ARDEM OS MONTES , QUEIMA-SE A TERRA , E A CALOR ESPALHA-SE PELO AR!! ( o homem com o pescoço...)
Coma os pementos de herbón uns Abertos pican e outros non....e os dista fin de semana salvaxe son dos que deixan e boca ardendo pedindo viño a regos...
E quen di viño, di tamén licor café , cubalibres , cervexas....e incluso unha miguiña de auga ( ardente ) claro para aclarar as ideas e a vista fronte uns paraxes espectaculares como foron a campo de xogo de Vilaselán e a impresiponante explanada no altipalano de Manzaneda donde se celebrou ista fin. o referencial festival da Rebusca.
Unha vez máis a LNB afrontaba unha brutal proba de fogo xa que fóra de cartaz , sen indicadores nen ostias coma un lostrego na noite lanzado un par de días antes pola potentisíma rede anti-social da LNB ... ás 12h do sábado unha multitude agardaba sedenta de Varados no incendiario Set-LNB situado a máis de 1000 metros de altitude do nivel do mar.
Un mar e unha brisa que acariñou a pel dos palanadores e palanadores que se lanzaron sen rede á desputa do Aberto do Pemento que puña á brava parroquia ribadense de Vilaselán coma un punto estratéxico máis no referencial e poderoso atlas billardeiro que entre todos estamos construindo.
Uns campos de operacions e un contexto de urxencia alicerces para que todo activista LNB leve sempre , ó igual que viste calzoncillos ou bragas . os paláns e billardas polo que poida pasar ou surxir...
Loucura ceiba que se desatour nas entregas de premios tanto en Vilaselán coma en Manzaneda donde O Comandante Viana da Faisca voltou facer das súas deixando a máis de 60 palanadoras e palanadoras ó seus pes , tres dianas en forma de Varados Indixenistas catapultan ó referencial activista LNB con letras de ouro no libro dos records da LNB xa que se proclama campión no torneo de billarda realizado a máis altitude. Sen dúbida a súa militancia no Rocódromo da Faisca foi clave para que Viana despois do seu gran triunfo en Manzaneda poida ser consirado coma o auténtico Spiderman da LNB.
E no retorno ó nivel do mar físico mais non emocional ... despois do Aberto do Pemento, Javito , o gran palanador aborixe de Vilaselán e activista dos Remourelle Bulls realizou unha disas accions que marcan a diferencia e selan o compromiso e irmandade cun xeito de existir e resistir..
Altitude , nivel do mar e pateiras para saír do país rumbo a Braga donde o palanador artisticamente coñecido coma Luis Pirucha dispensaba o sábado unha nova intervencion billardeira en chan luso que recibíu a espectacular denominacion de " Workshop de Bilharda".
Un activista billardeiro e contra-cultural na súa expresion máxima que acaba de rematar o incendiaro calidoscopio narrativo cuxa versión dixital xa podes pedirlle ó autor porque dende logo nengun estante dunha libraría podería soportar o súa intensidade emocional traducida fisicamente . Touro coa celebracion do mítico Aberto do Folk in Río cerrou o intenso find, mais outro Touro , ista vez coa forza dun boi da chega se desatará en ti se te atreves a descubrir os contos do ilustrador que nunha deben ser ilustrados >> " Cortando a empanada quase ocorre uma desgraça.."
3 Comments:
At 10:59 PM, Anônimo said…
son Luis Pirucha que nadie use o meu nome
At 11:28 PM, Anônimo said…
...em bam!!
At 11:40 PM, Anônimo said…
pescoço não deu permissão para esibir meus desenhos
Postar um comentário
<< Home