O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 18, 2008

OS D4 LNB 74L4MO5 AS1!!

Arrinca tamén o ano na conferencia NorOeste con epicentro na cidade da Coruña, hei neno!! Iste domindo 20 a partires das 16 h tes unha cita inescusábel na Pista da Zapateira , que poderás seguir en tempo real no VARALMORSE en conexión directa coa pista ás 16 e 18:30 h. Ista conferencia atlántica apresenta tamén o calendario definitivo de competición para iste ano que empeza , e faino coa gran novidade de que ti podes levar un distes torneos ó teu concello da zona NorOeste da Galiza póndote en contacto con eles e participando activamente como ben di Palanotrönic, inscribíndote xunto cos teu colegas na chamado Franquicia Branca. O batuxo da LNB invade Atlántico piscina!!