A ESQUIZOFRÉNIA MEDIÁTICA E A LUDOPATÍA INMATERIAL!!
Dise tempo no que os nenos e nenas galeg@s nas escolas , institutos e universidades tiñan diferentes varas de medir dependendo do estatus do que viñan ou do enchufe co que chegaban ás aulas semella sacada o artigo adicado ós supostos xogos tradicionais do suplemento culturas da voz publicado iste pasado sábado. Ista imaxe está tomada fan tan só uns días nun colexio de Bueu , donde os activistas da equipa LNB de Corredoiras están coordiando de xeito totalmente autoxestionado unhas xornadas chamadas Cachizas na Escola coas que tentan achegar o noso deporte nacional a centos de rapaces e rapazas nise concello no que supón a súa primeira gran experiencia billardeira que de non existir a LNB sería imposíbel que puideran experimentar.
Fai unhas semanas un dos palanadores de Filloas de Sangue da mítica Conf. NorOeste, David Fontán, coordianou unha espectacular palestra-LNB no colexio maior Fonseca de Compostela donde a comunidade universitaria puido tomar conciencia do conflicto billardeiro latexante en todo o país .
Fai tan só unha semana as crianças que se deron cita en Santa Mariña de Coorcoesto na accion de condea ó xenocidio mineiro , grazas ós activistas da Conferência Bergantinhos da LNB tiveron o seu primeiro contacto coa billarda ....o berro de xustiza coa terra emerxeu en cada golpexo dos nenos e nenas!!
Esperta do teu sono foi un o lema utilizado pola LNB nun inicio de tempada que saíu a relocer na Palestra-LNB de Fonseca que rematou nun espectacular Abertinho , un perfecto título que resume toda a acción dos elementos que forman o calidoscópio billardeiro da LNB ....con prisa e sen pausa , nen un paso atrás nen para coller impulso!!
Mais nada disto existe para un xornal que iste sábado no suplemento Culturas publicou un especial sobre xogos tradicionais , o Osiño da LNB roubou o suplemento nun bar e saíu escopeteado depois de tomar de Varado o seu sol e sombra , tranquilamente puido ler o artigo asinado por dous xuntadores de palabras chamados Rodri García e Marta Otero no que naturalmente non se nomeaba nen á LNB nen sequera ó deporte nacional chamado Billarda . Fantástico pois.. para a voz e para os "expertos" entrevistados no artigo nen a Billarda nen a LNB existen : ...na recuperacion distes xogos , que son anacos da história dun pobo , hai tres ou catro colectivos responsables . Serían os clubs de chave, bolos e actividades semellantes ... / Activadores e activadoras Semellantes , Adiante co Varal!!
4 Comments:
At 1:14 PM, Anônimo said…
Marta Otero é o nome profesional de Rubén Otero?
Dende que é vegano todo vai de mal en peor.
At 5:56 PM, Anônimo said…
Fica demostrado que o veganosmo é inimigo da LNB
At 5:57 PM, Anônimo said…
Veganismo*
At 10:13 PM, Anônimo said…
desterremos os vegamos
Postar um comentário
<< Home