O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 30, 2013

BANCOS SI....PERO DE SALAR!!!



Cando de xeito incomprensíbel os responsábeis de VTelevison secuestran nun caixón o espectacular video do single Arxina e non o emiten no seu programa VClips , é de supor que se iste incendiario video-estalo do "pagaralo coa salú" chega ás mans dalgún dos seus directivos disa canle do tdt party pode que ate cursen  unha  denucia xudicial contra a referencial de banda de rock indíxena galego , porque ante a parálise social menos mal que hai un grupo que sinte as cores e cando sube ó esceario e cando colle os paláns nas pistas da LNB... benvidos ó brutal baño de realidade con auga fervendo verquido por Ex-tension Agraria!!














Mais OVaralRecords xa ten firmes aliandos como é a discográfica ribadense de música dance  HSrecords , co referenciacisl palanador dos Outros Eric coma un dos capos do selo xa anuncian unha impactante irrupción sonoro-billardeira coa que apoiar a oficialidade do noso desporto nacional e coa que  invadir as pistas de baile europeas e do continente ameiricano. Adentrate no seu novo web oficial donde podes atopar toda a info por se queres contratalos para a túa festa privada ou evento social incendiario. E coma guinda de pastel , fai uns días comantabamos o premio que Miguel Alonso , o cantautor irmán da LNB acadara co seu tema do República Billarda , aquí deixamos a entrevista verquida nun xornal na que fala do gran sucesso entorno ó xa  mítico tema " Días Raros!


Hai uns días celebrábase no teatro Jofre a entrega de galardóns do certame Lidera Ferrol 2013. En total, foron 120 proxectos presentados en oito categorías. O gañador, na especialidade de música foi Miguel Alonso. Como primeiro clasificado recibía 600 euros.
-Presentouse ao concurso co tema «Días Raros», ¿de que fala nesa composición?
- É unha canción un pouco curiosa no repertorio que eu fago porque está incluida só nun recopilatorio que fixo unha asociación lucense que se chama República Billarda. Eles pedironme un tema e así naceu está composición que fala dese xogo, pero tamén doutras moitas cousas.
-¿Cando estará listo o novo traballo?
-Espero que esté rematado no verán. No sei cando se editará, iso está no aire, pero espero que sexa o antes posible. A cuestión económica é o que pon máis trabas así que os 600 euros deste premio van servir para rematar o vindeiro proxecto. Vai a ir integro para iso.
-¿Que diferencia hai entre o anterior disco «A noite dos cans» e no que está traballando?
-Este disco vai a ser unha especie de recopilación e o outro estaba composto integramente por temas inéditos.
-¿En que se inspira á hora de compoñer?
-Un pouco en todo, eu teño 28 anos así que falo un pouco dos temas que lles pasan e preocupan aos rapaces da miña idade. Nestes tempos é imposible obviar os temas sociais ou a precariedade laboral.
Música de autor
www.miguelalonso.tk /  miguel_alonso_fdez@hotmail.com