CANS E PALANADORES , OS LÍDERES DA CONF. NOROESTE AMOSAN O SEU MÁIS SALVAXE INSTINTO ANIMAL!!
Billardas ardendo de norte a sur e de leste ao oeste desafiando as leis do imperialismo deportivo, mentras na conferencia Norleste se preparar para iste domingo 3 de febreiro invadir por primeira vez a Terra Cha Luguesa desputando o 6º asalto da liga regular na pista polideportiva da Pastoriza. , no epicentro Sur xa comeza o movimento para formar filas e constituir as equipas con vistas á competición do vindeiro ano e á presentación pública da conferencia no Aberto de Xil , no concello pontevedrés de Meaño. O tremendo bulir dista nova conferencia despertou incluso ás billardas aletargadas de varios palanadores ourensáns que xa están tensar as cordas para tentar incorporarse a ista conferencia Sur que xa está a impactar polo seu tremendo poder e dinamismo. Pero se isto non fora pouco TELE-VARAL destapa un documento de alto segredo no que os líderes da Conferencia NorOeste, amosan os avanzados programas de adestramento con animais polo cales lideran a táboa clasifiatoria . Se o home é un lobo para o home os Xarutos demostran que o palandor non é mais ca un precioso cadelo para o contrincante. ADIANTE O PODER DAS CONFERENCIAS , ADIANTE LNB!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home