O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 08, 2008

A INDOMÁBEL VOZ DA OUTRA SANTALLA ESTÁ CHAMANDO POR TI!!


O poderoso imán da competición e do espectáculo fai que sexan centos os afeccionados que iste domingo 13 sintan unha voz que os guíe cara Santalla de Vilausente , parroquia de Ribadeo que acolle o espectacular 5º asalto da Conferencia Norleste, no seu web pódese descargar xa a quiniela diste asalto, ver as clasificacións e comprobar o estado e mediadas da pista de Santalla. Pero a voz interior que xa sintes no maxín non vai ser a única que te vai invadir istes días previos ó grande asalto, permanece atento porque na LNB todo pode acontecer!!