impresioante inico de Deasafío cuxa presentacion oficial se desenrolou a pé de praia a primeira hora da mañá iste luns , dando inido así a unha complicadísma travesía na que a nosa forza , paláns e billarda acompañan a oscar en cada palada sobre a súa táboa.


















A mesma forza que coa que a LNB traballa a reo ó carón de Marisa Moreda , a activista nas ondas e valedora na Universidade do Minho de Braga para Luis Pirucha poida por en desenrolo toda a súa teima divulgativa alem das augas do río mae.












Desafíos fluviais e oceánicos que se funden na ollada famenta de Oscar cando alvisca o terra coma aconteceu na espectacular imaxe que nos ofreceu en exclusiva mundial no seu facebook ó caron do Vicedo finalizando a segunda etapa ...

















e nos golpexos dos palandores e palanadoras do Minho que partciparon iste sábado no " Workshop Bilharda" impartido por Luis Pirucha que na súa vértixe literaria desafía ó mesmísimo Castelao e ó dito que sitúa coma o peor bocado d animal na carne do pescozo






Das Catedradráis á Guarda en 16 etapas nas que seremos moitos os palanadores e palanadoras que esteñamos pegados coma lapas ás pedras da táboa de Oscar seguindo a súa referencial aventura que sementa o noso espírito desafiante para tentar de trazar coma el grandes retos aferrados no canto dunha táboa a unha billarda e un palán.

















Polo momentos as bilhardas da LNB xa brúan alem Minho alviscando o horizonte da lusofonía polo que sen dúbida é o de amosar a travesía que unha bilharda coma Oscar na súa táboa atravesou o océano dende unha pista de Burela a Cabo Verde...Adiante Oscar, Tod@s Somos Desafío!!

domingo, junho 16, 2013

ARDEM OS MONTES , QUEIMA-SE A TERRA , E A CALOR ESPALHA-SE PELO AR!! ( o homem com o pescoço...)

















Coma os pementos de herbón uns Abertos pican e outros non....e os dista fin de semana salvaxe son dos que deixan e boca ardendo pedindo viño a regos...


















E quen di viño, di tamén licor café , cubalibres , cervexas....e incluso unha miguiña de auga ( ardente ) claro para aclarar as ideas e a vista fronte uns paraxes espectaculares como foron a campo de xogo de Vilaselán e a impresiponante explanada no altipalano de Manzaneda donde se celebrou ista fin. o referencial festival da Rebusca. 

















Unha vez máis a LNB afrontaba unha brutal proba de fogo xa que fóra de cartaz , sen indicadores nen ostias coma un lostrego na noite lanzado un par de días antes pola potentisíma rede anti-social da LNB ... ás 12h do sábado unha multitude agardaba sedenta de Varados no incendiario Set-LNB situado a máis de 1000 metros de altitude do nivel do mar.  

















Un mar e unha brisa que acariñou a pel dos palanadores e palanadores que se lanzaron sen rede á desputa do Aberto do Pemento que puña á brava parroquia ribadense de Vilaselán coma un punto estratéxico máis no referencial e poderoso atlas billardeiro que entre todos estamos construindo.

















Uns campos de operacions e un contexto de urxencia alicerces para que todo activista LNB leve sempre , ó igual que viste calzoncillos ou bragas . os paláns e billardas polo que poida pasar ou surxir...


















Loucura ceiba que se desatour nas entregas de premios tanto en Vilaselán coma en Manzaneda donde O Comandante Viana da Faisca voltou facer das súas deixando a máis de 60 palanadoras e palanadoras ó seus pes , tres dianas en forma de Varados Indixenistas catapultan ó referencial activista LNB con letras de ouro no libro dos records da LNB xa que se proclama campión no torneo de billarda realizado a máis altitude. Sen dúbida a súa militancia no Rocódromo da Faisca foi clave para que Viana despois do seu gran triunfo en Manzaneda poida ser consirado coma o auténtico Spiderman da LNB.


















E no retorno ó nivel do mar físico mais non emocional ... despois do Aberto do Pemento, Javito ,  o gran palanador aborixe de Vilaselán e activista dos Remourelle Bulls realizou unha disas accions que marcan a diferencia e selan o compromiso e irmandade cun xeito de existir e resistir..


















Altitude , nivel do mar e pateiras para saír do país rumbo a Braga donde o palanador artisticamente coñecido coma Luis Pirucha dispensaba o sábado unha nova intervencion  billardeira en chan luso que recibíu a espectacular denominacion de " Workshop de Bilharda".



















Un activista billardeiro e contra-cultural na súa expresion máxima que acaba de rematar o incendiaro calidoscopio narrativo cuxa versión dixital xa podes pedirlle ó autor porque dende logo nengun estante dunha libraría podería soportar o súa intensidade emocional traducida fisicamente . Touro coa celebracion do mítico Aberto do Folk in Río cerrou o intenso find, mais outro Touro , ista vez coa forza dun boi da chega se desatará en ti se te atreves a descubrir os contos do ilustrador que nunha deben ser ilustrados >> " Cortando a empanada quase ocorre uma desgraça.."

sexta-feira, junho 14, 2013

SALVAXE FIND BILARDEIRO ...PEMENTOS EN VILASELÁN , FOLK E TABERNAS EN TOURO E FOLLAS DE COCA E LICOR DE HERBAS NA REBUSCA EN MANZANEDA!!






















Espectacular arrinque de xeira de post-tempada regular cun fin de semana que quita o hipo , coa febre do parroquial no corpo a serpe multicor da Norleste inaugura iste venres un novo espazo billardeiro no concello de Ribadeo , será no marco das festas de San Antón en Vilaselán donde apartires das 20 h. dará comezo nun impresionate campo de xogo convertido nunha auténtica alfombra por obra , graza e segadora do gran palanador Javito dos podeorosos Remourlle Bulls o explosivo I Aberto do Pemento , un xesto de apoio ó productories autócotonos dista auténtica xoia orixinaria das leiras de Herbón. / Contacto: 619.570976

















Un fin de semana que terá o seu epicentro billardeiro no punto máis alto no que xamais se celebrou un Aberto , a máis de 1000 metros de altitude no marco do festival da Rebusca en Manzaneda situarase apartires das 12 h, o Set-LNB no que os festivaleir@s poderan tentar realizar o seu primeiro varado nista accion de irmandade entre o pobo Boliviano e Galego que a LNB pon en marcha para defender o dereito a plantar e consumumir folla do Coca en ambolos dous paises de fonda raigame indíxena e cocaleira.



E foi o Evo Morales galego , Tonho Randeeira, que formou parte  daquela primeira e mítica e expedicion billardeira ó mazizo de Soutipedre, resumida niste xa histórico video-estalo,  donde se sentaron as bases do tan desexado asentamento da LNB en Ourense parámentros istes nos que tamén se basea a arriscada perfomance do Set-LNB na Rebusca de Manzaneda. Set-LNB : 627.780891

















E non penses que o domingo vas poder quedar na cama dormindo a mona porque apartires das 11 h da mañá no marco do referencial festival Folk in Río de Touro desputarase a 4º edición dun xa mítico Aberto nas terras do universo estornela. Contacto : 654.232108 - En cada varado estouran ouveos interiores e colectivos rebordando vida e paixón, non importa que non vexas ninguén na negrume das tobeiras porque sabes e sabemos que somos multitude que se multiplica en cada golpexo da madeira contra a madeira niste noso infindo círculo vicioso. 

terça-feira, junho 11, 2013

O CASTRÓN ALADO DE RIBADEO E O AÑO MOURO DO INTERPARROQUIAL DA LNB....A DEVESA PREPÁRASE PARA RECIBIR AS BRUTAIS AS EMBESTIDAS!!

Istes días coñeceuse a sentencia pola cal o Museo Provincial de Lugo pode perder varias das súas principais  e máis representativas pezas , entre eslas destacna o Torques de Burela , o mais grande atopado na Galiza e a espectacular figura do " Cordeiro alado de Ribadeo" reclamados pola familia do artista que doou istas xoias ó Museo xestionado pola Deputacion de Lugo, unha institucion que acelera os as xestions de negociacion coa familia posuidora dos dereitos que tamén esixe un feixazo de cartos amparados na lexítima resolucion xudicial. Nunintre no que xa se ultiman os preparativos na campo de futbol da Devesa para acoller a nova edicion do explosivo Torneo por equipas do Interparroquial-2013 o Año Mouro da LNB emerxe cun espectacular alaido como é O Castrón alado de Ribadeo cuxos cornos teñen en xaque á unha antaño todo poderosa institucions que hoxe está en vías de extinción...















Un Interparroquial-2013 para o que a Conf. Norleste ultima todos os preparativos e para o que , atentos ás pantallas , moi pronto se confirmará a data para que todas as equipas poidan ir afiando as billarda e os coitelos porque atencion , iste ano o Año do Interparroquial e o Castrón alado de Ribadeo chegan ó campo de xogo da Devesa dispostos a tomarse a xustiza pola man e vingarse de palanadores e palanadoras facendo correr a sangue a regos.... Interparroquial Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, junho 10, 2013

A ESQUIZOFRÉNIA MEDIÁTICA E A LUDOPATÍA INMATERIAL!!
















Dise tempo no que os nenos e nenas galeg@s nas escolas , institutos e universidades tiñan diferentes varas de medir dependendo do estatus do que viñan ou do enchufe co que chegaban ás aulas semella sacada o artigo adicado ós supostos xogos tradicionais do suplemento culturas da voz publicado iste pasado sábado. Ista imaxe está tomada fan tan só uns días nun colexio de Bueu , donde os activistas da equipa LNB de Corredoiras están coordiando de xeito totalmente autoxestionado unhas xornadas chamadas Cachizas na Escola coas que tentan achegar o noso deporte nacional a centos de rapaces e rapazas nise concello no que supón a súa primeira gran experiencia billardeira que de non existir a LNB sería imposíbel que puideran experimentar.
















Fai unhas semanas un dos palanadores de Filloas de Sangue da mítica Conf. NorOeste, David Fontán, coordianou unha espectacular palestra-LNB no colexio maior Fonseca de Compostela donde a comunidade universitaria puido tomar conciencia do conflicto billardeiro latexante en todo o país .
















Fai tan só unha semana as crianças que se deron cita en Santa Mariña de Coorcoesto na accion de condea ó xenocidio mineiro , grazas ós activistas da Conferência Bergantinhos da LNB tiveron o seu primeiro contacto coa billarda ....o berro de xustiza coa terra emerxeu en cada golpexo dos nenos e nenas!!
















Esperta do teu sono foi un o lema utilizado pola LNB nun inicio de tempada que saíu a relocer na Palestra-LNB de Fonseca que rematou nun espectacular Abertinho , un perfecto título que resume toda a acción dos elementos que forman o calidoscópio billardeiro da LNB ....con prisa e sen pausa , nen un paso atrás nen para coller impulso!!

















Mais nada disto existe para un xornal que iste sábado no suplemento Culturas publicou un especial sobre xogos tradicionais , o Osiño da LNB roubou o suplemento nun bar e saíu escopeteado depois de tomar de Varado o seu sol e sombra , tranquilamente puido ler o artigo asinado por dous xuntadores de palabras chamados Rodri García e Marta Otero no que naturalmente non se nomeaba nen á LNB nen sequera ó deporte nacional chamado Billarda . Fantástico pois.. para a voz e para os "expertos"  entrevistados no artigo nen a Billarda nen a LNB existen :  ...na recuperacion distes xogos , que son anacos da história dun pobo , hai tres ou catro colectivos responsables . Serían os clubs de chave, bolos e actividades semellantes ... / Activadores e activadoras Semellantes , Adiante co Varal!!