SALVAXE FIND BILARDEIRO ...PEMENTOS EN VILASELÁN , FOLK E TABERNAS EN TOURO E FOLLAS DE COCA E LICOR DE HERBAS NA REBUSCA EN MANZANEDA!!
Espectacular arrinque de xeira de post-tempada regular cun fin de semana que quita o hipo , coa febre do parroquial no corpo a serpe multicor da Norleste inaugura iste venres un novo espazo billardeiro no concello de Ribadeo , será no marco das festas de San Antón en Vilaselán donde apartires das 20 h. dará comezo nun impresionate campo de xogo convertido nunha auténtica alfombra por obra , graza e segadora do gran palanador Javito dos podeorosos Remourlle Bulls o explosivo I Aberto do Pemento , un xesto de apoio ó productories autócotonos dista auténtica xoia orixinaria das leiras de Herbón. / Contacto: 619.570976
Un fin de semana que terá o seu epicentro billardeiro no punto máis alto no que xamais se celebrou un Aberto , a máis de 1000 metros de altitude no marco do festival da Rebusca en Manzaneda situarase apartires das 12 h, o Set-LNB no que os festivaleir@s poderan tentar realizar o seu primeiro varado nista accion de irmandade entre o pobo Boliviano e Galego que a LNB pon en marcha para defender o dereito a plantar e consumumir folla do Coca en ambolos dous paises de fonda raigame indíxena e cocaleira.
E foi o Evo Morales galego , Tonho Randeeira, que formou parte daquela primeira e mítica e expedicion billardeira ó mazizo de Soutipedre, resumida niste xa histórico video-estalo, donde se sentaron as bases do tan desexado asentamento da LNB en Ourense parámentros istes nos que tamén se basea a arriscada perfomance do Set-LNB na Rebusca de Manzaneda. Set-LNB : 627.780891
E non penses que o domingo vas poder quedar na cama dormindo a mona porque apartires das 11 h da mañá no marco do referencial festival Folk in Río de Touro desputarase a 4º edición dun xa mítico Aberto nas terras do universo estornela. Contacto : 654.232108 - En cada varado estouran ouveos interiores e colectivos rebordando vida e paixón, non importa que non vexas ninguén na negrume das tobeiras porque sabes e sabemos que somos multitude que se multiplica en cada golpexo da madeira contra a madeira niste noso infindo círculo vicioso.
1 Comments:
At 12:10 AM, Anônimo said…
non os abertos veganos
veganos fora
veganos fora
veganos fora
Postar um comentário
<< Home