O ENORME CARRO DE PALÁNS DA LNB INVADE A TERRA CHA LUGUESA!!

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com


Atención porque o estreo mundial diste temazo está previsto para iste xoves 31 no programa da Radio Galega , Aberto Por Reformas , para posteriormente quedar guindado no myspace da LNB donde poderedes degustalo , amasalo e descargalo . Preparádevos para arrolarvos no chan coma breakers adoecidos porque chega Mafia Gallega armada con paláns e billardas para darlle o seu mercido a todos os maltidos inimigos . A Billarda está na casa , si....... Vilapol Ceive beizóns irmán!!

O Varal confirma a histórica nova do nacemento da Conferencia Sur da LNB , hoxe 25 de xaneiro quedará marcado coma o ferro quente na pel das bestas bravas coma o día no que as billardas asubiando cruzaran doentes de norte a sur desafiando as sempre malditas leis do imperialismo deportivo. Moisés . o coordinador dista nova conferencia LNB concedeu en exclusiva mundial unha entrevista para o medio irmán de VIEIROS , donde analizou os plans a curto e medio prazo da Confercia-Sur que serán dende hoxe coordinados no seu web-blog oficial que xa está a funcionar e a botar lume.
Dende o Varal pensamos que é o intre de recordar ós históricos Palanganas formados fai catro anos en Vigo que se desprazaban ate a Mariña de Lugo para desputar o daquela circuito de torneos LNB xermolo da actual Superliga Galega de Billarda. A día de hoxe os Palanganas permanecen aletargados por mor dos compromisos laborais dos seus compoñentes pero ogallá se poidan incorporar á recén alumeada Conferencia Sur da LNB para apoiar como sempre fixeron a revolución billardeira que xa invade Galiza enteira. Inscríbete e apoia xa coa Conferencia Sur : moisesaj@yahoo.es . Porque outro deporte é posíbel ....Adiante Conferencia Sur, Adiante LNB!!!
Centos de chamados e mails colapsaron a minúscula centraliña do VARAL preocupaos pola falla de información no VARALMORSE. Unha tarde combulsa fixo que problemas no servidor non pudiéramos coma sempre servir a tan desexada información , pero non vos preocupedes, no seguinte asalto todo estará solucionado. Mentras na pista da zapeira niste 3º asalto da conferencia NorOeste consolidación absoluta do poder Xaruto na cabeza da clasificación de franquicias , debacle electrónica e ascendendo coma o vapor dunha ola da matanza os filloa de Sangue, atentos porque moi pronto no seu web oficial actulizaranse todas as súas táboas clasificatorias , con trocos importantes na xeral e na listaxe de varados. Pero por se isto non fora pouco, novidades explosivas en TELE-VARAL , ista vez ante a baixa da titular Besbe polo verme do katarro, Serxio Xaruto colle as cinchas e conduce a gran carroceta dixital a todo trapo polos descampados da Zapateira.
Arrinca tamén o ano na conferencia NorOeste con epicentro na cidade da Coruña, hei neno!! Iste domindo 20 a partires das 16 h tes unha cita inescusábel na Pista da Zapateira , que poderás seguir en tempo real no VARALMORSE en conexión directa coa pista ás 16 e 18:30 h. Ista conferencia atlántica apresenta tamén o calendario definitivo de competición para iste ano que empeza , e faino coa gran novidade de que ti podes levar un distes torneos ó teu concello da zona NorOeste da Galiza póndote en contacto con eles e participando activamente como ben di Palanotrönic, inscribíndote xunto cos teu colegas na chamado Franquicia Branca. O batuxo da LNB invade Atlántico piscina!!





