O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 16, 2013

O TERREMOTO GILLI-DANDA SACODE GALIZA NO PRIMEIRO CUMIO INTERNACIONAL BILLARDEIRO GALAICO-INDÚ DA HISTÓRIA!!



















O terremoto de magnitude 7´8 graos na escala Ritcher que fai unhas horas asolagou Irán e Pakistan iniouse en realidade o venres pasado cando nun punto da Galiza , mentras a Auténtica se aclimataba en Belfast, se producía o primeiro e histórico encontro entre representantes da LNB e membros da Gilli Danda India , un feito de consecuencias impredecíebis na que se intercambiaron  billardas galegas e indús despois da celebracion da xa histórica carreira de irmandade Galiza-India que pon a primeira pedra para nun futuro tentar o gran chimpo cara o partido internacional entre ambas seleccións nacionais que podería ter como sede ou Bombai ou Compostela....



Unha irmandade que non vai quedar só nas pistas de xogo senón que o palanador indú Arif Fatehi púxonos tamén sobre a pista diste auténtico bombazo de estética Bollywoodiense titulado "Gilli Danda Song" un título que o di todo para un temazo que formará parte do explosivo coctel sonoro de músicas galegas e intenacionais  de apoio á oficialidade do noso deporte nacional....Billarda e Gilli Danda Sempre , Adiante co Varal!!