NON ME TOQUES O CARALLO... ISTA FINDE DE ENGANCHADA DE PONTEVEDRA A CARBALLO!!
Sen pausa nen tregua , a Conferencia RíasBaixas volta á carga iste sábado na pista de Terra de Pontevedra e faráo nas instalacions do Instituto da Xunqueira fronte a donde se apresentara o disco República Billarda naquel mítico Culturgal de fai uns anos. Fai tan só unha semana palanadores dista conferencia estiveron desputando o Xerro do Salnés na pista das Angustias de Xil cos referenciais Casilledou coma única franquicia da conferencia que se atreveu a participar no referencial Barathon de Furanchos, un feito que de seguro lles dará forza e impulso a cada un dos seus golpexos para de novo repetir no mais alto do podium da Xunqueira. A cita iste sábado apartires das 16:30 / Contacto: 659.553543
E coa forza indíxena do máxico líquido das tazas no corpo durante o Barathon celebrado no Xerro do Salnés cando surxíu dun xerro ante varios palanadores e palanadoras o deus Billarda para encarregarlle a Serxio unha mision divina, realizar iste domingo o I Aberto de Billarda nas Terras de Bergantiños , é pois que apartires das 16 h. tes unha cita coa história no campo de futbol de Gontade, alí se darán cita tod@s os activistas LNB da zona para organizar o asedio con paláns e billardas ó responsábeis da masacre ecolóxica de Corcoesto , será pois unha xornada de festa e exaltación vitalista do entorno e dos manxares que iste nos ofrece polo que serán os irmans da referencial asoación de soberanía alimentar CARNELAO , os encargados da entrega e xestion do maxestuoso premio para o campión ou campioa do Aberto que será nada máis e anda menos que un espectacular Bolo de pan de Carballo e media dúcia de sardiñas , productos ambos típicos e definitorios ó máximo dista poderosa vila da ogallá futura Conferência Bergantinhos / Contacto: 695.446713
2 Comments:
At 2:53 PM, Anônimo said…
Eu prefiro a xan rodiño porque non come sardiñas. Lisa Simpson
At 4:57 AM, raybanoutlet001 said…
zzzzz2018.4.13ed hardy clothing
ralph lauren outlet
cheap oakley sunglasses
prada shoes
browns jerseys
christian louboutin outlet
snapbacks wholesale
oklahoma city thunder jerseys
moncler outlet
michael kors handbags
Postar um comentário
<< Home