O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 28, 2013

GENI E XOSÉ MIGUEL (BLE) . ..AS GRANDES ESTRELAS DA FIND. BILLARDEIRA!!



















O sábado en Pontevedra , os Roteir@s Geni e Daniel respectivamente coparon o máis alto do podium por diante de Xan Rodiño que non puido co poderío da referencial parella ribadense. A Monteira mais ca nunca reivindícase feminina , a pasada semana no Xerro e iste sábado en Pontevedra as palanadoras falan na pista e fanno alto e claro...




ññ












E iste domingo en Carballo no I Aberto de Billasrda da historia nas terras de Bergantiños , outro mito do noso desporta nacional e da autoxestion alimentar , Xosé Miguel do Faisca arrasou literalmente co case medio cento de particiantes que loitaron polo exquisito premio Carnelao ( Bolo de pan de Carballo e media dícia de Sardiñas ) . Unha explosiva entrega de premios que tivo lugar no Bar Maruxa e na que a entrega da copa chegou co agallo brutal de vir chea de licor café co que o gran campion compatíu cos palanadores e palanadores . Atención ás panatallas porque en breve chegará o histórico e incendiario crónico da primeira irrupcion billardeira no hemisferio bergantiños...Aire puro sen arsénico nen cianuro e con Billarda Sempre!!