O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 28, 2013

ISTA FIND. BILLARDA E REPÚBLICA INDÍXENA GALEGA.!!



















ISTA SEN DÚBIDA É A FIND. NA QUE NAS BILLARDAS E NOS NOSOS CORAZÓNS RESOA CON MAIS FORZA CA NUNCA O BERRO DE APOIO Á URXENTE CONVERSIÓN DO NOSO PAÍS NUNHA NOVA REPÚBLICA INDÍXENA GALEGA....

















Ó IGUAL QUE POR EXEMPLO FAI UNS ANOS OS NOSOS IRMÁS SLOVENOS DO PANDOLO PUIDERON ABRAZAR A LIBERTADE ISTE SÁBADO NA ESTACION VELLA DE ORDES NO MARCO DA FESTA DO 82 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA GALEGA CELEBRARASE ÁS 12 H. DO MEDIODÍA O XA MÍTICO ABERTO DA REPÚBLICA DONDE OS BILLADAS MÁIS CA NUNCA BRUARÁN POR UN FUTURO EN LIBERTADE DONDE EN TODAS AS PORTAS E EDIFICIOS PÚBLICOS ONDEE Ó AR A BANDEIRA DA REPÚBLICA INDÍXENA GALEGA QUE ÁS 17 H SE APRESETNARÁ PUBLICAMENT NUN ACTO DE TRANSCENDENCIA HISTÓRICA QUE CONTARÁ COMA INTRODUCTORES ÓS GRANDES REFERENTES DA MÚSICA GALEGA "MINI E MERO".


















Unha xornada de festa , loita e reivindicacion nacional que en Ordes se estenderá ate a madrugada mais que uha vez apresentada a Bandeira da República Indíxena Galega e transladados por Mini e Mero ó rematar a súa actuacion . a Bandeira ondeará firme e orgullosa no Eido Dourado de Barreiros donde se celebrará unha nova edición dos referenciais Encontros artísticos que a partires das 8 do serán porán en evidencia ó camposanto de cemento sobre o que se asenta a iste concello de mariña de Lugo.

















E para arrincar o find. de semana nada mellor que pasarse pola de seguro impactante sesion dos Bufet Libre galegos " Graha&Eric" será iste venres na sala "O Paso de Ribadeo" donde istes dous xoves Djs con proxeccion internacional poranse ós mandos na cabina do tres eixos no incendiario contexto festa fin de curso . O gran palanador dos Outros "Eric" que acariñou a Coroza en Conxo na edicion 2012 do Play Off Nacional vai tomarse un ano sabatico alonxado das pistas de xogo para centrárse sobre todo nas pistas de baile a donde dirixe agora os seus espectaculares e contaxiosos Varados de Deep-House.
















E donde vai haber música acompañando ós golpexos da madeira sobre a madeira será iste sábado na pista cuberta do Museo del Pueblu de Asturies en Xixón donde os activistas do Liriu , ó ritmo da sibra petando no vidro , van celebrar unha nova enganchada baixo a espectacular denominacion de Abiertu  Día d´Ástura na que o CNL contará cun feixazo de colectivos implicados , a cita será apartires das 17:30 h e de seguro servirá tamén para que o Liriu organice o seu comando Anho Mouro.

















E cara ás terras do Bierzo a brutal accion billardeira tamén se recrudece xa que iste sábado apatires das 16:30 h. no campo do recinto feiral das Dehesas ( Ponferrada ) se celebrará o Torneo preparación do gran Master5 , un ensaio nuclear que terá espectaculares presmios en metálico ademáis dun xamón para o campión ou campioa.


















Mais afrontamos unha find. no que a billarda e a esixencia dunha República Indixena Galega  se dan a man para xunguidos ir cara un horixonte da libertade , non será unha travesía doada polo que xa podemos relatar extremcedores casos de represion cara ós artistas e activistas billardeiros coma Luis Pirucha que xusto foi cargar no seu carro na maleta ó carón dos paláns e billardas a caixa coas obras impresas do seu libro de narrativa indíxena que ó tan só percorrer uns cuantos Km.  foi interceptado polas forzas policiais , así o relata o propio artista nun extremedor estalo>>Hoxe en Tuiu pararonme nun control da policía nacional. Mandaronme abrir o maletero e preguntaronme que eran eses paus que tiñan. Dixen que era de billarda e o poli sabía o que era. A cuestión é que tiña a caixa cos libros impresos, colleu un e preguntoume que era. Recén impreso hoxe e xa o están perseguindo"  . Sexa como for , Luis Pirucha e o seu equipo anti-editorial da LNB xa están matinando nun explosivo BookTrailer para o " O Homen com o pescoço unido ao cerebro" no que iste acontecemento represivo centre a trama do video-estalo . ..República Indíxena Galega Sempre, Adiante co Varal e co fronte Anti-Editoriral da LNB!!