O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 21, 2013

LUME NOVO E SARDIÑAS....TAMÉN NO UNIVERSO BILLARDA!!

















A ollada firme no horizonte cara o Varal e desafíos do futuro incerto que a universidade lle prantexa ó alumnado alegre e combativo galego , é por elo que o gran palanador Cristian de Gharabotos sostén a faixa na rúa e posiciónase fronte ó atril de concursante no plató de Verbas Van para poder facer fronte ó imposto anti-revolucionario que marcan as taxas feixistas da matrícula na USC.





















E do prató da Galega á grella de San Xoán da Cañota donde equipa na que milita Cristian iste sábado organiza un novo gran Aberto de Lipe-Lape na vila de Marín donde o doce cheiro das sardiñas se misturará co bruar das billardas...

















E outro chimpo é que realiza Martín , o gran palanador dos Carabullo de Muimenta que dende Belfast donde estivo dando unha leccion maxistral formando parte da Auténtica fronte á poderosa Eire, iste sábado trocará o palán poal guitarra electrica para debutar con Ex-tension Agraria na explosiva accion anti-akustica no marco do aniversario do intituto chairego donde os membros meirenses da banda de rock-indixenista galego se botaron a perder definitivamente . Un dos pratos fortes será a reunion 30 anos despois do seu derradeiro concerto na Pontenova da mítca banda de Meira Desgaste. E se o domingo queres coller folgos no centro social Xebra de Burela gran cea de irmandade "Lume Novo" que vai servir tamén para por en marcha os preparativos cara á posta en marcha da súa equipa billardeira...Parcelaria Nom, nen para coller impulso!!

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home