O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 31, 2008

O ENORME CARRO DE PALÁNS DA LNB INVADE A TERRA CHA LUGUESA!!


Iste domingo 3 de febreiro o gran carro da LNB invade por primeira vez a Terra Cha Luguesa para desputar o 6º asalto da Conferencia NorLeste da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA . O pavillón do Salvador na Pastoriza vai ser a partires das 17 h. un auténtico fervedoiro donde se van cita as grandes estrelas diste deporte chamado billarda que está a romper moldes e que iste domingo vai arrincar os chantos e invadir as leiras da inmensa e podersosa chaira luguesa. Coa metralleta de OVARALMORSE disparando munición sms en tempo real dende a Pastoriza ás 17 h e ás 19 h. e para acompañar á tribo do NorLeste, no carro da LNB soará o explosivo estalo enviado por Mafia Gallega dende a Suiza que xa podedes desfrutar guindado no myspace da LNB . VÉMONOS ALÍ!!