AÑO MOURO DA LNB NA DEVESA E FESTAS DA REPÚBLICA BILLARDA EN RIBADEO E DA REPÚBLICA GALEGA EN ORDES!!
Todo preparado para iste sábado o Anho Mouro da LNB volte un ano máis facer estragos no campo de futbol da Devesa en sesión de mañán e tarde e ista edición tamén de noite porque apartires das 23 h, o Pub Rockuncho de Ribadeo vai ser o punto de encontro para toda o exército de palanadores , palanadoras e seguidores dista revolución imparábel na explosiva festa República Billarda coa actuación do cantautor-LNB Miguel Alonso acompañado pola súa banda coa posterior alebrestrada sesión de música galaika de dj Anho Mouro.
E apartires das 11.30 as billardas comezarán a bruar no campo de futbol da Devesa donde Ribilleiros, Riboutros , Remourelle , Meira , Liriu-Asturies e Compromiso#LNB loitarán a morte pola malñá e pola tarde pola gloria inmensa de levar consigo o maís desexado dos trofeos por equipas que se celebran fóra da tempada regular . E atención porque o Anho non ven són, xa que haberá unha edición especial do Bruar dos Bulls que poderás ler a pé de pista mentras agardas para deputar a túa carreira . Sidra , petiscos e todo o que queira traer para compartir e acompañar ista xornada de intensidade suprema marcará para a eternidade ista nova edición dun Anho unha vez máis totalmente auto-xestionado co que se poderá colaborar adquirindo as rifas do imprescidíbel queixo de ovella que se entregará ó final do Torneo....sáe do rabaño, vente loitar polo año!!
E o domingo o relevo natural do año o collerán os irmáns da Conf. NorOeste na celebración un ano máis da República Galega, unha festa que estivo sepultada durante demasiados anos que os irmáns de Lucerna , Foucelhas e A Revoltaina de Bergantiños fai uns anos decidirón dar o paso á fronte para erguer o puño nista data tan simbólica para recordar a necesidade urxente de coller o cambio cara ó autogoverno. Será pois na estación vella de ordes donde se celebre ista festa do 81 aniversario con multitude de acción entre as que non podía faltar o Aberto de Billarda pola República Galega apartires máis ou menos das 16:30 h .
Contacto>> 679.908773- República Billarda Sempre...Adiante coa República Galega!!