O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 19, 2013

...REGOS DE VIÑO ISTE SÁBADO EN XIL NO XERRO DO SALNÉS E SIDRA Á ESGALLA EN XIXÓN POLO LIRIU E A OFICIALIDÁ!!


































Todo preparado para unha edición máis invadir Xil de sedent@s activistas da LNB dispost@s a secar os Furanchos que arrodean a mítica Pista das Angustias da parroquia de Meaño , unha xornada que arrincará ás 8 da mañá diste sábado coa partida da Guagua da LNB de Ribadeo con paradas técnicas para recoller Baratletas no Bar Cruceiro do Pino e na estación de Autobuses de Compostela. A chegada á zoa cero ou punto de encontro está marcada coma en anteriores edicons na Taberna de Cancela de Xil a iso das 12 do medio día donde arrincará o Barathon de Furanchos donde ademàis se apresentará o espectacular cartaz do Play Off Nacional de Billarda realizado pol fotógrafo experimental galego Nachok. o Xantar de irmandade realiarase no Restaurante Abuelo Peón moi preto da pista das Angustias donde a iso das17 h. se desputará en tre os palñanadores e palanadoras que aínda manteñas o equilibrio a nova edición do Aberto do Xerro do Salnés donde só poderán participar aqueles xogadores e xogadoras que antes do incio do Aberto inxeriran un mínimo de 3 cunsas de viño , excluídos menores e doentes. E atencion porque a Taberna da Cancela para quentar motoes prepara para iste venres  un explosivo concerto do cantautor urbano Raúl que pode facer que moitos dos nativos acudan áchamada do Xerro de reenganche sen deitarse... / Contacto: 619.570976























E se aínda quedache con sede e folgos iste domingo 21 os irmáns da tribo Liriu realizan a súa primeira gran accion do ano na que estarán os artífices da gran victoria da seleccion asturiana na ultima Copa Cantábrica , será no céntrico Colexu púbicu d´el Llano donde se realizará ista enganchada con diversas actividades que desenbocarán nun Abiertu de seguro bañado coa mellor sidra nacional asturiana. Un punto de encontro no que de seguro de falará da imprensentábel decisión do Centru Niemeyer de Avilés de negar a súa explanada para a celebracion da XXV edición do mítico Conciertu pola Oficialidá , un simbolo da música asturiana e da reivindicacon lingüistica que os responsábeis do centro avilesín pasan polo forro. Dende a LNB toda a solidaridade cos irmáns Xunta Pola defensa de la Llingua ....Liriu Sempre , Asturiano Lingua oficial Xa!! / Contacto: 610.804551

1 Comments:

  • At 8:11 AM, Anonymous Anônimo said…

    Os rodinho andam a boicotear o jerro e mudarom a cerveja por cerveja sem alcol e o vinho por mosto.

    Jogo limpo, Rodinhos!

     

Postar um comentário

<< Home