XOSÉ MIGUEL DA FAISCA.... INTRATÁBEL EN CARBALLO DENTRO E FÓRA DA PISTA!!
Cun palán nunha man e no outro unha estrela o sub-comandante Serxio Caamanho coordinou unha histórica accion na vila de Carballo para nun futuro inmediato invadir a comarca de Bergantiños toda coas perigosas charamenas billardeiras da LNB. Case trinta palanadores e palanadoras organizados en catro equipas Faisca , Asociacion de Veciñal Monte Pío , Coristanco e Furacáns foron os encarregados de abrir lume nista histórica tarde do xa mítico 28 de abril en Carballo que o sub-comandante Caamanho inmortalizou nise seu espectacular crónico directamente verquido do seu puño e letra...Conferência Bergantinhos , contra a mina e pola soberanía alimetar e desportiva sempre!!
Assim depois de que varado tras varado demostrase que nom tem rival na cancha também demostrou que nom o tem nos bares, na referencial Taberna de Maruxa foi onde a presidenta da Asociación de Veciños de Monte Pío lhe entregou o trofeu, que a Maruxa se encarregou de encher rápidamente de licor café, e as sardinhas e a bola de pam que reivindicavam a soberanía alimentar com productos da terra neste aberto.
Muitas caras novas cortarom o ar de Carvalho coa potência das suas bilhardas, dos 26 participantes tam só 6 jogaram algumha vez à bilharda, mas de seguro que o ambiente que reinou na pista de Carvalho fará que muitos destes palanadores e palanadoras engordem a serpe multicor da LNB em vindouras ediçons. E mais quando o espírutu da LNB estivo presente desde o primeiro momento, na prévia do aberto onde como nom num bar tinham lugar as primeiras apostas, o que bebese mais rápido duas taças de vinho estaría exento de jogar em manga curta, e como nom Xosé Miguel mostrou o seu poderío, intratavel fosse qual fose o reto.
Isto notouse nas pistas onde Xosé Miguel com 3 varados demostrou o animal que leva dentro, podemos destacar também ao Carlos Piñeiro que sendo a primeira vez que jogava logrou plantar-se na final. E quem volve a copar os postos mais altos da clasificaçom por equipas, postos que nunca debeu abandonar, é a Faísca que conseguiu meter a 3 dos seus palanadores nas meias finais para arrasar coma nos velhos tempos.
A celebraçom por todo o alto malia a ser domingo rematou a altas horas, cousa que tem que fazer pensar aos organizadores do aberto no erro cometido para futuras ediçons. / Contacto LNB Bergantiños>> 695.446713 - martin-leonado@hotmail.com
5 Comments:
At 1:20 PM, Daniel said…
Alguén pode aclarar donde se xogou, porque en Gontade ata as 16,30 estivemos agardando Lois Fontan, Geni e Daniel e ninguén apareceu e o teléfono de contacto estaba sempre apagado ou fora de cobertura.Daniel
At 3:03 PM, Anônimo said…
O aberto jogou-se no pátio que hai ao lado do campo de futebol (a 20 metros) ao passar o centro comercial e o instituto de secundária, nos estivemos alí desde as 15h. É certo que estivemos sem cobertura, cousa da que nom nos demos conta até que estivemos alí e lamentamos os malentendidos que puidesse haver.
At 5:03 PM, Anônimo said…
Para a proxima xornada da conferencia bergantinhos a xente doutras conferencias que vaia a vir que avise antes por se hai cambios de ultima hora.
At 9:09 AM, Anônimo said…
Aberto contra a mina de Corcoesto e contra a central nuclear de Springfield xa.
At 3:06 PM, Anônimo said…
Para outra vez , ademais do teléfono ,hai que comunicar se non se xoga no lugar no que se dí nun principio (Gontade) . Como di Daniel estivemos 3 "paparotes" agardando. O mínimo e que alguén se achegara para comunicar o cambio.
Lois.
Postar um comentário
<< Home