O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 14, 2008

O 5º ASALTO NA CONF. NOROESTE PRODUCE TROCOS DE LIDER [preme ver clasificacións]


O vendaval que azouta o cantábrico obrou á serpe a refuxiarse no pavillón polideportivo de San Miguel de reinante ante a imposivilidade máis que evidente de non poder desenrolar o 5º asalto da superliga na Conferencia NorLeste na pista ribadense de Santalla de Vilausende. Un día de cans no que os chuzos de punta e os tronos resoaban no teito dun pavillón abarrotado ate os topes polos palanadores e palanadoras máis un entregado público que seguíu con interese extremo as evolucións das estrelas do deporte da billarda na rapidísima pista de xogo



Os lóstregos de fóra transladáronde ó interior do pavillón transformados e golpexos secos e poderosos que fixeron tambalearse a clasificación xeral, o xoven Cristian perdeu o liderato en parte perxudicado polos continuos golpexos nas bigas que lle impediron desenrolar o seu habitual xogo de altos voos, mentras que o italo-galego Delfranco e o astur-galego David souberon aproveitar mellor as condición do indoor para facerco co liderato nas series A e B.



Pero ista vez , como se relatou en directo dende a pista por medio de OVARALMORSE, depois de primeiro anunciar o troco de pista A lnb translada o asalto 5 na con. Nl d santalla o pavillon d san miguel . Inicio 16h! , o contador incendiario de resultados en tempo real da LNB disparou iste tremendo e sorprendente xostrazo: o pavillon d san miguel, unha ola a presion q poderedes ver moi pronto no xornal el pais!, e efectivamente moi atentos porque a edición galega de el pais , prepara unha espectacular reportaxe sobre a LNB con fotos impactantes tomadas niste 5º asalto da conferencia NorLeste. Moi atentos porque o furacán da LNB amiaza con tirar postes e tellados, alerta vermella na Galiza ante o vendaval que se aproxima!!