CON XAMÓNS, SARDIÑAS , PAN E CERVEXA ARTESÁ VAISE CARA O VARAL!!
Saltaron todas as alarmas no universo deportivo internacional ó ver o espectacular cartaz anunciador do Aberto Previo ó gran Torneo por Equipas Master5 de Ponferrada no que moitos creron ver ó novo adestrador do madrid "Carlo Ancelotti " trocando o fútebol pola billarda. A cita será iste sábado no recinto feiral das Dehesas ( Ponferrada ) . Un xamón e premios en matálico son os reclamos que amosan ás claras que os activistas billardeiros van en serio e camiñan firme cara isa tan desexada futura Conferencia Bierzo da LNB.
Uns premios que nada teñen que desmerecer os espectacular Trofeos-Carnelao do Aberto LipeLape desputado o pasado sábado en Marin , un pódium , presidido polo autor do arrepiante libro " O professor de literatura " desexando descender do olimpo á terra para procurar un moquelo de pan do país no que asentar os exquisitos petiscos , uns petiscos que iste sábado en Barro terán o seu paralelismo líquido no I Festival de Cervexas Artesanais de Galiza no que os irmàns de Menduiña estarán presentes e donde as sedentas pinchas da Conf. Sur preparan para irse de Canhas e realizar unha posíbel accion lóstrego-billardeira!!
E ogallá que ista arrebatadora obra do pop-art billardeiro froito do Aberto Lipi-Lape non fora aberta para nun futuro poder estar explosta á masas no Museo de Arte Billardeiro que a LNB xa está a matinar...Con Xamóns , Sardiñas , Pan e Cervexa Artesanal vaise cara o Varal!!
1 Comments:
At 4:47 AM, raybanoutlet001 said…
zzzzz2018.4.13kate spade sale
air jordan uk
christian louboutin shoes
canada goose outlet
coach outlet online
mlb jerseys
coach outlet online
kate spade sale
christian louboutin shoes
dolphins jerseys
Postar um comentário
<< Home