Unha espectacular nova edición do
Xerro do Salnés que fixo que o brilo se apoderara dos nosos ollos , a cálida cor violeta dos nosos dentes e a cor marela sueva das nosas billardas e dos poderosos dragóns que tod@s levamos dentro.
Ás 8 da mañá do sábado 20 a Guagua da LNB partía da estacion de Buses de Ribadeo cargada de ilusions para ó medio día , despois da parada técnica na estación de buses de Compostela incorporar á tripulacion os activistas LNB que habitan na estornópolis , arribar fronte á mítica
Capela das Angustias donde
Abel , detras do mostrador da
Taberna da Cancela , agardaba á expedición coas cuncas arebosar coas que celebrar o xa mítico bautismo de tinto co que se incia o Barathon Furancheiro
Un barathon que tivo un coma gran mestre de cerimonisas a Xosé Miguel, o gran palanador da Faisca que introducíu ista práctica directamente importada da cidade uruguaia de Montevideo que fai unhas semanas tivo a súa primeira irrupcion na Galiza co
Barathon de Trives e que con ista accion furancheira no Xerro acada o seu asentamento defintivo coma desporto de risco nas tascas do país.
Foron varios baratletas do Faisca , entre os que se atopaba
Viana, un dos grandes referentes do
activismo deportivo galego, os que buscaron o calor do mundo animal aloumiñando un gato raxado diante dun dos furanchos tentando conseguir a súa forza e sabedoría mentras moitos dos Baratletas entre os que se atopaban moitos dos membros do polémico grupo de soberanía alimentar
Carnelao que ante isas tenras imaxes se lles ocorreu prantexar a posíbel primeria xornada de degustación da empanada de gato galego.
Unha parada que deu lugar a unha das que de seguro se convertiran en mìticas imaxes diste Xerro co reencontro de átomos que resumen a durísima história da LNB . O carón dos barricos , o impulso da
Galiza Mutante e Indíxena , o poder nuclear da necesiadade irracional de camiñar e dirixir os pasos cara o norte obedecendo unicamente o murmuio das tripas e os desexos do urco billardeiro.
A chegada ó ecuador do Barathon marcouna a irrupción do pelotón de palanadores e palanadoras nun dos Furanchos míticos donde a LNB cunha enorme mesa perfecta para oa abitollamento a base de petiscos de chourizos con que acompañar o exquisito líquido tinguido das tazas.
Un espazo que xa se comenta e con moita razón que para vindeiras edicions do Xerro acolla o xantar de irmandade a base de empanadas e tortillas para evitar así o desprazamento ó restaurante e poder así desfrutar aínda máis do mergullo no océano do Furanchos
Apoloxía cantareira co
Anti-Koro da LNB entoando cantosgalaiko-norkoreanos dirixidos maxistralmente por Suso dos Remourelle Bulls coma antesala brutal da espectacular apresentacion do
Cartaz oficial do Play Off Nacional 2013.
Unha xoia de enormes kilates realizado polo fotógrafo experimental
Nachok que versa sobre o estado migratorio no que estamos inmersos..
De Conxo a Marrozos pasando por Xil , unha ecuación que
Tonho Randeeira tranquibíu no seu valiosísimo caderno de vaixe no que tranquibíu as sensacion que a vision lle transmitíu xusto no intre de ser destapado por
Sak e Franco na cerimonia de presentacion oficial.
Xantar de irmandade e camiño para a pista de xogo montado toda a expedicion na xa mítica
Guagua da LNB , aquí pódese ver ó comandante Viana despois tomando asento despois de felicitar ó chofer-árbitro da Guagua co que entablou unha enorme amizade e que aprobeitou para en nome do Faisca transladar toda a solidaridade ó alcalde da vila da mariña na que está asentada a A.C.D O Varal.
E coma cando
nun marathon se ven ós etíopes que cruzan a meta e seguen correndo cara o hotel , no
Barathon tamén hai superdotados que pese a rematar a proba non poden dar á tecla de stop e seguen inmersos na competición ate que a vella peneira a noite.
Un día ó contrario que noutras edicions amosou unhas condicions metereolóxica inmellorábeis para a practica do desporto nacinal .
A tribo da
Conf. Rías Baixas estivo en todo momento ó pé do canón para que os palanadores e palanadoras de outras conferencias se sentiran confortábeis e cómodos na mítica pista das Angustias.
Angustioso final para unha espectacular
sesion de chistes galego- potugueses na que o seleccionador nacional xunto co palanador local despregaron un espectacular repertorio que nengún dos seguidores do Luar poderán desfrutar por mor do boikote ós palanadores nos casting dise programa que impide que o humor billardeiro asalte os fogares galegos
E estar como estamos nas terras do homisferio sur non podiamos esquencer ó irmáns da
Conf. Andaluza que ollan cara Marrozos para estar canda nós no Play Off Nacional xa que na campo de herba do
Toxo Verde de Cádiz se vai desputar ista edición o mítico
Aberto da Repesca.
No ultimo estudo xeral de medios non se calibrou o impacto sobre as audiencias da nova irrupcion de
Radio Cabalinho nas pistas da LNB , entrevistas , música galega e deliro a pé de pista como condimentos a unha espectacular nova edicion do Xerro do Salnés.
Un Aberto do Xerro que de novo rematou en victoria dunha gran palanadora , o Xerro viña dende Ribadeo en poder de Geni e rematou nas mans da xoven promesa da LNB chamada
Sofía. Non é unha casualidade que no Xerro se reivindiquen os productos da canteira en vista do colapso motriz que produce a inmersion furancheira, @s que si que deberan porse a tremer son todos ises palanadores e palanadoras que alteran a competición do Xerro manténdose alleos á anti-lei seca e deciden coller o palán sen inxerir as tres cuncas mínimas estipuladas como xesto de compromiso e apoio ó comercio local.
Xerro , Furanchos e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!