O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 30, 2008

EXPLOSIVO HIP HOP GALEGO FEITO EN SUIZA PARA APOIAR A REVOLUCIÓN BILLARDEIRA!!



Dende un dos barrios de Xenebra , Mafia Galega , a coñecida crew internacional do hip hop galaiko capitaneada polo sempre perigoso Al Capone da rima chamado Paco Gallego, chega un explosivo e impactante single hip hopeiro de apoio á revolución billardeira que a nadie poderá deixar indiferente.

Atención porque o estreo mundial diste temazo está previsto para iste xoves 31 no programa da Radio Galega , Aberto Por Reformas , para posteriormente quedar guindado no myspace da LNB donde poderedes degustalo , amasalo e descargalo . Preparádevos para arrolarvos no chan coma breakers adoecidos porque chega Mafia Gallega armada con paláns e billardas para darlle o seu mercido a todos os maltidos inimigos . A Billarda está na casa , si....... Vilapol Ceive beizóns irmán!!