
O Varal confirma a histórica nova do nacemento da Conferencia Sur da LNB , hoxe 25 de xaneiro quedará marcado coma o ferro quente na pel das bestas bravas coma o día no que as billardas asubiando cruzaran doentes de norte a sur desafiando as sempre malditas leis do imperialismo deportivo. Moisés . o coordinador dista nova conferencia LNB concedeu en exclusiva mundial unha entrevista para o medio irmán de
VIEIROS , donde analizou os plans a curto e medio prazo da Confercia-Sur que serán dende hoxe coordinados
no seu web-blog oficial que xa está a funcionar e a botar lume.

Dende o Varal pensamos que é o intre de recordar ós históricos Palanganas formados fai catro anos en Vigo que se desprazaban ate a Mariña de Lugo para desputar o daquela circuito de torneos LNB xermolo da actual Superliga Galega de Billarda. A día de hoxe os Palanganas permanecen aletargados por mor dos compromisos laborais dos seus compoñentes pero ogallá se poidan incorporar á recén alumeada Conferencia Sur da LNB para apoiar como sempre fixeron a revolución billardeira que xa invade Galiza enteira. Inscríbete e apoia xa coa Conferencia Sur :
moisesaj@yahoo.es .
Porque outro deporte é posíbel ....Adiante Conferencia Sur, Adiante LNB!!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home